Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Modelos de Xestión Pública Código 611532010
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Garcia Lorenzo, Antonio
Correo electrónico
antonio.garcia.lorenzo@udc.es
Profesorado
Gago Cortés, María Carmen
Garcia Lorenzo, Antonio
Correo electrónico
m.gago@udc.es
antonio.garcia.lorenzo@udc.es
Web http://mastereconomia.gal
Descrición xeral Esta materia nace en resposta ás crecentes esixencias de eficiencia e sustentabilidade na xestión pública, proporcionando os instrumentos necesarios para levar a cabo un proceso máis racional de toma de decisións neste ámbito.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral.
- Proba mixta (computa na avaliación).
- Estudo de casos (computa na avaliación).
- Atención personalizada.

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Non se realizarán cambios.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos casos prácticos.
- Moodle/Faitic: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen dos foros da materia para formular as consultas necesarias.
- Teams/emeeting: Sesións en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos casos prácticos na franxa horaria que ten asignada a materia. Ademais, realizaranse as sesións que demande o alumnado en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos casos prácticos. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
- Non se realizarán cambios.

*Observacións de avaliación:
- Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar os problemas de axencia aos que a Administración Pública trata de responder co deseño das súas políticas. Identificar os instrumentos adecuados para lograr a mellora da eficiencia dos recursos empregados na instrumentación das políticas públicas. AM7
AM11
BM8
CM10
Desenvolver modelos organizativos e reformas institucionais ao servizo dunha xestión pública eficiente. AM12
AM13
BM6
Orientar a las instituciones públicas en su relación con el sector privado y sugerir instrumentos de seguimiento y control para observar los resultados. AM5
AM10
CM1
CM4
CM5

Contidos
Temas Subtemas
Os seguintes temas desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: - Os mecanismos da Teoría da Axencia como referencia na análise económica da xestión pública, incentivos, avaliación de esforzo e supervisión.
- A cooperación público-privada.
- Os mecanismos de licitación.
- Os mercados internos de competencia pública.
INTRODUCIÓN: A NOVA XESTIÓN PÚBLICA E A TEORÍA DA AXENCIA - INTRODUCIÓN.
- OS ELEMENTOS DIFERENCIADORES NA XESTIÓN PÚBLICA.
- OS OBXECTIVOS PARA A REFORMA DA XESTIÓN PÚBLICA.
- UNHA VISIÓN TEMPORAL DOS INSTRUMENTOS PARA A REFORMA DA XESTIÓN PÚBLICA.
- OS RETOS FUTUROS NA XESTIÓN PÚBLICA.
- AS RELACIÓNS DE AXENCIA NOS DISTINTOS NIVEIS DA XESTIÓN PÚBLICA.
- INCENTIVOS, AVALIACIÓN DO ESFORZO E SUPERVISIÓN.
- OS MECANISMOS DA TEORÍA DA AXENCIA COMO REFERENCIA NA ANÁLISE ECONÓMICA DA XESTIÓN PÚBLICA.
TEMA 1. OS CAMBIOS ORGANIZATIVOS - MODELOS DE XESTIÓN.
- INCENTIVOS E CONTROL NOS MODELOS DE XESTIÓN.
- OS CAMBIOS ORGANIZATIVOS A TRAVÉS DALGÚNS CASOS.
TEMA 2. OS INCENTIVOS MONETARIOS - INTRODUCIÓN.
- PROBLEMA PRINCIPAL-AXENTE.
- OS CONTRATOS PROGRAMA.
- ANÁLISE DE CASOS.
TEMA 3. A CONTRATACIÓN EXTERNA - INTRODUCIÓN.
- A CONTRATACIÓN EXTERNA COMO ALTERNATIVA Á PRODUCIÓN DIRECTA.
- INTEGRACIÓN VERTICAL OU CONTRATACIÓN EXTERNA.
- ANÁLISE DE CASOS.
TEMA 4. OS MECANISMOS DE LICITACIÓN - INTRODUCIÓN.
- OS MECANISMOS DE POXA.
- OS MECANISMOS DE CONCURSO.
- ANÁLISE DE CASOS.
TEMA 5. OS MERCADOS DE DEREITOS DE PROPIEDADE - INTRODUCIÓN.
- OS RECURSOS DE PROPIEDADE COMÚN.
- ANÁLISE DE CASOS.
TEMA 6. OS MERCADOS INTERNOS DE COMPETENCIA PÚBLICA - INTRODUCIÓN.
- A IMPLANTACIÓN DOS MERCADOS DE COMPETENCIA PÚBLICA.
- ANÁLISE DE CASOS.
TEMA 7. OS MECANISMOS DE COPAGO - INTRODUCIÓN.
- A APLICACIÓN DOS MECANISMOS DE COPAGO.
- ANÁLISE DE CASOS.
TEMA 8. INTERVENCIÓN PÚBLICA MEDIANTE O USO DE VALES, BONOS OU CHEQUES - INTRODUCIÓN.
- A IMPLANTACIÓN DO SISTEMA DE VALES, BONOS OU CHEQUES.
- ANÁLISE DE CASOS.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A7 A10 A11 A12 B8 C1 7 33 40
Proba mixta A13 B6 C10 2 21 23
Sesión maxistral A5 C4 C5 10 0 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de traballo, desde a perspectiva da análise económica da xestión pública, para chegar a unha decisión razoada.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
Sesión maxistral Exposición verbal a través da que o alumno e o profesor interactúan dun modo ordenado, expoñendo temas relacionados coa nova xestión pública.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Sesión maxistral
Estudo de casos
Descrición
Con carácter xeral e para todas as metodoloxías, está deseñada para promover unha aprendizaxe autónoma dos estudantes e a resolución de problemas, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais).
Tanto as titorías de grupo reducido, como as individuais ou grupais realizaranse de forma virtual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 B6 C10 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. 40
Estudo de casos A7 A10 A11 A12 B8 C1 Seguimento da aprendizaxe do alumnado nas sesións programadas a través da súa participación nas mesmas e da realización e defensa dos casos propostos 60
 
Observacións avaliación

Terase en conta a participación do alumnado nas sesións programadas. Utilización da bibliografía
recomendada no programa. Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o
desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose
necesario. A.-Exame: 40% da cualificación. 
B.-Estudo de casos: 60% da cualificación. A nota agregada deberá ser
igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.

Os criterios de avaliación son os
mesmos para a primeira e a segunda oportunidade de cada convocatoria, así como
para a convocatoria adiantada. No caso de non superar a materia na primeira
oportunidade, pódese gardar a puntuación dos casos prácticos (parte B) para a
segunda oportunidade, ou pódense recuperar os casos prácticos, que
deberán presentarse tres días antes da data sinalada para a proba oficial.

No caso de alumnado con
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
empregarase a plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de
comunicación principal para a xestión de contidos, atención personalizada e
entrega de casos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de
datas compatible coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar
actividades e probas de avaliación que o alumnado a tempo completo. A efectos
de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando
só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior
ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación
conseguida.


Fontes de información
Bibliografía básica Albi, E. y Onrubia, J. (2015). Economía de la Gestión Pública: cuestiones fundamentales. Madrid: Ramón Areces.
Albi, E. et al. (2000). Economía Pública II. Barcelona: Ariel Economía.
Albi, E. et al. (1997). Gestión Pública. Barcelona: Ariel Economía.
- Auerbach, A.J. y Feldstein, M. (eds.) (2002). Handbook of Public Economics. Amsterdam: North-Holland Publishing Company.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise de Decisións Económicas e Mercados/611532001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións:

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías