PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Aproximadamente a metade de cuadrimestre, realizarase unha proba parcial
(PARCIAL 1) que podería liberar materia do exame final no caso de que o
estudante alcance unha puntuación mínima de 1,2 puntos sobre 3,0.
Durante o período de docencia, propoñerase a realización de dous
traballos tutelados. Un elaborarase de forma individual e o outro en
grupo. Cada traballo terá un peso na cualificación dun máximo de 2,0
puntos sobre 10. Non se requirirá puntuación mínima para ningún dos dous
traballos.
Coincidindo coa data oficial de avaliación da primeira oportunidade,
realizarase un exame final que constará de dous partes (PARCIAL 1 +
PARCIAL 2).
Para aprobar a materia, os estudantes haberán de alcanzar un mínimo de
5,0 puntos tras sumar todas as cualificacións das actividades de
avaliación e, ademais, haberán de obter unha puntuación mínima de 1,2
puntos sobre 3,0 en cada un dos dous parciais de que consta o exame
final.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Realizarase un exame final que constará de dous partes (PARCIAL 1 +
PARCIAL 2).
Aqueles alumnos que na primeira oportunidade alcanzasen nalgún dos dous
exames parciais un mínimo de 1,2 puntos sobre 3,0 terán a opción de non
repetilo na segunda oportunidade e, por tanto, conservar a cualificación
anteriormente obtida.
Para aprobar a materia os estudantes haberán de alcanzar un mínimo de
5,0 puntos tras sumar todas as cualificacións das actividades de
avaliación (traballos e parciais) e, ademais, haberán de obter unha
puntuación mínima de 1,2 puntos sobre 3,0 en cada un dos dous parciais.
TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA
A avaliación do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguirá os mesmos criterios, e consistirá nas mesmas probas que o resto do alumnado.
FRAUDE NAS ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso
"0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria.
CUALIFICACIÓN AO FINAL DO PROCESO DE AVALIACIÓN
Aqueles alumnos que cumpran os requisitos mínimos e alcancen un mínimo de 5,0 puntos, aprobarán a materia.- Aqueles alumnos que non alcancen a puntuación mínima establecida nalgunha das partes do exame final (1,2 puntos), esta non computará na cualificación final e ademais, tras a suma das cualificacións, só poderán obter unha cualificación global máxima de 4,5 puntos.
A cualificación de “Non Presentado” figuraralle a aqueles estudantes que non se presenten ás probas obxectivas.