Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Resíduos Código 610500011
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Química
Coordinación
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
m.soto@udc.es
Profesorado
Domínguez Pérez, Montserrat
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
montserrat.dominguez.perez@udc.es
m.soto@udc.es
Web
Descrición xeral Este módulo forma parte do Programa Oficial de Posgrao de Ciencia, Tecnoloxía e Xestión Ambiental (CTXA) como asignatura optativa e ten por obxectivo introducir ao/á alumno/a na problemática dos residuos, a súa xestión e as tecnoloxías de tratamento.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. AM3
AM18
BM4
BM5
BM6
CM2
CM7
Comprender a problemática asociada aos resíduos, os modos de xestionalos e as principais tecnoloxías de tratamento de resíduos. AM1
AM6
AM10
AM16
AM18
AM19
BM6
BM8
CM1
CM4
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, crítica e comprometida BM2
BM3
CM9
CM10

Contidos
Temas Subtemas
OS RESIDUOS Definición de residuo
Tipos de residuos. Clasificación
Cantidades, composición e características
Impacto ambiental dos residuos
Lexislación e planificación
MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS A necesidade da prevención, Plano de prevención, Auditoria ambiental dirixida a minimización, Plano de minimización de residuos, Boas prácticas industriais, Exemplos
RECOLLIDA SELECTIVA E RECICLAXE Recollida selectiva de residuos sólidos urbanos.
Recollida de residuos perigosos e especiais.
Clasificación de RSU en destino. Calidade e comercialización.
Balances ambientais da reciclaxe e da compostaxe.
COMPOSTAXE DE RESIDUOS ORGÁNICOS Definicións. O proceso de compostaxe
Parámetros de control do proceso
Tecnoloxías de compostaxe
BIOMETANIZACIÓN DE RESIDUOS ORGÁNICOS Dixestión anaerobia
A tecnoloxía anaerobia para o tratamento da fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos
TRATAMENTO TÉRMICO DE RESIDUOS Datos enerxéticos dos residuos. Poder calorífico.
Control das emisións de incineradoras de residuos
TRATAMENTO FÍSICO-QUÍMICO DE RESIDUOS PERIGOSOS O CTRIG (Centro de Tratamento de Residuos Industrias de Galiza)
Métodos e operacións de tratamento físico-químico
VERTIDO CONTROLADO DE RESIDUOS O marco normativo actual
Deseño, operación e control de vertedoiros

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A6 A10 A16 A19 B4 B5 B6 B8 C2 C1 C4 C7 C9 C10 9 27 36
Prácticas de laboratorio A3 A16 B3 B6 C1 C4 C9 6 12 18
Seminario A16 B6 C4 C7 4 12 16
Saídas de campo A16 B2 B8 C2 C7 C9 2 2 4
Proba obxectiva A1 A3 A16 A18 A19 B6 B8 1 0 1
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá oralmente e axudándose de meidos audiovisuais os contidos básicos da materia. Realizará perguntas e outras observacións para dirixir a atención do alumno sobre os aspectos claves. Facilitará ao alumno os esquemas, gráficos e táboas que considere oportuno.
Prácticas de laboratorio Experimentación de procesos ou dalgún elemento dun proceso, partindo do fundamento teórico, os materiais e métodos dispoñíbeis, a obtención de resultados experimentais, a súa análise e valoración, e a obtención de conclusións. Contarán con un guión previo e elaborarán unha memoria do traballo.
Seminario Formulación de problemas teóricos ou practicos e estudo e análise de documentación, debate e obtención de conclusións no grupo.
Saídas de campo Realizarase unha visita a unha instalacioón de tratamento de residuos, na que os alumnos deberán recoller información directa, completala con información adicional (independente ou de diversas fontes), analizala criticamente e sacar conclusións. Elaborarán unha memoria do traballo.
Proba obxectiva Consiste nun exame tipo test, con resposta única ou múltiple, que versará sobre os contidos traballados nas e sesións maxistrais, seminarios e análise de fontes documentais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Seminario
Saídas de campo
Descrición
Haberá atención personalizada, por correo-e ou en titorías presenciais (individuais ou en pequeno grupo), sobre calquera aspecto da materia e do traballo do/a alumno/a. A atención ao/á alumno/a en relación coas prácticas de laboratorio e as saídas de campo terá lugar directamente durante a súa realización, así como posteriormente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A3 A6 A10 A16 A19 B4 B5 B6 B8 C2 C1 C4 C7 C9 C10 Avaliación continuada da participación activa do/a alumno/a nas mesmas. 5
Prácticas de laboratorio A3 A16 B3 B6 C1 C4 C9 A asistencia ás prácticas e a elaboración dunha memoria conforme aos aspectos formais básicos puntuará un 50% do total desta metodoloxía, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%. 30
Seminario A16 B6 C4 C7 Avaliación continuada da participación do/a alumno/a. 15
Saídas de campo A16 B2 B8 C2 C7 C9 A realización das saídas de campo (visitas a plantas de tratamento) e a elaboración dunha memoria conforme ós aspectos formais básicos puntuará un 50% do apartado, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%. 10
Proba obxectiva A1 A3 A16 A18 A19 B6 B8 Cuantificación en función da porcentaxe de respostas correctas. 40
 
Observacións avaliación

Os traballos que se acorden e as memorias de laboratorio e de campo deberán ser entregados no prázo máximo de 2 semanas. A cualificación de Non Presentado resérvase para aqueles/as alumnos/as que teñan participado en menos do 40% das actividades programadas e/ou non se presenten á proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica

G. Tchobanoglous, H. Theisen and S.Vigil (1994). GESTIÓN INTEGRAL DE RESIDUOS SÓLIDOS. Madrid. McGraw-Hill

Institut Cerdá (1994). MANUAL DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS Y EMISIONES INDUSTRIALES. Barcelona

M. Soto e A. Vega (Ed.) (2001). Tratamento de resíduos sólidos urbanos . Universidade da Coruña.

Moreno Casco, J. / Moral Herrero, R. (2008). COMPOSTAJE. Madrid. Mundi Pres.

Lasaridi, K.E. e Stentiford, E.I. (1998). A simple respirometric technique for assessing compost stability. . Water Research, 32, 3717–3723.

W.F. Brinton Jr, E. Evans, M.L. Droffner e R.B. Brinton. (1995). Standardized test for evaluation of compost self-heating . BioCycle, pp 64-69

Sánchez e cols.  (2014). DE RESIDUO A RECURSO. EL CAMINO HACIA LA SOSTENIBILIDAD. Residuos Urbanos. Mundi-Prensa: Madrid.

Sánchez e cols.  (2016). DE RESIDUO A RECURSO. EL CAMINO HACIA LA SOSTENIBILIDAD. Residuos Ganaderos. Mundi-Prensa: Madrid.

Vanessa Prieto-Sandoval*, Carmen Jaca, Marta Ormazabal. Towards a consensus on the circular economy. Journal of Cleaner Production 179 (2018) 605-615.

Bibliografía complementaria

(). http://www.envirowise.gov.uk/; www.sogama.es.

(). http://www.xunta.es/conselle/cma/; http://www.xunta.es/conselle/cma/; http://www.adega.info; http://reports.eea.europa.eu;

http://www.epa.gov/epaoswer/non-hw/reduce/;.

Revista CERNA (Revista Galega de Ecoloxía e Medio Ambiente). Santiago de Compostela. Ed. ADEGA

“Cerrar o círculo: Un plan de acción da UE para a economía circular” [COM (2015) 614 final]: http://eur-lex.europa.eu/resource.html?uri=cellar:8a8ef5e8-99a0-11e5-b3b7-01aa75ed71a1.0011.02/DOC_1&format=PDF


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías