Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 1 Código 610G04025
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Física e Ciencias da Terra
Coordinación
López Beceiro, Jorge José
Correo electrónico
jorge.lopez.beceiro@udc.es
Profesorado
Artiaga Diaz, Ramon Pedro
Del Castillo Busto, Estela
López Beceiro, Jorge José
Rodríguez Fernández, Carlos Damián
Terán Baamonde, Javier
Correo electrónico
ramon.artiaga@udc.es
estela.delcastillo@udc.es
jorge.lopez.beceiro@udc.es
c.damian.rodriguez@udc.es
javier.teran.baamonde@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución a distintas técnicas de caracterización de materiais, así como a súa aplicación a distintos nanomateriais. Os alumnos adquirirán coñecementos sobre os fundamentos de distintas técnicas de caracterización e sobre como interpretar os resultados obtidos.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento dos fundamentos das diferentes técnicas de caracterización. A5
B8
C3
C8
Capacidade para interpretar correctamente os resultados obtidos mediante diferentes técnicas de caracterización. A4
A6
A7
B3
B7
B10
C9
Coñecer e comprender as principais características e protocolos de seguridade dunha sala limpa. A6
A8
B8
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Introdución ás técnicas de caracterización. - Técnicas de caracterización ópticas.
- Técnicas de caracterización microscópicas.
- Técnicas de caracterización espectroscópicas.
- Técnicas de caracterización termodinámicas e outras técnicas importantes.
- Métodos de separación e purificación.
Análise térmica. Termogravimetría (TGA).
Calorimetría de barrido diferencial. (DSC, PDSC, MTDSC)
Analizador dieléctrico (DEA)
Reoloxía Viscoelasticidade
Tipos de reómetros e xeometrías experimentais
Configuración dos experimentos
Interpretación dos resultados
Difracción de RX. Introdución á análise por difracción de raios X (DRX)
Usos e aplicacións na caracterización de nanomateriais
Presentación e análise de resultados
Microscopías electrónicas. Microscopía Electrónica de Varrido (SEM): usos e aplicacións na caracterización de nanomateriales. Análise de imaxes.
Microscopía electrónica de Transmisión (TEM): usos e aplicacións na caracterización de nanomateriales . Análise de imaxes.
Principais características dunha sala limpa. Necesidades de uso e protocolos de seguridade. Avaliación de riscos asociados ao experimento.
Procedemento experimental, selección de técnicas e interpretación dos resultados.
Elaboración de caderno/informe de laboratorio.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A5 A7 A8 B7 B8 2 6 8
Prácticas de laboratorio A4 A6 A7 A8 B3 B7 B8 B10 C3 C8 C9 27 27 54
Seminario A4 A5 A7 A8 B7 B8 C8 27 27 54
Traballos tutelados A4 A5 A7 A8 B3 B7 B8 B10 C3 C8 C9 4 28 32
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos:
a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Atención personalizada para atender as necesidades e consultas dos estudantes relacionadas cos traballos tutelados, proporcionando orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe.
Esta atención personalizada poderá desenvolverse de forma presencial ou de forma non presencial a través do correo electrónico, do campus virtual ou medios similares.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A7 A8 B7 B8 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
40
Traballos tutelados A4 A5 A7 A8 B3 B7 B8 B10 C3 C8 C9 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos:
a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Os estudantes elaborarán un traballo tutelado que deberán entregar e defender de forma oral.
25
Prácticas de laboratorio A4 A6 A7 A8 B3 B7 B8 B10 C3 C8 C9 Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Os estudantes deberán entregar un caderno de prácticas no que inclúan todas as actividades realizadas.
35
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia requírese ter polo menos un 4 (sobre 10) na proba mixta.


Fontes de información
Bibliografía básica

1. Dieter Vollath (2013). Nanomaterials: an introduction to synthesis, properties and applications. Wiley.VCH.

2. Surender Kumar Sharma (2018). Handbook of Materials?Characterization. Springer.

3. Menczel JD, Prime RB, editors. Thermal analysis of polymers: fundamentals and applications. Hoboken, N.J: John Wiley; 2009.

4. Artiaga Díaz R. Thermal analysis, fundamentals and applications to material characterization: proceedings of the international seminar?: thermal analysis and rheology, Ferrol, Spain, 30 Juny-4 July 2003 [Internet]. La Coruña], Spain: Universidade da Coruña; 2005 [cited 2017 Jan 31]. Available from: http://search.ebscohost.com/login.aspx?direct=true&scope=site&db=nlebk&db=nlabk&AN=331434

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías