Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Unha vez completado o curso, o alumno será capaz de especificar as necesidades e esixencias construtivas básicas que debe satisfacer un mecanismo de propósito xeral, así coma analizar e comprender o seu funcionamento e dimensionar correctamente os seus compoñentes. |
A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10
|
B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12
|
C3 C6 C7 C8 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
PARTE I |
RESISTENCIA DE MATERIAIS |
TEMA 1: INTRODUCIÓN Á RESISTENCIA DE MATERIAIS |
1.1. Introdución. Equilibrio Elástico.
1.2. Solicitacións sobre unha sección dun prisma mecánico.
1.3. Principio de Saint - Venant.
1.4. Tipos de apoios e enlaces.
1.5. Sistemas isostáticos e hiperestáticos.
1.6. Hipóteses xerais en Resistencia de Materiais.
|
TEMA 2: TRACCIÓN E COMPRESIÓN |
2.1. Introdución. Ensaio de tracción unidireccional.
2.2. Tensión admisible. Coeficiente de seguridade.
2.3. Deformacións transversais.
2.4. Enerxía de deformación.
2.5. Teorema de Castigliano.
2.6. Tracción e compresión en sistemas hiperestáticos.
2.7. Tensions orixinadas por variacións térmicas ou defectos de montaxe.
|
TEMA 3: CORTADURA |
3.1. Introdución. Deformacións producidas por cortadura.
3.2. Enerxía de deformación.
|
TEMA 4: FLEXIÓN |
4.1. Introdución. Flexión pura. Lei de Navier.
4.2. Flexión simple.
4.3. Rendemento xeométrico. Perfil en dobre T.
4.4. Enerxía de deformación.
4.5. Relación entre o esforzo cortante, o momento flector e a densidade de carga.
4.6. Esforzo cortante en flexión simple. Fórmula de Zhuravskii.
4.7. Enerxía de deformación producida pola tensión cortante en flexión simple.
|
TEMA 5: VIGAS |
5.1. Introdución. Grao de hiperestaticidade.
5.2. Diagrama de solicitacións.
5.3. Ecuación diferencial da liña elástica.
5.4. Teoremas de Mohr.
5.5. Deformación debida ao esforzo cortante en vigas.
5.6. Perfís normalizados.
|
TEMA 6: COLUMNAS E PIARES. PANDEO |
6.1. Introdución. Pandeo en barras rectas sometidas a compresión. Teoría de Euler.
6.2. Compresión excéntrica de barras esveltas.
6.3. Límites de aplicación da Teoría de Euler.
6.4. Coeficientes de pandeo.
|
TEMA 7: TORSIÓN |
7.1. Torsión en prismas de sección circular.
7.2. Enerxía de deformación.
7.3. Torsión en prismas de sección non circular.
7.4. Torsión en perfís delgados.
|
TEMA 8: PROPIEDADES MECÁNICAS E FALLO ESTÁTICO |
8.1. Propiedades mecánicas dos materiais.
8.2. Fallo estático. Tipos de rotura. Principais factores a considerar.
8.3. Criterios clásicos de fallo dúctil.
8.3.1. Criterio da máxima tensión cortante de Tresca.
8.3.2. Criterio de von Mises.
8.4. Criterios clásicos de fallo fráxil.
8.4.1. Criterio da máxima tensión normal de Rankine.
8.4.2. Criterio de Mohr e Mohr modificado.
|
TEMA 9: CÁLCULO A FATIGA. TEORÍA CLÁSICA |
9.1. Fallo por fatiga. Fases.
9.2. Ensaios de fatiga.
9.3. Factores que inflúen no límite de fatiga.
9.4. Tensións alternadas.
|
PARTE II |
ELEMENTOS DE MÁQUINAS |
TEMA 1: EIXES |
1.1. Solicitacións.
1.2. Cálculo ante cargas estáticas.
1.3. Cálculo a fatiga.
1.4. Velocidades críticas en eixes.
|
TEMA 2: CHUMACEIRAS E RODAMENTOS |
2.1. Chumaceiras de fricción.
2.2. Rodamentos.
2.3. Lubricación.
|
TEMA 3: VOLANTES DE INERCIA |
3.1. Ecuación de permanencia de ciclo.
3.2. Dimensionamento do volante de inercia.
3.3. Esforzos no volante de inercia.
|
TEMA 4: CORREAS E CADEAS |
4.1. Equilibrio estático da correa.
4.2. Dimensionamento xeométrico da correa.
4.3. Correas trapezoidais.
4.4. Cadeas.
|
TEMA 5: EMBRAGUES E ACOPLAMENTOS |
5.1. Embragues de disco.
5.2. Embragues cónicos.
5.3. Acoplamentos
|
TEMA 6: FREOS |
6.1. Freos de zapata.
6.2. Freos de cinta.
6.3. Freos de tambor.
6.4. Freos de disco.
|
TEMA 7: PARAFUSOS |
7.1. Nomenclatura.
7.2. Cálculo de unións aparafusadas.
7.3. Parafusos de potencia.
|
TEMA 8: RESORTES |
8.1. Tipos de resortes. Aplicacións.
8.2. Resortes de flexión rectos. Béstas.
8.3. Resortes helicoidais.
8.4. Outros tipos de resortes. Arandelas de Belleville.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A3 B12 C8 |
0.5 |
0 |
0.5 |
Sesión maxistral |
A1 A3 A5 A10 A6 C8 |
29 |
23 |
52 |
Solución de problemas |
A1 A4 A5 A6 A7 A8 B5 B11 C3 C8 C9 |
21 |
25 |
46 |
Lecturas |
A1 A3 A5 A6 |
0 |
5 |
5 |
Proba obxectiva |
B1 B2 B5 B6 B7 B9 B10 |
2.5 |
25 |
27.5 |
Traballos tutelados |
A1 A4 A5 A8 B4 B5 C6 C7 C9 |
2 |
15 |
17 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Presentación da asignatura. |
Sesión maxistral |
Clases teóricas nas que se abordarán os contidos da asignatura. |
Solución de problemas |
Resolverase en clase unha colección de exercicios tipo, incluíndo exames de anos anteriores, representativos dos contidos tratados nas clases teóricas. |
Lecturas |
Manexo de documentación técnica diversa, incluindo catálogos comerciais e manuais proporcionados polos fabricantes de equipos. |
Proba obxectiva |
Ademais do traballo de curso, os alumnos deberán realizar un exame final sobre os contidos da materia, que consta dunha serie de cuestións teórico – prácticas, ademais de varios problemas de aplicación, cunha duración total aproximada de dúas a dúas horas e media. |
Traballos tutelados |
No traballo de curso os alumnos deberán desenvolver de xeito colectivo un proxecto sobre calquera aplicación práctica relacionada cos contidos da asignatura, de acordo coas directrices establecidas na plataforma Moodle da asignatura. Tendo en conta que entre os obxectivos do curso se atopa a promoción do traballo en equipo, necesariamente os traballos serán realizados en grupo. Tanto a memoria do traballo coma unha copia da presentación (se for o caso) deberán ser subidos en formato dixital á plataforma Moodle da materia para a súa custodia e arquivo, respectando as datas e indicacións establecidas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Proba obxectiva |
Traballos tutelados |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Para a consulta de calquera aspecto que os alumnos consideren oportuno, os alumnos terán á súa disposición as horas semanais que os profesores dedican con carácter xeral a titorías, así coma os tempos de descanso entre clases. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A3 A5 A10 A6 C8 |
Valorarase a asistencia e a participación activa nas clases e actividades da materia.
|
5 |
Proba obxectiva |
B1 B2 B5 B6 B7 B9 B10 |
Ademais das distintas actividades programadas os alumnos deberán realizar un exame final sobre os contidos da asignatura na data prevista, que constará dunha serie de cuestións teórico – prácticas, ademais de varios problemas de aplicación, cunha duración total aproximada de dúas a dúas horas e media. |
45 |
Traballos tutelados |
A1 A4 A5 A8 B4 B5 C6 C7 C9 |
No traballo de curso os alumnos deberán desenvolver de xeito colectivo un proxecto sobre calquera aplicación práctica relacionada cos contidos da asignatura, de acordo coas directrices establecidas na plataforma Moodle da asignatura.
|
20 |
Solución de problemas |
A1 A4 A5 A6 A7 A8 B5 B11 C3 C8 C9 |
Os alumnos achegarán unha serie de entregas dirixidas durante o curso, que permitirán a avaliación continua do curso. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Notas - Valores en %. A asistencia e participación en clase valóranse de forma conxunta coas entregas do curso nun único bloque, que representa o 35% da nota final. Para superar a materia, o alumno deberá alcanzar unha puntuación total superior a cinco puntos (50%), como suma de todos os conceptos, sen que se teña establecida unha puntuación mínima necesaria en ningún dos conceptos. Aqueles alumnos que conten con dispensa académica que os exima da asistencia a clase, deberán comunicalo ao profesor a principio de curso e para superar a materia, ademais de presentar o traballo tutelado nos días especificados, deberán realizar unha proba obxectiva específica na data establecida polo Centro, proba que terá unha ponderación do 75% e o traballo o 25% restante. Na segunda oportunidade, a cualificación correspondente ao exame final incrementa a súa ponderación ata o 65 %, posibilitando aprobar a materia unicamente co exame final. O traballo en grupo seguirá contando un 20%, e o conxunto das entregas e a participación representa o 15% restante. A entrega dos traballos documentais que se realizarán nesta materia solicitarase en soporte informático. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en tódalas actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
R. Budynas, K. Nisbett (2019). Diseño en Ingeniería Mecánica de Shigley. 10ª ed. . McGraw Hill
F. González, J. A. Pérez (). Página Moodle de la Asignatura. UDC
L. Ortiz Berrocal (2006). Resistencia de Materiales. 3ª ed. McGraw Hill
J. M. Gere (2002). Timoshenko - Resistencia de Materiales. 5ª ed. . Paraninfo |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Teoría de Máquinas/771G01009 |
|
Observacións |
Polo xeito en que está deseñado o programa da asignatura, non se require ningún coñecemento previo específico sobre os temas tratados, en canto que estes abórdanse coa profundidade necesaria. Con todo, considéranse de utilidade os coñecementos básicos de cinemática e dinámica do punto, así coma de cálculo diferencial e integral, adquiridos durante os primeiros cursos da titulación. |
|