A) NORMAS DE AVALIACIÓN:
1. Condicións de avaliación: Prohíbese o acceso á aula de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
2. Identificación do alumno: O alumno/a deberá acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.
B) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación sinalados neste apartado.
2. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación.
3. Convocatoria anticipada: As condicións de avaliación da oportunidade anticipada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación de Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado) serán específicas para esta oportunidade. Esta avaliarase mediante unha proba mixta que suporá o 100% da nota final.
C. OUTRAS OBSERVACIÓNS DA AVALIACIÓN:
Traballo supervisado. Representa o 30% (30%) da nota final. Os subgrupos formaranse entre un mínimo de 4 e un máximo de 7, se ben se pode admitir que se supere ese número se están dacordo tódolos/as integrantes do grupo. Cada grupo establecerá un coordinador ou coordinadora.
Establecerase un horario de atención e seguimento semanal ou quincenal, en función do número de grupos que finalmente se formen. Non existe unha data programada para o réxime de titorías, polo que se adaptará ao ritmo de evolución do traballo de cada subgrupo.
A entrega do traballo será antes do 20 de decembro. Deberá acordarse entre os membros do grupo e o profesor o día da entrega do traballo. A entrega realízase en panel para cada unha das partes do traballo en formato impreso DIN A3. Tamén se pode entregar en fornato dixital. A aula, día e hora de entrega dos traballos acordaranse cos distintos subgrupos.
A nota manterase ao longo do curso académico tanto para a primeira como a segunda oportunidade. O alumnado que superase o traballo tutelado no curso anterior e non superase a asignatura poderá manter esa calificación no este curso académico.
No caso de producirse algún conflito dentro do grupo, o coordinador comunicará ao coordinador da materia para valorar se esa persoa pode pasar a outro subgrupo ou se ten que realizar o traballo individualmente.
O traballo supervisado é obrigatorio. No caso de que por razóns laborais ou outra circunstancia non puidese realizar o traballo en grupo, valorarase a posibilidade de realizar o traballo individualmente, que se poderá presentar antes da primeira oportunidade ou antes do exame final.
Proba mixta. Representa o 30 por cento (30 %). Trátase de preguntas breves sobre conceptos temáticos, casos reais de mercado ou exercicios sobre política de produtos, marcas e política de prezos. Haberá unha redacción de proba que servirá de redacción e preparación da materia. É importante asistir a estas probas xa que contribúen a mellorar significativamente o rendemento académico da materia e a aprendizaxe da mesma.
Proba de opción múltiple. Representa o 40%. Son 20 preguntas tipo test onde so unha opcion é verdadeira. Cada pregunta mal contestada resta un tercio do valor da pregunta. E necesario obter 4,5 puntos, resultado de promediar o exame tipo test e as preguntas cortas, para aprobar a asignatura. A esa nota se engadirá a ponderación do traballo tutelado. E dicir, se computa a nota media do traballo supervisado siempre que se saque un mínimo de 4,5 puntos despois de calcular a nota ponderada da proba test e das preguntas cortas.
No caso de non acadar un promedio de 4,5 puntos entre as preguntas curtas e a proba mixta, a cualificación será de supenso. A nota que figurará será de 4 puntos. No caso do exame final se aplicará o mesmo criterio.
A plataforma Moodle e o correo electrónico serán utilizados como principal vehículo de comunicación para a xestión de contidos, titorías e entrega de tarefas.
Alumnado con dedicación parcial e exención académica de asistencia: ao comezo do curso acordarase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, aínda que terán o mesmo deber de realizar actividades e asistir a calquera tipo de proba de avaliación que os estudantes a tempo completo. Agás as datas aprobadas pola Xunta de Facultade no que se refire á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatibles coa súa dedicación.