A asistencia a clase é voluntaria e non se avalía, pero recoméndase asistir para aproveitar ao máximo a materia.
Segunda oportunidade (xullo) e convocatoria adiantada (decembro): os
criterios de avaliación serán iguais que na primeira oportunidade.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, terá as implicacións previstas na normativa vixente (Regulamento Disciplinar do Estudantado da UDC).
Non se acepta dispénsa académica, xa que a asistencia a clase é voluntaria.
Estudantes que no podan asistir ás clases maxistrais das sesións expositivas por causa xustificada: para eles a metodoloxía "proba de resposta múltiple" valerá un 0%, e a metodoloxía "proba mixta" (exame final) valerá un 60%. Acéptanse como causas xustificadas: asistencia obrigatoria a unha materia suspensa de cursos anteriores, ter obtido máis do 50% da puntuación desta metodoloxía en cursos anteriores, horario laboral, etc.
Os estudantes a tempo parcial serán avaliados igual que os estudantes a tempo completo, xa que a asistencia a clase non é obrigatoria.