Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Traballo Fin de Máster Código 771555018
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 8
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Enxeñaría Civil
Enxeñaría Naval e Industrial
Matemáticas
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Deibe Díaz, Álvaro
Domínguez Feijóo, Gerardo
Fernández Galdo, Pablo
Méndez Salgueiro, José Ramón
Perez Rodriguez, Jose Antonio
Correo electrónico
alvaro.deibe@udc.es
g.dominguez@udc.es
pablo.galdo@udc.es
j.r.mendez@udc.es
jose.antonio.perez@udc.es
Web
Descrición xeral Como colofón ó proceso formativo, na asignatura Traballo Fin de Máster confluen duos aspectos determinantes, por un lado a formación en aspectos clave para a elaboración e execución dun Proxecto de Enxeñería en Deseño Industrial, a través dunha docencia regulada nas horas de clase presencial da asignatura e por outra parte, o desenvolvemento e a defensa dun Proxecto Final por parte del alumno, exercicio integrador ou de síntese da capacitación profesional e investigadora adquirida, baixo a dirección e tutela dun profesor experto en Proxectos de Enxeñería en Deseño Industrial.
Neste sentido, o obxectivo fundamental do Máster en Enxeñería en Deseño Industrial é a capacitación profesional e investigadora tanto xeral no ámbito del Deiseño Industrial, como na especialidade cursada: especialidade en Mobilidade, Transporte e Automoción; especialidade en Complementos de Moda, Xoiaría e Xemoloxía e especialidade en Mobiliario e Contract, respectivamente, a través dunha formación altamente específica, orientada ó deseño experimental, a formulación de hipóteses e a análise da súa viabilidade práctica, segundo o interese persoal e a especialidade elixida.
En base a estes principios, o alumno desenvolverá un Proxecto Fin de Máster, como exercicio integrador no que, como futuro egresado, consolide e demostre a capacidad para a creación, execución e dirección de proxectos estratéxicos e innovadores en Enxeñería en Deseño Industrial:
• Desenvolverá as súas aptitudes e capacidades para formular estratexias de empresa e analizar, comprender, proxectar e executar proxectos de Deseño Industrial, así como optimiza-los productos existentes mediante melloras e modificacións.
• Ampliará o coñecemento dos diferentes regulamentos, normativas e disposicións legais e a súa correcta aplicación nos proxectos.
• Desenvolverá a súa capacidade para dirixir proxectos de creación, modificación ou ampliación conceptual, así como proxectos complementarios sobre aspectos específicos de seguridade, homologación ou medio ambiente e a súa presentación ante as autoridades competentes.
• Afianzará o coñecemento dos procesos necesarios para el correcto desenvolvemento de proxectos de deseño e a comprensión e utilización dos novos sistemas de tratamento e edición de documentación técnica, posibilitando unha activa integración dos futuros profesionais en oficinas técnicas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 C01 - Relacionar as distintas disciplinas que conflúen no deseño para colectividades (enxeñería, arquitectura, psicoloxía ambiental, ecoloxía etc..) que lle permitirán integrarse en equipos interdisciplinares. TIPO: Coñecementos ou contidos
A2 C02 - Dominar as técnicas de xestión de procesos e os seus efectos sobre a optimización e axilización de tempos na concepción, produción e lanzamento de produtos. TIPO: Coñecementos ou contidos
A3 C04 - Dominar parámetros de deseño ambiental e confort cromático. TIPO: Coñecementos ou contidos
A4 CMP01 - Integrar as metodoloxías propias da Enxeñería en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto, expondo solucións apropiadas desde o punto de vista industrial, técnico e económico. TIPO: Competencias
A5 CMP04 - Deseñar, innovar e xestionar novos produtos, centrándose no usuario e os estilos de vida. TIPO: Competencias
A6 CMP05 - Deseñar, planificar e xestionar o deseño e a enxeñería en espazos públicos e arquitectónicos destinados ao uso colectivo: contornas e eventos urbanos, espazos expositivos, elementos de mobiliario urbano, transporte público e instalacións eventuais, a partir dos factores dimensionales xenerais e os factores específicos de uso que presentan. TIPO: Competencias
A7 CMP06 - Deseñar tendo en conta factores humanos e criterios ergonómicos, aplicando modelos mecánicos, cinemáticos e dinámicos, considerando a accesibilidade universal e a integración das persoas con diversidade funcional e necesidades particulares de adaptación. TIPO: Competencia
A8 CMP07 - Xestionar o ciclo de vida do produto, PLM (Product Lifecycle Management), aplicando criterios de ecodiseño, sustentabilidade e eficiencia dentro do sistema de xestión da empresa, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). TIPO: Competencias
A9 CMP09 - Xestionar o coñecemento en deseño aplicado ao modelo empresarial e ao deseño de produtos industriais, aplicando técnicas de análises de novas demandas e de preferencias de usuario. TIPO: Competencias
A10 CMP10 - Planificar, deseñar, xestionar e dirixir de forma eficaz equipos e proxectos complexos de enxeñería en deseño, resolvendo os aspectos conceptuais, técnicos e organizativos do proxecto. TIPO: Competencias
A11 H02 - Aplicar a enxeñería asistida por computador para valorar as características, propiedades, viabilidade e rendibilidade do produto, aplicando tecnoloxías de última xeración no campo da Enxeñería en Deseño Industrial e o Desenvolvemento de Produto. TIPO: Habilidades ou destrezas
A12 H03 - Seleccionar materiais para o desenvolvemento de novos produtos valorando tanto os usos e necesidades, como criterios ambientais e de sustentabilidade. TIPO: Habilidades ou destrezas
A13 H04 - Deseñar, xestionar e comunicar aspectos corporativos adecuando os estilos gráficos ao produto e ao mercado. TIPO: Habilidades ou destrezas
A14 H06 - Aplicar na actividade proyectiva variables compositivas e perceptivas. TIPO: Habilidades ou destrezas
A15 H07 - Intercambiar e integrar procedementos na configuración de produtos de deseño tanto a nivel analóxico como dixital. TIPO: Habilidades ou destrezas
A16 H08 - Xestionar e resolver problemas de carácter innovador de forma eficiente e organizada, capacidade fundamental na formulación, dirección e desenvolvemento de proxectos de Enxeñería en Deseño Industrial conducentes á conceptualización de novos produtos viables industrial e empresarialmente. TIPO: Habilidades ou destrezas
A17 C03 - Identificar e comprender conceptos e nomenclaturas relativos ao mundo da Enxeñería en Deseño Industrial. TIPO: Coñecementos ou contidos
A18 CMP03 - Aplicar técnicas de xestión do deseño a nivel operativo e estratéxico para lograr a interlocución entre estratexia empresarial e deseño. TIPO: Competencias
A19 CMP08 - Incorporarse a departamentos de enxeñería e deseño colaborativo, así como a oficinas técnicas e departamentos de I+D+i. TIPO: Competencias
A20 H01 - Utilizar aplicacións TIC, tanto para a concepción de novos produtos, como para para a visualización, presentación e comunicación estratéxica do produto e proxectos de Enxeñería en Deseño Industrial TIPO: Habilidades ou destrezas
A21 H05 - Analizar, sintetizar, conxugar, expresar e comunicar ideas adecuadamente, tanto de forma oral como escrita e asegurar a súa integridade e viabilidade na orde técnica e económica. TIPO: Habilidades ou destrezas
A22 CMP02 - Integrar os métodos de investigación de tendencias nos proxectos. TIPO: Competencias

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O obxectivo fundamental do Máster en Enxeñería en Deseño Industrial é a capacitación profesional e investigadora tanto xeral no ámbito del Deiseño Industrial, como na especialidade cursada: especialidade en Mobilidade, Transporte e Automoción; especialidade en Complementos de Moda, Xoiaría e Xemoloxía e especialidade en Mobiliario e Contract, respectivamente, a través dunha formación altamente específica, orientada ó deseño experimental, a formulación de hipóteses e a análise da súa viabilidade práctica, segundo o interese persoal e a especialidade elixida. AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
AP7
AP8
AP9
AP10
AP11
AP12
AP13
AP14
AP15
AP16
AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AI1

Contidos
Temas Subtemas
Aspectos clave para a elaboración e execución dun Proxecto de Enxeñería en Deseño Industrial • Creación, Execución e Dirección de Proxectos de Enxeñería en Deseño Industrial
• Estructura, Contidos, Documentación e Aspectos Formais
• Estructura e Diseño do Portafolio
Aspectos clave para la elaboración y ejecución dun Proxecto de Enxeñería en Deseño Industrial • PLIEGO DE CONDICIÓNS:
1. Definición do Proxecto
2. Obxectivos do Proxecto
3. Información
4. Mercado
5. Especificacións
6. Proceso Productivo da Empresa
7. Costes
8. Oportunidades e Restriccións
9. Observacións
• FASES DO PROXECTO:
1. Información
2. Desenvolvemento de Conceptos
3. Desenvolvemento da Alternativa Seleccionada
4. Prototipo
5. Preserie
• CONTRATO TIPO.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A17 A3 A4 A22 A18 A5 A6 A7 A8 A19 A9 A10 A20 A11 A12 A13 A21 A14 A15 A16 35 100 135
Seminario A22 A18 A5 A8 A19 9 15 24
Sesión maxistral A1 A2 A17 A4 A22 A18 A5 A6 A7 A8 A19 A9 A10 10 20 30
 
Atención personalizada 11 0 11
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumno desenvolverá un Proxecto Fin de Máster, como exercicio integrador no que, como futuro egresado, consolide e demostre a capacidad para a creación, execución e dirección de proxectos estratéxicos e innovadores en Enxeñería en Deseño Industrial.

O Proxecto Fin de Máster terá a estructura clásica dun Proxecto de Enxeñería no ámbito do Deseño Industrial, cubrindo como mínimo os siguientes aspectos:

• PLIEGO DE CONDICIÓNS:
1. Definición do Proxecto
2. Obxectivos do Proxecto
3. Información
4. Mercado
5. Especificacións
6. Proceso Productivo da Empresa
7. Costes
8. Oportunidades e Restriccións
9. Observacións
• FASES DO PROXECTO:
1. Información
2. Desenvolvemento de Conceptos
3. Desenvolvemento da Alternativa Seleccionada
4. Prototipo
5. Preserie
• CONTRATO TIPO.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudio intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e a extracción de conclusións por parte de tódolos participantes no seminario.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas ós estudantes, coa finalidade de proporciona-la formación necesaria nos aspectos clave para a elaboración e execución dun Proxecto de Enxeñería en Deseño Industrial,

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
Para a consulta de calquier aspecto que consideren oportuno, ademáis das clases reguladas, os alumnos terán a súa disposición as horas semanais que os profesores dedican con carácter xeral a titorías.
Entre outros aspectos de interés, cabe destaca-lo plantexamento xeral das distintas actividades do proxecto a realizar e a revisión de resultados en cada fase do proceso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A17 A3 A4 A22 A18 A5 A6 A7 A8 A19 A9 A10 A20 A11 A12 A13 A21 A14 A15 A16 O alumno desenvolverá un Proxecto Fin de Máster, como exercicio integrador no que, como futuro egresado, consolide e demostre a capacidad para a creación, execución e dirección de proxectos estratéxicos e innovadores en Enxeñería en Deseño Industrial. 100
 
Observacións avaliación

De acordo coa normativa vixente, o Proxecto Fin de Máster solo se poderá defender unha vez superados os restantes créditos da titulación.

O Proxecto Fin de Máster terá a estructura clásica dun Proxecto de Enxeñería no ámbito do Deseño Industrial, cubrindo como mínimo os siguientes aspectos:

• PLIEGO DE CONDICIÓNS:
1. Definición do Proxecto
2. Obxectivos do Proxecto
3. Información
4. Mercado
5. Especificacións
6. Proceso Productivo da Empresa
7. Costes
8. Oportunidades e Restriccións
9. Observacións
• FASES DO PROXECTO:
1. Información
2. Desenvolvemento de Conceptos
3. Desenvolvemento da Alternativa Seleccionada
4. Prototipo
5. Preserie
• CONTRATO TIPO.

Realizaránse presentacións previas dos conceptos e fases intermedias do proxecto, nas que a evaluación ten un carácter orientativo sobre o estado do proxecto, tanto para os equipos participantes como para cada un dos membros. A razón destas presentacións previas é evitar posibles erros, desfases, malentendidos, etc., moito antes da presentación académica definitiva e así poder toma-las medidas de corrección e mellora necesarias.

Queda expresamente excluida a posibilidade de utilizar para a defensa do PFM elementos non realizados persoalmente polos candidatos, tais como bocetos, modelados, animacións, maquetas, modelos ou cualquera otro elemento que vaia ser parte da avaliación polo Tribunal de PFM.

Na avaliación final debe quedar reflexado o perfil especial da asignatura de Proxecto Fin de Máster fixándose uns criterios estrictos de avaliación, de modo que para obtene-lo permiso de defensa por parte do director, realizaráse unha única presentación e entrega física de tódolos elementos a evaluar:

PROXECTO: Concepto, Libreta, Bocetos, Maqueta e Modelos, (si procede), Paneis de presentación, Documentacións Individual / Grupo, Planos Técnicos, Resumen, Presentación PPT, animación, video e Experiencias Personais. USB/ CD / DVD de tódolos documentos relacionados co proxecto.

IDENTIDAD CORPORATIVA: Concepto, Libreta, Bocetos, Pre-Maquetas, Manual de ID, Documentacións Individual / Grupo, Resumen, Presentación PPT e Experiencias Persoais. CD / DVD de tódolos documentos relacionados co proxecto.

PORTAFOLIO PERSONAL.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bayley, Stephen: “Guía Conran del Diseño”, Editorial Alianza, Madrid 1992.

DZ – Centro de Diseño de Bilbao: “Manual de Gestión de Diseño”, Diputación Foral de Bizkaia. Bilbao 1995.

Dorner, Peter: “El Diseño desde 1945”, Ediciones Destino, Barcelona 1993.

Costa, Joan: “Imagen Global”, Editorial CEAC Enciclopedia de Diseño, Barcelona 1992.

Jones, J. Chistopher: “Métodos de Diseño”, Editorial GG Gustavo Gili, Barcelona 1989.

Quarante, Danielle: “Diseño Industrial 1 – Elementos Básicos”, Editorial CEAC - Enciclopedia de Diseño, Barcelona 1992.

Quarante, Danielle: “Diseño Industrial 2 – Elementos Teóricos”, Editorial CEAC - Enciclopedia de Diseño, Barcelona 1992.

Manzini, Ezio: “La Materia de la Invención”, Editorial CEAC Biblioteca de Diseño, Barcelona 1998.

Maldonado, Tomas: “El Diseño Industrial reconsiderado”, Editorial GG Gustavo Gili, Barcelona 1993.

Méndez Salgueiro, José Ramón; "OBJETUALIDAD Y HUELLA: 1985-2015. MOMENTOS ESCULTÓRICOS EN EL DISEÑO INDUSTRIAL DE NUEVOS PRODUCTOS", Tesis doctoral, Universidad de Vigo 2015.

Montaña, Jordi: “Como Diseñar un Producto”, Ediciones IMPI, Madrid 1989.

Powell, Dick: “Técnicas de Presentación”, Editorial Blume, Barcelona 1986.

Rodríguez, Gerardo: “Manual de Diseño Industrial”, Editorial GG Gustavo Gili, Barcelona 1982.

Yoshiharn, Shimizi; Takashi, Kojima; Hasazo, Tano; Shinji, Matsuda: “Models & Prototips”, Japón 1991.

Wong, Wucius: “Fundamentos del diseño”, Editorial GG Gustavo Gili, Barcelona 1995.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías