Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dirección xeral Código 611507009
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Martinez Fernandez, Valentin
Correo electrónico
valentin.martinez@udc.es
Profesorado
Casal Rodríguez, Bruno
González García, Isaías
Martinez Fernandez, Valentin
Correo electrónico
bruno.casal@udc.es
isaias.gonzalezg@udc.es
valentin.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten unha orientación eminentemente práctica. Preténdese que o estudante a través dunha dinámica de grupo desenvolva todas as competencias que un directivo debe despregar na súa actividade profesional. En particular, porase especial fincapé na integración de todos os aspectos da empresa (comerciais, produción, persoal, financeiro, etc.) na toma de decisións. Abórdase a materia desde unha visión sistémica da empresa.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios.
2. Metodoloxías
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as mesmas
*Metodoloxías docentes que se modifican
Mantéñense as mesmas adaptadas á contorna de formación virtual.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Levarase a cabo a través das seguintes ferramentas: correo electrónico, Moodle e Teams dacordo ás necesidades e aos propios requirimentos do alumnado.

4. Modificacións na avaliación
No se efectúa ningunha; aínda que, adaptarase á contorna da formación virtual, mediante a utilización de plataformas como Moodle e Teams.

Observacións de avaliación:
Mantéñense os mesmos criterios que para a formación presencial, aínda que adaptados á contorna de formación virtual.
Na segunda oportunidade os criterios de avaliación serán os mesmos que os aplicados na modalidade presencial, se ben adaptada a un entorno de formación virtual.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.



Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender o modelo actual da empresa, incluíndo as formas xurídicas máis acaídas, a partir da existencia de diferentes grupos de interese con obxectivos diferenciados. AP2
AP3
AP4
AP14
AP15
AP17
BP1
BP2
BP3
BP4
BP11
BP13
BP14
CP1
CP2
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
CP9
CP10
CP11
Comprender que a estratexia empresarial é a ferramenta básica da dirección para conseguir a supervivencia e a consecución dos obxectivos nun contorno determinado. AP2
AP5
AP6
AP7
AP8
AP9
AP11
AP14
AP15
AP16
AP17
AP18
AP19
AP20
AP24
BP1
BP2
BP3
BP4
BP7
BP9
BP10
BP12
Comprender que a empresa é un sistema socio técnico onde o factor humano debe ser debidamente xestionado (deseño de organigrama e estruturas organizativas, motivación, liderado, etc.). AP12
AP13
AP14
AP23
AP24
AP25
BP6
BP8
BP9
BP10
BP11
CP1
CP5
CP6
Aplicar conceptos como a xestión total de calidade TQM ao deseño de produtos e procesos AP11
AP15
AP21
AP22
BP10
BP12
CP2
CP5
CP7
Diferenciar dentro da estratexia os niveis corporativo, competitivo e funcional (marketing, operacións, finaceira, recursos humanos, I+D+i, etc). AP6
AP7
AP8
AP11
AP12
AP13
AP15
AP21
BP3
BP7
BP8
BP9
BP10
BP13
CP2
CP4
CP5
CP6
Apoiar as decisións directivas nos sistemas de información empresarial, en concreto sobre a contabilidade a partir do coñecemento e análise dos estados financeiros. AP8
AP9
AP10
AP15
AP18
AP19
AP21
AP22
BP6
BP7
BP8
BP9
CP1
CP2
CP4
CP7
CP10
CP11
Desenvolver os roles interpersoais, informativos e de decisión dun directivo e reformular os modelos mentais ante novos tipos de problemas. AP11
AP12
AP13
BP6
BP7
BP8
BP14
CP4
Analizar criticamente a realidade do contorno e do interior da empresa. Identificar novos problemas e resolver os actuais. AP5
AP11
AP12
AP15
BP6
BP7
BP8
BP9
BP15
CP4
CP5
CP7
Ter unha actitude postiva cara ao traballo en equipo e desenvolver ferramentas para que este se desenvolva de maneira eficiente. AP13
AP23
AP24
BP3
BP7
BP8
CP2
CP3
CP4
Asumir a resolución dos problemas de xestión empresarial con ética profesional. AP11
BP8
BP9
BP10
BP11
BP12
CP1
CP2
CP5
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Contorno e Competencia Análise do Contorno e Competencia
Niveles de estratexia Corporativa
Competitiva. Modelos de negocio
Funcionais (marketing, operacións, financeira, recursos humanos, I+D+i, etc.)
Obxectivos empresariais Nivel estratéxico
Nivel táctico
Nivel operativo
Avaliación de alternativas estratéxicas Sistemas de avaliación
Formas xurídicas Civís
Mercantís
Outras
Estrutura empresarial Deseños organizativos
Mecanismos de integración
Avaliación
Dirección e liderado Modelos de tomas de decisións
Estilos de liderado
Sistemas de planificación e control Plans directores
Plans estratéxicos
Plans operativos anuais
orzamentos
Sistemas de control
Sistemas de información Diseño e implantación
Sistemas de información contable: balance, cuentas de resultados, estado de flujos de efectivo, etc.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 20 40 60
Solución de problemas A20 B6 B7 B8 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C10 C11 8 24 32
Presentación oral C1 C2 C5 C6 C7 C10 4 8 12
Discusión dirixida A20 B3 B4 B10 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C10 C11 8 24 32
Análise de fontes documentais C1 C2 C5 C6 C7 C10 C11 1 3 4
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Os grupos de traballo asignados á realización do proxecto de empresa resolverán cuestións relativos aos temas que conforma o apartado de Contidos. Será o profesor/a quen propoña os casos para desenvolver os ditos contidos e buscará a conexión destes contidos coa realización do proxecto final.
Os grupos non se poderán disolver, en caso de problemas entre os integrantes do grupo, serán os propios alumnos quenes deberán de xestionar os conflitos ou resolver as discrepancias. Non poderán abandonar o grupo ao cal fosen asignados.
Solución de problemas Os alumnos deberán desenvolver habiliades para identificar os problemas que xorden na xestión empresarial, recollida nos diferentes capítulos dos contidos, e resolvelos de maneira eficiente e rigorosa.
Presentación oral Os estudantes de maneira individual ou en grupo deberán defender diante do profesor e doutros estudantes a validez das decisión adoptadas dentro dos problemas que se identifiquen.
Discusión dirixida A partir do intercambio de ideas dos estudantes guiados por unha metodoloxía inducida polo docente, deberán formular unha discusión fundamentada orientada á toma de decisións.
Análise de fontes documentais Os estudantes deberán adquirir habilidades no manexo de diferentes fontes documentais e bases de datos que lles axuden no proceso de formulación e resolución dos problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Presentación oral
Solución de problemas
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Descrición
O profesor organizará sesións de titoría individual e en grupo para clarificar e discutir os diferentes aspectos dos traballos e temas, profundar en contidos de maneira específica e resolver dúbidas.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A20 B3 B4 B10 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C10 C11 Valorarase a capacidade e participación do alumno na discusión do caso de empresa conforme ás directrices marcadas nesta metodoloxía. 10
Presentación oral C1 C2 C5 C6 C7 C10 Valorarase a capacidade do alumno para presentar oralmente os coñecementos específicos desta materia aplicados ao caso de empresa. 30
Solución de problemas A20 B6 B7 B8 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar a solución de problemas utilizando os coñecementos específicos desta materia. 30
Análise de fontes documentais C1 C2 C5 C6 C7 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumno para buscar e analizar as fontes documentais relativas a esta materia e necesarias para solucionar o seu caso de empresa. 10
Estudo de casos A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar a metodoloxía do caso utilizando os coñecementos específicos desta materia. 20
 
Observacións avaliación
Avaliación Segunda Oportunidade e Convocatoria adiantada: O sistema de
avaliación aplicado na primeira oportunidade manterase para as demais
oportunidades de acordo aos seguintes criterios.


Para os estudantes que participaron activamente, no proxecto
empresarial, desenvolto polo equipo ao que foron asignados, na cal
consta a súa participación mediante a pertinente avaliación continua,
pediráselles que realicen e presenten un traballo coreixido e ampliado
daquela parte ou partes que non alcanzasen os mínimos requiridos.

Para aqueles estudantes que non participasen de modo activo, no proxecto
empresarial, desenvolto polo equipo ao que foron asignados,
esixiráselles que realicen e presenten un traballo inédito relacionado co
proxecto e cun enfoque orixinal, sempre en coherencia coa visión
integral do realizado polo alumnado que superou a primeira oportunidade.
Neste caso na segunda oportunidade os criterios de avaliación serán do
100%.


Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención
de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma
Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal
para a xestión de contidos, titorías e a entrega de
traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de
datas compatible coa súa dedicación, pero terán a mesma obrigación de
realizar actividades e de acudir a calquera tipo de proba de avaliación
que o alumnado a tempo completo.

Cualificación de non presentado Corresponde ao alumno,
cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación alcanzada.


Fontes de información
Bibliografía básica

Será o propio estudante quen busque as referencias documentais e materiais bibliográficos para resolver os problemas que se lle formulen. Tamén os docentes proporán materiais concretos ao longo do desenvolvemento da materia.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías