Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Emprendemento e Autoemprego Código 610441007
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Teijeiro Álvarez, Mercedes
Correo electrónico
mercedes.teijeiro@udc.es
Profesorado
Teijeiro Álvarez, Mercedes
Correo electrónico
mercedes.teijeiro@udc.es
Web
Descrición xeral En contornas cada vez máis globalizados e competitivos a figura do emprendedor adquire un papel protagonista no contexto económico e social dunha comunidade, en especial, a
creación de empresas de alto valor engadido baseadas no desenvolvemento
de avances científicos e tecnolóxicos en sectores estratéxicos como
elemento dinamizador do crecemento. Esta materia encádrase no Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética. As achegas principais da materia son: comprender a importancia da cultura emprendedora, aprender a emprender un negocio e analizar o contexto, así como avaliar as oportunidades e riscos das accións emprendedoras.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar a metodoloxía básica para elaborar un plan de negocio AI3
BI7
BM1
BM2
BM3
CM5
CM8
CM9
Coñecer a posibilidade de aplicar os coñecementos adquiridos para a inserción profesional con criterios de innovación AI13
BI8
CM5
CM8
Coñecer de forma básica os procesos de xestión nas empresas AI13
BM3
CM5
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Innovación, emprendemento e autoemprego Conceptos básicos de emprendemento e autoemprego
Importancia do emprendemento biotecnolóxico nos avances sociais e económicos dunha sociedade
Situación da UE e de España. Paradoxo europeo.
Tipos de emprendemento segundo o propósito e o seu nivel de innovación
Metodoloxía de emprendemento e plans de negocio Ciclo de vida dunha empresa biotecnolóxica
Etapas do emprendemento biotecnolóxico.
Compoñentes dun modelo de negocio
As empresas do sector biosanitario e biotecnolóxico Características específicas
Casos de éxito

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva B11 C5 2 8 10
Seminario A3 A13 B7 B8 B12 B13 C8 C9 3 0 3
Traballos tutelados A3 A13 B7 B8 B9 B11 B12 B13 C9 3 27 30
Análise de fontes documentais B7 B8 B13 0 3 3
Sesión maxistral B11 B12 B13 C5 C8 12 12 24
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Atenderanse todos as dúbidas expostas no horario de titorías vía Teams

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B11 C5
Consistirá en preguntas tipo test de resposta múltiple, sobre os contidos dos temas tratados nas sesións maxistrais.
30
Traballos tutelados A3 A13 B7 B8 B9 B11 B12 B13 C9 Realización e presentación dun plan de negocio onde se vexan reflectidos todos os contidos abarcados no módulo. 70
 
Observacións avaliación

1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1. Cualificación de non presentado: cando o alumnado só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. A avaliación seguirá os mesmos criterios que os alumnos a tempo completo.

1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección. 

 2. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. 

 3. Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final.

Implicacións do plaxio: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica César Ullastres (2012). Diez casos de éxito de empresas biotecnológicas en España. Genoma
Tomaso Canonici y Antonio Núñez (2019). El líder ante la innovación . Opinno and Parangon Partners
Pilar de la Huerta (2021). Emprender en biotecnología. LID
Alexandre Osterwalder & Yves Pigneur (2012). Generación de modelos de negocio. Deusto
Xavier Vence Deza y David Rodeiro Pazos (2014). Innovación y emprendimiento con base en las ciencias. Universidade de Santiago de Compostela

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 

 a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 

 2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

 3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquecias ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías