Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estatística II Código 611G01014
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Perez Lopez, Jose Benito
Correo electrónico
benito.perez@udc.es
Profesorado
Perez Lopez, Jose Benito
Correo electrónico
benito.perez@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecer e comprender os conceptos fundamentais da Inferencia estatística, así como o manexo das súas ferramentas básicas.
Coñecer e comprender os conceptos básicos da Teoría das Mostras.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
A metodoloxía docente exposta nesta guía docente utilizarase independentemente do grao de presencialidade baixo o que se imparta a materia.

*Metodoloxías docentes que se modifican
En caso de que a docencia e as titorías non poidan impartirse de xeito presencial, empregaranse as ferramentas de Teams e Moodle.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. Os correos recibidos contestaranse no horario de titoría do profesorado, salvo que a demanda de titorías personalizadas obrigue a unha extensión do horario anunciado. De uso para expor consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas, e realizar o seguimento do traballo tutelado.
- Moodle: diariamente. As mensaxes recibidas contestaranse no horario de titoría do profesorado, salvo que a demanda de titorías personalizadas obrigue a unha extensión do horario anunciado. En caso necesario crearanse foros específicos para cada actividade do curso, co fin de canalizar as discusións sobre os diferentes contidos da materia.
- Teams: as sesións estableceranse a demanda do alumnado, expostas a través do correo electrónico ou de Moodle, tanto no que respecta ao número de persoas implicadas como ao contido das mesmas. Esta dinámica permitirá realizar un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver as actividades contempladas na materia.

4. Modificacións na avaliación
Non se realizará ningunha modificación na avaliación.

*Observacións de avaliación:
Mantéñense todas as observacións de avaliación que figuran na guía docente, coa condición de que se o profesorado considérao necesario publicaranse no Moodle da materia adaptacións das normas de actividades concretas, co fin de acomodar a súa avaliación ás novas circunstancias.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, comprender e manexar os conceptos básicos da inferencia estatística A4
A5
A7
A9
A11
A13
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C2
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer, comprender e manexar os conceptos básicos da mostraxe A3
A4
A5
A7
A9
A10
A11
A12
A13
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer e saber acceder ás fontes básicas de tipo socioecónomico A1
A2
A6
A7
A8
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C3

Contidos
Temas Subtemas
1.- Introducción á inferencia estatística 1.1 Poboación e mostra: tipos de mostraxe
1.2 Estatísticos e as súas distribucions na mostraxe
1.3 Mostraxe en poboacións normais
2.- Conceptos básicos de estimación 2.1 Estimación puntual
Introdución
Propiedades desexables
Métodos de estimación
2.2 Estimación por intervalos
Introdución
Intervalos de confianza en poboacións normais
Intervalos de confianza en mostras grandes
3.- Contrastes paramétricos 3.1 Conceptos básicos e teorema de Neyman-Pearson
3.2 Contrastes en poboacións normais
3.3 Contrastes en mostras grandes
3.4 p-valor
4.- Contrastes non paramétricos 4.1 Características do enfoque non paramétrico
4.2 Principais contrastes non paramétricos
5.- Mostraxe en poboacións finitas 5.1 Introdución á mostraxe
5.2 Mostraxe irrestrictamente aleatoria ou mostraxe aleatoria simple (m.a.s.) sen reposición
5.3 Comparación da mostraxe irrestrictamente aleatoria co m.a.s. con reposición
5.4 Mostraxe estratificada
6.- Fontes estatísticas de tipo socioeconómico 6.1 La organización de la estadística oficial en el ámbito nacional e internacional.
6.2 Principales estadísticas en el ámbito socioeconómico.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A7 A9 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 17 51 68
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A6 A8 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 16 32 48
Prácticas a través de TIC A10 C3 C6 4 4 8
Proba mixta C1 2 0 2
Proba oral A3 A4 A5 2 4 6
Proba de ensaio A5 A13 C4 C5 C7 C8 3 9 12
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia ...). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes. O obxectivo é introducir ao alumnado nos conceptos da materia, transmitirase así a base de coñecemento que o alumnado necesita para comezar o seu traballo e iniciar a súa aprendizaxe.
Obradoiro Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado: proposición e resolución de aplicacións da teoría, proposición e supervisión de traballos dirixidos, problemas, exercicios, presentación, exposición, debate ou comentario de traballos, aclaración de dúbidas sobre teoría, etc.. Sen embargo tamén é posible que o profesor expoña algúns conceptos, exposición orientada principalmente a deixar clara a súa aplicación ou en todo caso como simple complemento das sesións maxistrais.
Dentro destas aulas realizaranse actividades de avaliación, xa sexa mediante exercicios individuais ou exercicios realizados en grupo.
Prácticas a través de TIC Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado. Traballarase con apoio do ordenador, e reservarase para temas ou conceptos nos que a intensidade dos cálculos o recomenda. De xeito trasversal tamén se introducirá ao alumnado no traballo en estatística con medios informáticos.
Proba mixta Realizarase unha proba mixta, que se corresponderá co exame final. Esta proba considerarase fundamental na avaliación, polo que será necesario obter nela un mínimo do 40% da nota para computar as outras actividades que se avalían.

Como alternativa a esta proba mixta final e co obxectivo de motivar o traballo continuado e repartido do alumnado, o profesorado pode propoñer algunha proba mixta intermedia, organizada ao longo do período docente. Superar o conxunto destas probas intermedias será equivalente a superar a proba final.
Para a realización das probas mixtas, o profesorado pode pedir o cumprimento de algunha condición
Proba oral Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento .
Proba de ensaio Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba oral
Descrición
Atencion persoalizada ao alumno para a resolucion das dúbidas que puidesen aparecer, non só na resolucion de exercicios se non en calquera outra fase do proceso de aprendizaxe. Tamén se desenvolverán mediante as titorías en grupos reducidos

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta C1 Como alternativa á proba mixta final (examen final de xaneiro o xullo) e co obxectivo de motivar o traballo continuado e repartido do alumnado, o profesorado pode realizar proba(s) mixtas, organizadas ao longo do período docente. Para a realización das probas mixtas, o profesor pode pedir o cumprimento dalgunha condición 70
Proba de ensaio A5 A13 C4 C5 C7 C8 Consiste na realización de exercicio/s ou traballo/s, individuais ou en grupo.
Cada traballo pode ser obxecto dalgún sistema de comprobación por parte do profesor
30
 
Observacións avaliación

As probas e actividades de avaliación da materia realizaranse unicamente nas datas previstas, salvo causa excepcional, sometida a criterio do profesor.

As datas de realización da proba mixta e das probas de ensaio anunciaranse na aula coa suficiente antelación. A proba mixta considérase fundamental na avaliación, sendo necesario obter nela un mínimo. Se un alumno non obtén ou mínimo esixido deberá realizar a proba final nas oportunidades de xaneiro ou de xullo.

Aprobarase a materia cando se obteñan a metado ou máis no cómputo global da materia, alcanzando a nota mínima na proba mixta.

Os alumnos que non obtivesen a nota mínima na proba mixta  e, con todo, o cómputo global da avaliación resultase ser superior a 5 puntos sobre 10, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4,5.

Os alumnos que o desexen poderán presentarse a subir nota no exame final da primeira oportunidade, previa notificación ao profesor e autorización por parte deste. Os criterios de avaliación na segunda oportunidade serán os mesmos que os aplicados na primeira oportunidade.

Os alumnos que se presenten á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia realizaráselles unha proba mixta que suporá o 100% da cualificación final.

 Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 



Os mesmos criterios anteriores aplicaranse a os alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Casas Sánchez, J.M. (1996): Inferencia estadística para economía y administración de empresas. Editorial Centro de Estudios Ramón Areces, Madrid.
Casas Sanches, J.M. y otros (2006): Ejercicios de inferencia estadística y muestreo para la economía y la administración de empresas. Pirámide, Madrid.
Martin Pliego, F.J. y Ruiz-Maya Perez, L. (2004): Fundamentos de inferencia estadística. Thomson-AC, Madrid.
Pérez Suárez, R y López, A.J. (1997): Análisis de datos económicos II, Métodos inferenciales. Pirámide, Madrid.

Pérez López, C. (2002): Estadística aplicada a través de Excel. Printice Hall, Madrid.

Pérez López, C. (2010): Técnicas de muestreo estadítico. Ibergarceta Publicaciones, Madrid.

Bibliografía complementaria

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística I/611G01006
Matemáticas I/611G01009
Matemáticas II/611G01010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría/611G01019

Observacións

As materias de Matemáticas son recomendable para cursar a materia de Estatística I, xa que facilitan o traballo, sen embargo, con algo mais de esforzo tamén se pode superar a Estatística II, ainda que non se teñan superadas as Matematicas No caso da Estatística I, para os alumnos que non a teñan superada, sería moi recomendable que tiveran polo menos uns coñecementos básicos, que poderían ter adquirido simplemente intentando aprobar esa materia, ou nos cursos de bacharelato. Como compensación ao esforzo que terán que realizar para cursar Estatística II sen ter superada a Estatística I está o feito de que practicarán conceptos da materia de primeiro.

O material didáctico principal figurará na plataforma virtual da materia (moodle), ou poderá accederse a partir dela.

Recoméndase o uso continuo da bibliografía, o material de apoio utilizado nas clases e manter unha comunicación fluida co docente.

Requírense coñecementos mínimos de inglés, especialmente en comprensión lectora, xa que parte do material que se facilitará ao alumnado estará nesta lingua.

Recomendación do obxectivo de facultade sostible:

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 

 a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

 b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías