Importante para a aprendizaxe do futuro graduado será a súa formación nas materias de carácter humanístico que tan escasas son sempre nos estudos de forte contido de carácter técnico. Aprender a ver e a pensar nos termos axeitados da disciplina permitirán ao estudantado afrontar as materias, e o que resulta fundamental, achegarse ao mundo profesional cós coñecementos propios fundamentados nas experiencias estéticas revisadas dun xeito histórico. Mirar cara ó futuro coa seguridade de levar connosco un espello retrovisor que nos permite lembrar de onde vimos.
Competencias / Resultados do título
Código
Competencias / Resultados do título
Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe
Competencias / Resultados do título
Coñecer as nocións xerais sobre estética e as linguaxes plásticas no ámbito do deseño de obxectos industriais de deseño.
A1 A10
B1 B2 B3 B11
C1
Relacion e análise dun coñecemento teórico e histórico xeral sobre o deseño industrial e a súa estética.
A1 A2
B3
C1
Capacidades para adquirir recursos intelectuais, plásicos e visuais necesarios para entender e interpretar os obxectos industriais de deseño.
A2
B2
Capacidade de producir autónomamente formulacións estéticas a partir dos coñecementos adquiridos, dentro do proceso de desenvolvemento dun criterio crítico propio.
A1 A2
B1 B4 B6
C1 C3 C8
Contidos
Temas
Subtemas
01. PRELIMINARES. DESEÑO INDUSTRIAL E ESTETICA. PRESENTACION
02. PRELIMINARES. DESEÑO INDUSTRIAL E ESTETICA. DEFINICIONS
03. PRELIMINARES. DESEÑO INDUSTRIAL E ESTETICA. RELACIÓNS
04. ESTETICA ANTIGUA. ESTETICA E HISTORIA I
05. ESTETICA MEDIEVAL. ESTETICA E HISTORIA II
06. ESTETICA NO RENACEMENTO E BARROCO. ESTETICA E HISTORIA III
07. ESTETICA NO S.XVIII-XIX. ESTETICA E HISTORIA IV
08. ESTETICA NA MODERNIDADE. MAXISTERIO I
09. FORMA, ESCALA E MATERIAIS I. MAXISTERIO II
10. FORMA, ESCALA E MATERIAIS II. MAXISTERIO III
11. PROXECTO I. EXPRESIÓN E SIGNIFICADO
12. PROXECTO II. PEQUENA ESCALA
13. PROXECTO III
01. PRELIMINARES. DESEÑO INDUSTRIAL E ESTETICA. PRESENTACION
02. PRELIMINARES. DESEÑO INDUSTRIAL E ESTETICA. DEFINICIONS
03. PRELIMINARES. DESEÑO INDUSTRIAL E ESTETICA. RELACIÓNS
04. ESTETICA ANTIGUA. ESTETICA E HISTORIA I
05. ESTETICA MEDIEVAL. ESTETICA E HISTORIA II
06. ESTETICA NO RENACEMENTO E BARROCO. ESTETICA E HISTORIA III
07. ESTETICA NO S.XVIII-XIX. ESTETICA E HISTORIA IV
08. ESTETICA NA MODERNIDADE. MAXISTERIO I
09. FORMA, ESCALA E MATERIAIS I. MAXISTERIO II
10. FORMA, ESCALA E MATERIAIS II. MAXISTERIO III
11. PROXECTO I. EXPRESIÓN E SIGNIFICADO
12. PROXECTO II. PEQUENA ESCALA
13. PROXECTO III
Planificación
Metodoloxías / probas
Competencias / Resultados
Horas lectivas (presenciais e virtuais)
Horas traballo autónomo
Horas totais
Actividades iniciais
A2 A10
1.5
0
1.5
Sesión maxistral
A1 B2 B11 C8
17.5
17.5
35
Discusión dirixida
A1 B1 B4 C1 C3
11
22
33
Aprendizaxe colaborativa
B1 B2 B4 B11 C3
10
20
30
Traballos tutelados
A1 A2 B3 B6 C1 C3 C8
0
35
35
Eventos científicos e/ou divulgativos
A1 A2 B11
2
2
4
Proba obxectiva
A1 B1 B6 B11 C1
1.5
9
10.5
Atención personalizada
1
0
1
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Actividades iniciais
Actividades precisas ó inicio do proceso global, e en cada bloque temático, coa finalidade de coñecer as competencias, intereses e motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela, preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Discusión dirixida
Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Aprendizaxe colaborativa
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Traballos tutelados
Prácticas obrigatorias en relación ó temario desenvolvidas individual ou en grupo e de duración variable ó longo do cuatrimestre.
Eventos científicos e/ou divulgativos
Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Asistencia a eventos divulgativos (congresos, xornadas, simposios, conferencias, etc.), indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuais referentes a un determinado ámbito de estudo.
Proba obxectiva
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Aprendizaxe colaborativa
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
Procurarase a aprendizaxe do alumno, entendendo que a orientación personalizada do profesor haberá de buscar e provocar a consecución axeitada das diferentes accións ocorridas tanto na clase como fora desta para acadar, segundo os criterios indicados, os obxectivos da asignatura. Poderase producir tanto de xeito presencial como a través dos medios electrónicos vinculados á docencia.
Avaliación
Metodoloxías
Competencias / Resultados
Descrición
Cualificación
Proba obxectiva
A1 B1 B6 B11 C1
Varias cuestións teórico-prácticas consistentes en preguntas concretas a respostar na súa totalidade, que permitan verificar a asimilación dos contidos da materia.
30
Traballos tutelados
A1 A2 B3 B6 C1 C3 C8
Realización satisfactoria correspondente á axeitada progresión ó longo do curso das prácticas e traballos de curso.
70
Observacións avaliación
Para a avaliación da materia considerarase a suma ponderada de traballo/s tutelados mais a proba obxectiva. Cada unha das partes valorarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar un mínimo de puntuación de 4 en todas elas (incluidas partes da proba obxectiva) para poder superar a materia. A asistencia e participación nas clases presenciais será necesaria para ser avaliado, cun mínimo admisible dun 80%. As probas teórico-prácticas obxectivas consistirán en preguntas concretas que terán que ser respostadas na súa totalidade e nas que se valorará a aportación gráfica do alumnado. O/s traballo/s tutelado/s serán exercicios prácticos de elaboración personal ou grupal nos que poderá ser utilizado soporte TIC
Para poder presentarse a calquera das oportunidades o alumno terá que ter entregados os traballos individuais e grupais do curso en plazo, así como cumprida a asistencia mínima. Os traballos que sexan entregados fóra de prazo serán valorados ó 50%
A esixencia xeral de asistencia non terá efecto có
estudantado que teña recoñecida unha adicación a tempo parcial ou dispensa académica segundo a Norma
que regula o réxime de adicación ao estudo e a permanencia e a
progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na UDC. O seguemento
do curso e autoría de traballos verificarase có cumprimento de titorías
obrigatorias. No caso de alumnado matriculado a tempo parcial ou dispensa académica a porcentaxe
correspondente aos traballos individuais será dun 35%, elimínase a
obriga de entregar traballo grupal, polo que a porcentaxe da proba
obxectiva ascende ao 65%.
No
relativo ao plaxio atenderase ao indicado no Art. 14º das Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario da UDC, ou aquela que a substitúa.A detección de plaxio, así como a realización
fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a calificación de suspenso “0” na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calqueira calificación obtida en
tódalas actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.
Atención á diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa persoa tutora ADI do Centro..
G
M
T
Y
La función de sonido está limitada a 200 caracteres
-VALVERDE, J.M., BREVE HISTORIA Y ANTOLOGÍA DE LA ESTÉTICA, EDITORIAL
ARIEL, 1978, Libro,
-VITRUVIO M. P., DE ARCHITECTURA, Libro,
-MOORE / ALLEN, DIMENSIONES DE LA ARQUITECTURA, GUSTAVO GILI, 1978, Libro,
-BENÉVOLO, L., DISEÑO DE LA CIUDAD, GUSTAVO GILI, 1979, Libro,
-DE FUSCO, R. HISTORIA DEL DISEÑO, SANTA Y COLE, 2005, Libro,
-DORFLES, G., EL DISEÑO INDUSTRIAL Y SU ESTÉTICA, EDITORIAL LABOR, 1977, Libro,
-GREGOTTI, V., EL TERRITORIO DE LA ARQUITECTURA, GUSTAVO GILI, 1972, Libro,
-WLADYSLAW TATARKIEWICZ, HISTORIA DE LA ESTÉTICA (T. II): LA ESTÉTICA MEDIEVAL,
EDICIONES AKAL, S.A., 1991, Libro,
-WLADYSLAW TATARKIEWICZ, HISTORIA DE LA ESTÉTICA (T.I): LA ESTÉTICA ANTIGUA,
EDICIONES AKAL, S.A., 1991, Libro,
-WLADYSLAW TATARKIEWICZ, HISTORIA DE LA ESTÉTICA (T.III): LA ESTÉTICA MODERNA:
1400-1700, EDICIONES AKAL, S.A., 1991, Libro,
-WLADYSLAW TATARKIEWICZ, HISTORIA DE SEIS IDEAS: ARTE, BELLEZA, FORMA,
CREATIVIDAD, MÍMESIS, EXPERIENCIA ESTÉTICA, EDITORIAL TECNOS, 2002, Libro,
Bibliografía complementaria
-BÜRDEK, B., DISEÑO. HISTORIA, TEORÍA Y PRÁCTICA DEL DISEÑO INDUSTRIAL,
GUSTAVO GILI, 1994, Libro,
-NEUHART, J. + NEUHART, M. + EAMES R., EAMES DESIGN, EDITORIAL ABRAHMS, NY,
1994, Libro,
-EHRENZWEIG, A., EL ORDEN OCULTO DEL ARTE, LABOR, 1973, Libro,
-EHRENZWEIG, A., EL SENTIDO DEL ORDEN, GUSTAVO GILI, 1980, Libro,
-MARCHÁN FIZ, S., EL UNIVERSO DEL ARTE, SALVAT, 1981, Libro,
-FIEDLER, K., ESCRITOS SOBRE ARTE, VISOR DISTRIBUCIONES, S.A., 1990, Libro,
-MORAWSKI, S., FUNDAMENTOS DE LA ESTÉTICA, EDICIÓNS 62 BARCELONA, 1977, Libro,
-JIMÉNEZ, J., IMÁGENES DEL HOMBRE. FUNDAMENTOS DE LA ESTÉTICA, TECNOS, 1986,
Libro,
-CARRIT, E.F., INTRODUCCIÓN A LA ESTÉTICA, FONDO DE CULTURA ECONÓMICA, MÉJICO,
1951, Libro,
-ACKERMAN J.S., LA ARQUITECTURA DE MIGUEL ANGEL, CELESTE EDICIONES, 1997,
Libro,
-RICARD, A., LA AVENTURA CREATIVA, EDITORIAL ARIEL, 2000, Libro,
-SCRUTON, R., LA EXPERIENCIA DE LA ESTÉTICA, F.C.E. MÉJICO, 1987, Libro,
-MAQUET, J., LA EXPERIENCIA ESTÉTICA, CELESTE/UNIVERSIDAD, 1999, Libro,
-ROCK, I., LA PERCEPCIÓN, LABOR, 1985, Libro,
-GIBSON, J.J., LA PERCEPCIÓN DEL MUNDO VISUAL, INFINITO, 1974, Libro,
-RUSKIN, J., LAS SIETE LÁMPARAS DE LA ARQUITECTURA, , , Libro,
-BERGER, J., MODOS DE VER, GUSTAVO GILI, 1980, Libro,
-LOOS, A., ORNAMENTO Y DELITO, GUSTAVO GILI, 1980, Libro,
-PEVSNER, N., PIONEROS DEL DISEÑO MODERNO, EDICIONES INFINITO, 1963, Libro,
-BARASCH, M., TEORÍAS DEL ARTE. DE PLATÓN A WINCKELMANN, ALIANZA, 1991, Libro,
-GREGORY, R.L., THE INTELLIGENT EYE, , 1970, Libro,
-AA.VV, THE WORK OR CHARLES AND RAY EAMES, EDITORIAL ABRAHMS, NY, 1997, Libro,
-FERRANT, A., TODO SE PARECE A ALGO. ESCRITOS Y TESTIMONIOS, EDITORIAL VISOR,
1997, Libro,
-ARGULLOL, R., TRES MIRADAS SOBRE EL ARTE, DESTINO, 1989, Libro,
-MUNARI, B., ¿COMO NACEN LOS OBJETOS?, EDITORIAL LABOR, 1983, Libro,
Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño Industrial Actual/771G01028
Historia da Arte e do Deseño/771G01038
Historia do Deseño/771G01039
Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Materias que continúan o temario
Observacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías