Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Análise Económica Rexional Código 611532012
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Bruna Quintas, Fernando
Correo electrónico
f.bruna@udc.es
Profesorado
Bruna Quintas, Fernando
Correo electrónico
f.bruna@udc.es
Web http://es.linkedin.com/in/fernandobruna
Descrición xeral A ciencia económica ten considerado tradicionalmente que o comportamento dos axentes nun territorio era independiente do comportamiento dos axentes en territorios veciños. Realmente, este suposto é mais unha excepción que unha regra. Nesta materia abórdase a análise de fenómenos económicos contextualizados nun territorio, en calqueira dos seus niveis de agregación, aínda que se fai fincapé na dimensión rexional e urbana.

O curso céntrase na análisis empírica usando o software R. Para iso farase unha introdución xenérica á programación e análise de datos con R, pasando posteriormente a usar R como Sistema de Información Xeográfica (SIX) e á análise espacial. Na parte final debatiremos as aplicaciones realizadas polos estudiantes.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Todas. As sesión presenciais reconverteranse a sesións virtuais.
*Metodoloxías docentes que se modifican
– As clases maxistrais serán virtuais.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Conferencia virtual dúas veces por semana durante o período de aulas.
– Titoría persoal por conferencia virtual e correo electrónico cando sexa necesario.
4. Modificacións na avaliación
– Ningunha
*Observacións de avaliación:
– Ningunha
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
– Ningunha


Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aprender a programar en R e a traballar con datos espaciais, así como adquirir experiencia práctica na análise empírica dun probrema aplicado ao espazo. AM1
AM3
AM4
AM5
AM6
AM9
AM10
AM13
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
BM10
BM11
BM12
BM13
CM4
CM5
CM6
CM9
CM10
Diferenciar os distintos modelos aplicables para valorar a actividade económica rexional en casos concretos de estudo, desenvolver posibles planteamentos para o seu seguimento e estudo e avaliar as distintas alternativas de desenvolvemento territorial. AM2
AM3
AM4
AM6
AM7
AM8
AM9
AM11
AM12
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
BM10
BM11
BM12
BM13
CM5
CM6
CM9
Sensibilizar sobre a relevancia dos aspectos territoriais na toma de decisións económicas estratéxicas e valorar a importancia dos elementos espaciais na análise económica para a consecución de maiores niveis de benestar social. BM9
BM10
BM11
BM12
BM13
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
CM9
CM10

Contidos
Temas Subtemas
Parte I - Introdución a R Sesión 1 - Fundamentos
Sesión 2 - Programación dunha análise empírica
Sesión 3 - Exercicio práctico
Parte II - Introdución á análise espacial con R Sesión 4 - Fundamentos
Sesión 5 - Mapas e análise de datos espaciales
Sesión 6 - Exercicio práctico
Parte III - Temas de economía espacial Sesión 7 - Casos de estudio dos alumnos I
Sesión 8 - Casos de estudio dos alumnos II

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A1 A2 A3 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C6 9 18 27
Prácticas a través de TIC A3 B3 B7 B11 B13 C6 C9 C10 1 9 10
Traballos tutelados A4 A1 A2 A3 A6 A9 B2 B3 B4 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 5 30 35
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Asistencia activa en clase
Prácticas a través de TIC Estudio personal dos programas de R do curso e realización dos exercicios
Traballos tutelados Elaboración dun traballo de investigación

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Debate na aula e titoría persoal, por videoconferencia ou presencial

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A1 A2 A3 A6 A9 B2 B3 B4 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 Traballo de investigación, utilizando técnicas de análise empírica con R. 100
 
Observacións avaliación
Un 100% da cualificación virá por avaliación continua. E esta consistirá na realización dun traballo de investigación utilizando xestión de datos e técnicas de análise empírica con R e, en particular, técnicas de análise xeográfica. En función do calendario, poderá haber dúas entregas, a primeira como borrador, para recibir correccións, e a segunda como entrega final.

A selección do tema de investigación ha de ter lugar canto antes, en conversas co profe-sor da materia. Vocacionalmente esta materia está orientada a achegar valor ao traballo de fin de máster (TFM). Daquela, suxírese realizar un traballo sobre un tema que sexa útil para o TFM ou, directamente, ampliar logo o traballo desta materia para o converter en TFM.

Os criterios de avaliación do traballo serán:
  • Estrutura e presentación: 10%
  • Respecto ás normas dun artigo científico: 20%
  • Redacción: 10%
  • Pregunta de investigación/obxectivo, lóxica narrativa e conclusións: 20%
  • Dificultade do tema, esforzo en R e en lecturas: 20%
  • Sofisticación do código de R: 20%

Este traballo será obrigatorio para os/as estudantes con "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia".

Fontes de información
Bibliografía básica Glaeser, Edward L. (2008). Cities, Agglomeration, and Spatial Equilibrium (The Lindahl Lectures). Oxford: Oxford University Press
Baldwin, Richard E. et al. (2003). Economic geography and public policy. Princeton: Princeton University Press
Fischer, M. M. & P. Nijkamp, Peter (Eds.) (2014). Handbook of regional science . New York: Springer
Capella, Roberta (2007). Regional economics. London: Routledge
Brakman, Steven et al. (2009). The new introduction to geographical economics. Cambridge, UK ; New York: Cambridge University Press
McCann, Philip (2001). Urban and regional economics. Oxford: Oxford University Press

Entregarase un documento con referencias online sobre R e análise espacial con R.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Métodos Cuantitativos/611532004
Técnicas de Investigación/611532006
Técnicas Econométricas/611532003
Análise de Conxuntura Económica e Crecemento/611532002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará  está nesa lingua. É recomendable que os estudantes teñan algún coñecemento previo sobre R (https://www.r-project.org/), aínda que se empezará a explicar dende cero. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías