Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Propiedades de Materiais Código 610509122
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Sanchez Andujar, Manuel
Correo electrónico
m.andujar@udc.es
Profesorado
Sanchez Andujar, Manuel
Correo electrónico
m.andujar@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia é importante no módulo de Nanoquímica e Novos Materiais, nesta descríbense o fundamento teórico de moitas das propiedades fundamentais de materiais que logo serán estudadas noutras materias do módulo.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os aspectos fundamentais da teoría de sólido, en relación coa estrutura electrónica e a rede cristalina. AM1
AM4
BM1
BM5
BM7
BM10
BM11
BM12
CM3
CM4
Empregar as relacións existentes entre os aspectos fundamentais da teoría e das distintas propiedades electrónicas e da rede observadas experimentalmente. AM9
BM1
BM4
BM5
BM7
BM11
BM12
CM1
CM3
Comprender a influencia da dimensionalidade do sistema sobre ditas propiedades. AM1
AM4
BM1
BM4
BM5
BM7
BM12
CM1
CM3
CM4

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Modelos clásicos e cuánticos do electróns libres O modelo de Drude e o modelo de Sommerfeld
Efecto do potencial periódico da rede nas propiedades do gas de electróns.
Tema 2.- Cuantización da enerxía da rede Fonóns
Tema 3.- Clase de técnicas experimentais na determinación de propiedades de transporte eléctrico e térmico. Condutividade eléctrica, condutividade térmica, poder termoeléctrico e efecto Hall.
Tema 4.- Fenómenos cooperativos en illantes. Ferroelectricidade e magnetismo localizado
Tema 5.- Propiedades ópticas de materiais. Aspectos xerais. Propiedades ópticas de metais e semicondutores.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A1 A4 A9 B1 B4 B7 C3 C4 4 12 16
Traballos tutelados A1 A4 B4 B5 B7 B10 B11 B12 C1 C3 1 6 7
Proba mixta A1 A4 A9 B1 B4 B5 B7 B10 B11 B12 C1 C3 C4 1 6 7
Sesión maxistral A1 A9 C1 15 30 45
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Clases prácticas na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios, etc. O alumnado participa activamente nestas clases de distintas maneiras: entrega de exercicios ao profesorado, exposición de traballos, clases prácticas, etc. Inclúense probas de avaliación se as houbese. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
Traballos tutelados Titorías programadas polo profesor nas que se propoñen actividades como a exposición de traballos realizados polos alumnos, aclaración de dubidas sobre teoría, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor esixirá ao alumnado a entrega de exercicios previa a realización da titoría. O horario acordarase co alumnado.
Proba mixta Proba final que contribuirá a avaliación do nivel de coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado.
Sesión maxistral Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia..) O profesorado pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Traballos tutelados
Descrición
Todo o alumnado debe participar dunha maneira activa nestas actividades, para que, o profesorado poida comprobar se o alumnado está adquirindo as competencias da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A9 B1 B4 B5 B7 B10 B11 B12 C1 C3 C4 Exame ou proba obxectiva 55
Sesión maxistral A1 A9 C1 Participación activa durante as sesións maxistrais 5
Seminario A1 A4 A9 B1 B4 B7 C3 C4 Resolución dos problemas propostos 30
Traballos tutelados A1 A4 B4 B5 B7 B10 B11 B12 C1 C3 Resolución e/ou presentación dos traballos tutelados 10
 
Observacións avaliación

A avaliación desta materia é mediante avaliación continua e a realización dun proba final.
A avaliación continua ten un peso do 45% na cualificación da materia. O resto asinarase o resultado da proba final.


Fontes de información
Bibliografía básica J. M. Ziman (). Principles of the Theory of Solids.
P. A. Cox (). The Electronic Structure and Chemistry of Solids.
S. Elliot (). The Physics and Chemistry of Solids.

Bibliografía complementaria C. F. Bohren and D. R. Huffman (). Absorption and Scattering of light by small particles.
J. B. Goodenough (). Magnetism and the Chemical Bond.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

E moi importante asistir a tódalas clases. A resolución de problemas e exercicios de autoavaliación é clave na aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda comenzar polos problemas resoltos nos manuais de apoio e de referencia, para seguir despois con problemas propostos ao final de cada capítulo nos manuais de referencia.- É imprescindible consultar a bibliografía e tratar de completar con aspectos avanzados os conceptos máis fundamentais que se expliquen na clase.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías