Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Econometría II Código 611G01027
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 2
Coordinación
Arranz Perez, Matilde
Correo electrónico
matilde.arranz@udc.es
Profesorado
Arranz Perez, Matilde
Correo electrónico
matilde.arranz@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia é unha ampliación da Econometría I que analiza diversos temas de gran interese teórico e aplicado para a especificación e estimación de modelos econométricos.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender as consecuencias que sobre os estimadores MCO dos coeficientes do modelo clásico ten o incumprimento dalgunhas das súas hipóteses. A1
A2
A3
A4
A7
A8
A9
A10
A12
A13
B1
B2
B3
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Saber a forma en que un modelo econométrico pode incorporar información cualitativa. A1
A2
A3
A4
A7
A8
A9
A10
A12
A13
B3
B4
B5
B6
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer e comprender a forma en que os modelos dinámicos e os de ecuacións múltiples poden ser especificados e estimados. A1
A2
A3
A4
A7
A8
A9
A10
A12
A13
B9
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer e comprender a utilidade dos modelos econométricos para analizar as relacións económicas que se presentan na economía real. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
B1
B3
B7
B8
B9
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Utilizar ferramentas informáticas adecuadas para a aplicación das competencias anteriores. A7
A9
A10
C3

Contidos
Temas Subtemas
1) As variables ficticias nos modelos econométricos. 1.1. Definición.
1.2. Incorporación das variables ficticias ao modelo.
1.3. Contrastes de estabilidade muestral.
1.4. O caso de estacionalidade.
2) Incumprimento dalgunhas hipóteses do modelo clásico. 2.1. Omisión de variable relevante.
2.2. Inestabilidade muestral paramétrica: contrastes de Chow e de residuos recursivos.
2.3.Non normalidade da perturbación.
3) Modelos dinámicos. 3.1. Modelos de retardos distribuídos.
3.2. Modelos autorregresivos.
3.3. Estimación de variables instrumentais.
4) Estimación de mínimos cadrados en dúas etapas (MC2E).

4.1. Modelos de ecuacións simultáneas.
4.2. Identificación do modelo.
4.3. Estimación de mínimos cadrados bietápicos.
4.4. O contraste de Hausman.
5) A Econometría Aplicada.
5.1. Econometría: os seus fins e procedemento.
5.2. Aplicacións dos modelos econométricos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A2 A7 A9 A11 B1 3 0 3
Sesión maxistral A9 A11 B2 B8 B9 17 34 51
Obradoiro A1 A3 A4 A8 A13 B3 B4 C1 C4 C5 C7 C8 15 30 45
Prácticas a través de TIC A5 A6 A7 A10 A12 C3 7 28 35
Proba mixta B5 B6 B7 B8 C6 2 9 11
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O curso comezará cunha sesión expositiva na que se presentará a materia, exporanse con detalle o traballo a desenvolver polos alumnos e os criterios de avaliación e, repasaranse os conceptos básicos das materias de Econometría anteriormente cursadas.
Sesión maxistral
Docencia expositiva consistente en leccións impartidas polos profesores, nas que se desenvolverá o contido teórico do programa mediante exposición oral complementada por medios audiovisuais.
Obradoiro Docencia interactiva dedicada á solución de exercicios nos que se aplican os conceptos teóricos.
Prácticas a través de TIC Sesións interactivas dedicadas á presentación e aplicación das ferramentas informáticas relacionadas cos contidos do programa.
Proba mixta Realizaranse en clase algunhas probas para avaliar o grao de aprendizaxe. Poderán substituír, en todo, ou en parte, ao exame final. O número e a data delas determinarase, oportunamente, segundo o desenvolvemento do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Descrición
- Resolución das dúbidas específicas de cada alumno que se poidan suscitar na comprensión dos conceptos teóricos ou na súa aplicación práctica.
- Adaptación do ensino das ferramentas informáticas ás características de cada alumno.
- Sesións para preparar as probas obxectivas.
- Tratamento de todas as cuestións relacionadas co traballo que os alumnos haxan de realizar como parte do proceso de aprendizaxe.
- Formaranse dous subgrupos de alumnos. Cada un deles terá 4 horas de titoría. Avisarase en clase, con antelación, sobre o lugar e as datas en que se van celebrar.
- A atención prestarase nas horas de clase previstas para esta actividade e no horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A4 A8 A13 B3 B4 C1 C4 C5 C7 C8 Trátase da avaliación continua. Os alumnos deberán ter presenza activa nestas clases e deberán resolver e entregar os exercicios e cuestións que lles sexan propostos e na forma que lles será indicada. 30
Proba mixta B5 B6 B7 B8 C6 Trátase do exame final. Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Poderá combinar distintos tipos de preguntas de tipo teórico e práctico.
70
 
Observacións avaliación

1) A cualificación de cada alumno obterase combinando os resultados da avaliación continua ao longo do período lectivo e a nota que obteña na proba obxectiva. A avaliación continua pondera un 30% da cualificación (máximo 3.0 puntos), e a proba obxectiva o restante 70% (máximo 7.0 puntos).

2) A proba obxectiva considérase fundamental na avaliación, polo que será necesario obter nela un mínimo de 2.5 puntos para superar a materia. O alumno que non alcance esta puntuación mínima, será cualificado cun máximo de 4 puntos.

3) En ningún caso a parte da nota correspondente á avaliación continua poderase obter no exame final. En calquera circunstancia, devandito exame suporá como máximo 7.0 puntos.

4) Segundo o Acordo marco para a elaboración das guías docentes do Centro:

4.1 "A cualificación de Non Presentado se reserva exclusivamente ás persoas que só participasen en actividades que, en conxunto, supoñan menos do 20% da nota final". Por tanto, todos os alumnos que se presenten a actividades que supoñan un mínimo do 20% da nota final, calquera que sexa a puntuación obtida nas mesmas, terán unha cualificación numérica na materia.

4.2. "Está prohibido o acceso á aula de exame con calquera dispositivo que permita o almacenamento de información ou a comunicación co exterior". Os alumnos que os traian, deberán apagalos e depositalos á entrada da aula antes do comezo da proba; os profesores non se fan responsables da súa perda ou extravío. 


Fontes de información
Bibliografía básica Carrascal, U., González, Y. y Rodríguez, B. (2000). Análisis econométrico con EViews. Ra-ma
Guisán, M.C. (1997). Econometría. McGraw-Hill
Gujarati, D. y Porter, D. (2011). Econometría. McGraw-Hill
Ramil, M.: Rey, c.; Lodiero, M.; Arranz, M. (2012). Introducción a la Econometría. Noroeste S.L ISBN 13:978-84-92794-64-5
Arranz, M. (2015). Material para el desarrollo de las clases . Moodle

 

Bibliografía complementaria Pena Trapero, J. et al (1999). Cien ejercicios de econometría. Pirámide
Matilla, M.; Pérez, P.; Sanz, B. (2013). Econometría y predicción. McGraw-Hill
Ramil, M. y Arranz, M. (2001). Modelos de ecuaciones simultáneas. ISBN 84-688-6034-4
Pulido, A. y Pérez, J. (2001). Modelos econométricos. Pirámide

É posible que se utilicen outros libros de texto, fontes de datos e material dispoñible na rede. Informarase o curso.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística I/611G01006
Matemáticas I/611G01009
Microeconomía e Mercados/611G01012
Estatística II/611G01014
Macroeconomía/611G01017
Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría/611G01019
Econometría I/611G01022
Matemáticas II/611G02010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

É moi importante que os alumnos estean familiarizados cos contidos das materias de Introdución á Econometría e  Econometría I.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías