Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Instrumentos financeiros derivados Código 611448005
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Vizcaino Gonzalez, Marcos
Correo electrónico
marcos.vizcaino@udc.es
Profesorado
Vizcaino Gonzalez, Marcos
Correo electrónico
marcos.vizcaino@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Coñecer os instrumentos financeiros derivados, con especial atención aos modelos de valoración, ás consecuencias do uso destes instrumentos, e á consideración crítica das vantaxes e desvantaxes de cada instrumento ou estratexia nun contexto específico.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o concepto, tipoloxía, características, operativa e finalidades dos instrumentos financeiros derivados AP26
BP3
BP23
Coñecer as consecuencias da aplicación práctica dos instrumentos financeiros derivados, con especial atención á determinación do resultado do seu uso AP26
BP2
BP3
BP18
Coñecer e aplicar os principais modelos de valoración de instrumentos financeiros derivados AP26
BP2
BP16
BP17
BP24
BP28
Considerar criticamente o uso dos instrumentos financeiros derivados, determinando as vantaxes e desvantaxes de cada instrumento e estratexia nun contexto específico AP27
BP6
BP7
BP13
BP14
BP25
BP26
BP27
BP28
Desenvolver habilidades para superar o exame de certificación EFA AP26
AP27
BP2
BP3
BP6
BP7
BP13
BP14
BP16
BP17
BP18
BP23
BP24
BP25
BP26
BP27
BP28

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución. Forwards, futuros e swaps 1.1. Risco financeiro e instrumentos derivados
1.2. Mercado de derivados: organizado e non organizado (OTC)
1.3. Mercado de futuros: organización e funcionamento
1.4. Tipos de contratos: forward (OTC) e futuros
1.5. Formación xeral de prezos e aplicacións prácticas: operacións de cobertura e arbitraxe
1.6. Permutas financeiras (swaps)
2. Opcións, estruturados e outros produtos 2.1. Mercado de opcións. Tipos de contratos
2.2. A prima. Modelos de valoración
2.3. Aplicacións prácticas e combinacións de opcións
2.4. Produtos complexos e outros derivados
2.5. Derivados exóticos e produtos estruturados

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A26 B3 B23 B24 8 20 28
Solución de problemas A27 B2 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B25 B26 B27 B28 10 30 40
Proba de resposta múltiple A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 1 1 2
Proba mixta A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 2 2 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos e prácticos da materia.
Solución de problemas Actividades, individuais ou en grupo, que poden implicar o uso das TIC.
Proba de resposta múltiple Probas que se realizarán durante o periodo de clases.
Proba mixta Exame teórico-práctico dos contidos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Descrición
As titorías para todo o alumnado (incluído o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) celebraranse nos horarios anunciados ao inicio do cuadrimestre no que se imparte a materia. Neses horarios, o alumnado será atendido para aclarar as dúbidas que se lle plantexen na preparación da materia. Antes de acudir a titorías, recoméndase ao alumnado que empregue o correo electrónico do profesorado para plantexar a data e hora da súa preferencia (dentro das anunciadas para as titorías), indicando a materia á que se refire, coa finalidade de facilitar a xestión e efectividade das mesmas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A27 B2 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B25 B26 B27 B28 Durante o período de clases realizaranse varias actividades, individuais ou en grupo. Poden implicar o uso das TIC e, de requirirse entregables, o seu envío será en formato dixital. Valorarase a participación activa e o aproveitamento, e suporán en conxunto o 12% da cualificación final. 12
Proba de resposta múltiple A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 Durante o período de clases realizaranse varias probas. Non terán carácter liberatorio e suporán en conxunto o 24% da cualificación final. 24
Proba mixta A26 A27 B2 B3 B6 B7 B13 B14 B16 B17 B18 B23 B24 B25 B26 B27 B28 Exame da materia que supón o 64% da cualificación final. Celebrarase en primeira e segunda oportunidade. En ningún caso será posible obter con este exame a parte da cualificación correspondente ao resto das actividades de avaliación. 64
 
Observacións avaliación

O alumnado debe acreditar a súa personalidade, dacordo á normativa vixente, en todas as actividades de avaliación.

Os criterios de avaliación expostos aplícanse a todo o alumnado (incluído o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia), e son os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade. Na oportunidade adiantada, e só neste caso, haberá unha proba mixta para avaliar todas as competencias e contidos da materia, coa que se poderá obter o 100% da cualificación. 

Na avaliación continua da materia, será requisito indispensable para ser avaliado a asistencia regular, con participación activa e aproveitamento, ás sesións presenciais e actividades organizadas polo profesorado da materia e a coordinación do Mestrado.

A cualificación de NON PRESENTADO outorgarase ao alumnado cuxa participación en actividades de avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada, segundo normativa vixente da Facultade. 

En caso de acceso á realización dunha proba de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos non autorizados expresamente polo profesorado responsable, ou de realización fraudulenta dunha proba de avaliación, procederase á expulsión inmediata do alumnado implicado da proba, e aplicarase o contemplado na normativa da Universidade ao respecto.





Fontes de información
Bibliografía básica Elvira, Óscar & Puig, Xavier (2015). Comprender los productos derivados: futuros, opciones, productos estructurados, CAPs, Floors, Collars, CFDs... Barcelona: Profit
Hull, John C. (2014). Introducción a los mercados de futuros y opciones. México: Pearson Educación
Knop, Roberto (2013). Manual de instrumentos derivados: cuatro décadas de Black-Scholes. Madrid: Escuela de Finanzas Aplicadas
Castellanos Hernán, Enrique (2011). Opciones y futuros de renta variable: manual práctico. Madrid: Instituto BME

Bibliografía complementaria Sacks, Jana (2016). Elementary Financial Derivatives: A Guide to Trading and Valuation with Applications. Hoboken: John Wiley & Sons
Casanovas Ramón, Montserrat (2014). Opciones financieras. Madrid: Pirámide
Hull, John C. (2018). Options, Futures, and Other Derivatives. New York: Pearson
Marroni, Leonardo & Perdomo, Irene (2014). Pricing and Hedging Financial Derivatives: A Guide for Practitioners. Chichester: John Wiley & Sons
Boyle, Patrick & McDougall, Jesse (2018). Trading and Pricing Financial Derivatives: A Guide to Futures, Options, and Swaps. Berlin, Boston: De Gruyter


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Técnicas estatístico-econométricas aplicadas/611448003
Valoración financeira/611448012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías