Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dirección financeira Código 611507008
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Alvarez Dominguez, Maria America
Correo electrónico
america.alvarez@udc.es
Profesorado
Alvarez Dominguez, Maria America
Calvo Silvosa, Anxo Ramon
Lado Sestayo, Rubén
Correo electrónico
america.alvarez@udc.es
anxo.calvo.silvosa@udc.es
ruben.lado.sestayo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende achegar aos estudantes as competencias necesarias que lle permitan a toma de decisións no ámbito financeiro a partir da información subministrada polo sistema de información contable. Farase especial fincapé no estudo de casos e no desenvolvemento de coñementos que lle permitan enfocar calquera proxecto empresarial desde a óptica contable financeira.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non haberá modificación nos contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas as previstas no plan inicial pero desenvolveranse online.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Todas as previstas no plan inicial pero desenvolveranse online.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Manteranse online do mesmo xeito que na docencia presencial.

4. Modificacións na avaliación
A avaliación é a mesma pero desenvolverase online.
*Observacións de avaliación:
Todas as actividades de avaliación desenvolveranse online

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender como debe organizarse a función contable para proporcionar a información necesaria no ámbito interno e a demandada polos terceiros alleos á empresa. Entender a importancia da información económico-financeira para a xestión da empresa. AP8
AP9
AP10
AP15
AP21
AP22
BP3
BP4
BP9
BP10
CP4
CP5
CP6
CP11
Comprender a lóxica financiera na análise dos problemas e situacións e na toma de decisións empresariais AP8
AP9
AP10
BP2
BP6
BP7
BP8
BP14
CP4
CP5
CP6
CP7
CP9
CP10
CP11
Tomar decisións no contorno económico-financiero no que opera a empresa e avaliar as suas implicacións en relación ao resto de áreas funcionais. AP8
AP9
AP10
BP11
BP12
CP1
CP2
CP3
CP8
Comprender as vinculacións existentes entre a formulación dun plan financeiro, a súa implantación e control. AP2
AP8
AP9
AP10
AP11
BP1
BP4
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP14
CP4
CP5

Contidos
Temas Subtemas
O sistema de información contable como base da xestión empresarial. Especificaranse na aula en función dos casos para a analizar
Decisións de investimento Especificaranse na aula en función dos casos para a analizar
Decisións de financiamento Especificaranse na aula en función dos casos para a analizar
A actividades da explotación: ingresos e gastos Especificaranse na aula en función dos casos para a analizar
A xestión do capital corrente Especificaranse na aula en función dos casos para a analizar
Os fluxos de tesouraría Especificaranse na aula en función dos casos para a analizar
Viabiliade económico financeira e creación de valor a partir do plan financeiro Especificaranse na aula en función dos casos para a analizar

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A2 A8 A9 A10 A11 A15 A21 A22 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 C1 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 20 40 60
Solución de problemas A9 A10 B2 B3 B6 B7 B9 B10 B11 B14 C4 C6 C7 C11 8 24 32
Presentación oral A9 A10 B4 C4 C5 C6 C10 4 8 12
Discusión dirixida C2 C3 C4 C5 C6 8 24 32
Análise de fontes documentais A9 A10 1 3 4
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Os grupos de traballo asignados resolveran cuestións de carácter económico- financeiro da actividad empresarial. Será o profesor/a quen propoña os casos para desenvolver os contidos da materia. Ademais as TIC seran unha herramenta fundamental para o desenvolvemento dos casos.
Solución de problemas Os alumnos deberán desenvolver habiliades para identificar os problemas que xorden na actividad empresarial fundamentalmente de carácter económico-financeiro e resolvelos de maneira eficiente e rigorosa.
Presentación oral Os estudantes de maneira individual ou en grupo deberán defender na aula a validez das decisión adoptadas dentro dos problemas que se identifiquen.
Discusión dirixida A partir do intercambio de ideas dos estudantes guiados por unha metodoloxía inducida polo docente, deberán formular unha discusión fundamentada orientada á toma de decisións.
Análise de fontes documentais Os estudantes deberán adquirir habilidades no manexo de diferentes fontes documentais e bases de datos que lles axuden no proceso de formulación e resolución dos problema.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Presentación oral
Solución de problemas
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Descrición
O profesor organizará sesións de titoría individual e en grupo para clarificar e discutir os diferentes aspectos dos traballos e casos, profundar en contidos de maneira específica e resolver dúbidas.O profesor ademais de atender ás cuestións expostas polos estudantes en cada unha das clases, atenderaos de forma máis ampla e personaliza nas sesións de tutorías.

Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberán informar ao comenzo do curso. Empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. Nos horarios de tutoría o alumno será atendido para aclarar aquelas dúbidas que lle xurdan para a preparación da materia.

As tutorías serán a través de TEAMS.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A9 A10 B2 B3 B6 B7 B9 B10 B11 B14 C4 C6 C7 C11 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar a solución de problemas empregando os coñecementos específicos desta materia. 30
Estudo de casos A2 A8 A9 A10 A11 A15 A21 A22 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 C1 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumno para aplica a metoloxía do caso empregando os coñocementos específicos desta materia. 70
 
Observacións avaliación

Avaliación Segunda Oportunidade: O sistema de avaliación
aplicado na primeira oportunidade manterase para a segunda oportunidadade.

A segunda oportunidade permitirá que o estudante que non presentase de forma completa e correcta o proxecto na primeira oportunidade poda facelo con posterioridade. Asemade, hai a posibilidade de que o estudante poda presentar un proxecto diferente ao do seu grupo se existe unha causa xustificada.

Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma Moodle e
o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de
contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un
calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a
mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba
de avaliación que o alumnado a tempo completo.



Cualificación
de non presentado Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de
avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación
final, con independencia da cualificación alcanzada.



Brealey, R.;Myers, S.; Allen, F. (2010). Principios de Finanzas Corporativas. McGraw-Hill,9ª Ed. 


Durbán, S.;Irimia, A.I.; Oliver, M.D.; Palacín, M.J. (2009). Planificación financiera en la práctica empresarial. Ediciones Pirámide, Madrid.


Ademáis, será o propio estudante quen busque as referencias documentais e materiais bibliográficos para resolver os problemas que se lle formulen. 

Adicionalmente os docentes proporán materiais concretos ao longo do desenvolvemento da materia.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
No referente a entrega de traballos que se realicen nesta materia daráse preferencia a súa presentación en formato virtual e/ou soporte informático.

Se terán en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías