Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Emprendemento. Creatividade e Deseño Código 771555005
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Enxeñaría Civil
Coordinación
Blazquez Lozano, Felix
Correo electrónico
felix.blazquez@udc.es
Profesorado
Blazquez Lozano, Felix
Martínez Rodríguez, Javier
Correo electrónico
felix.blazquez@udc.es
javier.martinez.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Emprendemento, creatividade e deseño é unha materia do curso do Máster cuxo desenvolvemento forma parte do módulo Business Framework. A razón principal é formar ao estudante para xestionar e desenvolver a creatividade e o deseño en produtos, empresas e mercados.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Nesta materia o alumno adquirirá os coñecementos necesarios para xestionar e desenvolver a creatividade e o deseño, prestando especial atención á importancia da cultura emprendedora e os medios e recursos ao alcance, transladando todo iso a un plan ou modelo de negocio técnica e economicamente viable. Dun modo complementario, abordarase o marco conceptual e as normas e aspectos xurídicos básicos no ámbito da Enxeñería en Deseño Industrial, centrándose entre outros na normalización e a certificación, a responsabilidade por danos causados por produtos defectuosos, as patentes e marcas e o réxime xurídico do deseño industrial. AP2
AP5
AP8
AP9
AP10
AP16
AM1
AM2
AM3
AI1
BP1
BP2
CP1

Contidos
Temas Subtemas
Ecosistema do emprendemento - Concepto de emprendedor
- Tipos de emprendedores
- O proceso emprendedor
- Instrumentos de financiación
- Recursos de asesoramento
Búsqueda de oportunidades - Concepto: Oportunidade de negocio
- A necesidade: Procura novas oportunidades de mercado.
- Procedementos
Xeración e Maduración de Ideas - Xeración da Idea e perfil do proxecto
- Técnicas e Ferramentas para a xeración de Ideas
Modelo de Negocio - Análise de Mercado
- Deseñar o modelo de Negocio
- Validación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A17 20 0 20
Traballos tutelados A2 A5 A9 A16 8 20 28
Investigación (Proxecto de investigación) A22 A18 A8 A19 B1 B2 8 54 62
Estudo de casos A10 C1 6 31 37
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do como facer as cousas.
Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade da súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Investigación (Proxecto de investigación) Método de ensino-aprendizaxe no que os estudantes levan a cabo a realización dun proxecto nun tempo determinado para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, deseño e realización dunha serie de actividades e todo iso a partir do desenvolvemento e aplicación de aprendizaxes adquiridas e do uso efectivo de recursos.
Estudo de casos Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo de casos reais. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e a extracción de conclusións por parte dos alumnos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Estudo de casos
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
Planteamiento general de los proyectos y atención y revisión de resultados según cada fase de desarrollo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A22 A18 A8 A19 B1 B2 Método de ensino-aprendizaxe no que os estudantes levan a cabo a realización dun proxecto nun tempo determinado para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, deseño e realización dunha serie de actividades e todo iso a partir do desenvolvemento e aplicación de aprendizaxes adquiridas e do uso efectivo de recursos.
50
Estudo de casos A10 C1 Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo de casos reais. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e a extracción de conclusións por parte dos alumnos. 30
Traballos tutelados A2 A5 A9 A16 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do como facer as cousas.
Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade da súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
20
 
Observacións avaliación

Segunda oportunidade

Os criterios de avaliación son os mesmos que os da primeira oportunidade.

Cualificación '"Non presentado"

Será cualificado con "Non Presentado" o alumnado que non asista ao exame final que terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames da facultade. Este criterio aplicará tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, así como na convocatoria adiantada.

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”


Fontes de información
Bibliografía básica Gorostegui, E. P. (1992). Economía de la Empresa . Madrid España: Centro de estudios Ramón Areces
Edward de Bono (1994). El pensamiento creativo. El poder del pensamiento lateral para la creación de nuevas ideas. Barcelona: Paidós Ibérica
MICHALKO, Michael (2000). Thinker toys. Cómo desarrollar la creatividad en la empresa. Barcelona: Gestión

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase a revisión e seguimento do curso da materia no campus virtual, onde se deixarán os materiais e se informará das actividades a realizar. Tamén se recomenda a lectura frecuente da prensa económica e a asistencia ás clases con ordenador portátil ou tableta electrónica. Os traballos da materia entregaranse a través da aula virtual, en soporte dixital; e se non é posible, recoméndase a impresión en papel reciclado, a dobre cara e evitando o uso de materiais plásticos. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos,...). Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías