Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Econometría II Código 611G01027
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Lado González, Eva Mª
Correo electrónico
eva.lado@udc.es
Profesorado
Lado González, Eva Mª
Lodeiro Hermida, Maria Jose
Rey Graña, Carlota
Correo electrónico
eva.lado@udc.es
maria.lodeiro@udc.es
carlota.rey@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia é unha ampliación dos contidos da Econometría I impartida no primeiro cuadrimestre. Nela analízanse diversos temas de gran interese teórico e aplicado para a especificación e estimación de modelos econométricos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

- Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías

Metodoloxías docentes que se manteñen. Manteranse todas as metodoloxías docentes desenvolvidas na guía:

- Actividades iniciais
- Sesión maxistral
- Obradoiro
- Prácticas a través de TIC
- Proba obxectiva
- Atención personalizada


Metodoloxías docentes que se modifican:

No caso de semipresencialidade compartirase a docencia presencial coa non presencial e no caso de non presencialidade substituirase toda a docencia presencial polas clases en liña; en ambos os casos utilizarase a aplicación Teams para impartir a materia en modo non presencial.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. A resposta a través de calquera destes mecanismos realizarase, preferentemente, no horario de titorías do profesorado, salvo que a demanda de titorías personalizadas obrigue a unha extensión do horario anunciado.

- Correo electrónico: Diariamente, segundo as necesidades do alumnado. En calquera momento pódese utilizar esta ferramenta. É de utilidade para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento da materia.

- Teams: Tamén se utilizará Teams como medio de comunicación cos alumnos e para a realización das titorías individuais ou grupais, entendendo que esta ferramenta é máis áxil que o correo electrónico polo que poderá utilizarse diariamente, segundo as necesidades do alumnado.

- Moodle: Utilizarase o foro de noticias ou novidades de Moodle para poñer en coñecemento dos alumnos todos aqueles aspectos que afecten ao normal desenvolvemento da materia, mantendo desta forma un contacto permanente con eles (aviso sobre datas de probas, instrucións de realización das actividades, cualificacións, cambio dalgunha data sinalada, titorías, etc.).

4. Modificacións na avaliación

Observacións de avaliación: En canto á avaliación, tanto na modalidade de semipresencialidade como de non presencialidade, manteranse os criterios de avaliación expostos na guía docente, coa diferenza de que se eliminarán os mínimos necesarios nas probas obxectivas.

No caso de que a docencia se leve a cabo de maneira non presencial as probas de avaliación terán que ser realizadas a través da plataforma Moodle ou, de ser posible, a través de Teams, Forms ou calquera outra aplicación que permita a realización de probas e exames.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

- Non se realizarán cambios. Os alumnos terán á súa disposición materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle ou en Teams. Con independencia da modalidade docente poñeranse ao dispor dos alumnos numerosos materiais que permitan preparar os contidos teóricos e prácticos da materia, sendo Moodle ou Teams as aplicacións de referencia como repositorios de todo o material dispoñible para os alumnos.

Por outra banda, desde a biblioteca da Facultade de Economía e Empresa informouse, desde o inicio do confinamento polo COVID-19, do acceso aos recursos da biblioteca, que de forma gratuíta e en formato electrónico están dispoñibles tanto para o alumnado como para o profesorado.



Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender as consecuencias que sobre os estimadores MCO dos coeficientes do modelo clásico ten o incumprimento dalgunhas das súas hipóteses. A1
A2
A3
A4
A7
A8
A9
A10
A12
A13
B1
B2
B3
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Saber a forma en que un modelo econométrico pode incorporar información cualitativa. A1
A2
A3
A4
A7
A8
A9
A10
A12
A13
B3
B4
B5
B6
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer e comprender a forma en que os modelos dinámicos e os de ecuacións múltiples poden ser especificados e estimados. A1
A2
A3
A4
A7
A8
A9
A10
A12
A13
B9
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer e comprender a utilidade dos modelos econométricos para analizar as relacións económicas que se presentan na economía real. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
B1
B3
B7
B8
B9
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Utilizar ferramentas informáticas adecuadas para a aplicación das competencias anteriores. A7
A9
A10
C2
C3

Contidos
Temas Subtemas
1) O modelo de regresión lineal xeneralizado (MRLX)
1.1. Hipóteses do modelo. Consecuencias da estimación MCO deste modelo.
1.2. Os estimadores de mínimos cadrados xeneralizados (EMCX). Obtención.
1.3. Heterocedasticidade: estrutura, causas, contrastes, estimación e predición.
1.4. Autocorrelación: estrutura, causas, contrastes, estimación e predición.

2) As variables ficticias nos modelos econométricos. 2.1. Definición e incorporación ao modelo.
2.2. Contrastes de estabilidade da mostra.
3) Modelos de ecuacións simultáneas. 3.1. Introdución. Expresión do modelo.
3.2. Hipóteses que o definen.
3.3. Propiedades dos estimadores MCO. A estimación de variables instrumentais (VI).
3.4. A estimación de mínimos cadrados en dúas etapas (MC2E).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A2 A7 A9 A11 B1 3 0 3
Sesión maxistral A9 A11 B2 B8 B9 17 34 51
Obradoiro A1 A3 A4 A8 A13 B3 B4 C1 C4 C5 C7 C8 15 30 45
Prácticas a través de TIC A5 A6 A7 A10 A12 C2 C3 7 28 35
Proba obxectiva B5 B6 B7 B8 C6 2 9 11
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O curso comezará cunha sesión expositiva na que se presentará a materia, exporanse con detalle as actividades a desenvolver polos alumnos e os criterios de avaliación e, finalmente, repasaranse os conceptos básicos das materias de econometría anteriormente cursadas.
Sesión maxistral Docencia expositiva consistente en leccións impartidas polos profesores nas que se desenvolverá o contido teórico do programa mediante exposición oral complementada por medios audiovisuais. Incluiranse exemplos e exercicios que permitan amosar a funcionalidade e limitacións dos métodos expostos.
Obradoiro Cada taller é unha sesión interactiva na que se realizan aplicacións, exercicios e problemas que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, dende un punto de vista crítico, os resultados obtidos.
Prácticas a través de TIC Trátase de sesións interactivas dedicadas á aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas.
Proba obxectiva Proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas a través de TIC
Proba obxectiva
Descrición
É o tempo que o profesor reserva para atender e resolver dúbidas ao alumnado, ben sexa de forma individual ou en pequenos grupos. A atención prestarase nas horas de clase, nas horas prácticas a través de TIC e no horario semanal de titorías.

A atención personalizada para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia prestarase principalmente no horario semanal de titorías dos profesores.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A4 A8 A13 B3 B4 C1 C4 C5 C7 C8 Recoméndase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos e na forma que lles será indicada. Estas actividades computarán na avaliación ata un máximo de 3 puntos sobre 10. 30
Proba obxectiva B5 B6 B7 B8 C6 Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Poderá combinar distintos tipos de preguntas de tipo teórico e práctico. Esta proba computará na avaliación ata un máximo de 7 puntos sobre 10.
70
 
Observacións avaliación
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN

1. Condicións de avaliación

1.1 Normas para a realización das probas de avaliación presenciais

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Economía e Empresa, está prohibido acceder á aula na que a se celebre a proba con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, incluíndo apuntamentos da materia ou similares. Se unha persoa é vista cun dispositivo deste tipo ao seu alcance durante a proba, supoñerase que o emprega con ánimo de fraude e aplicarase a normativa correspondente.

As persoas que traian dispositivos deste tipo o día da proba –incluídos teléfonos móbiles ou reloxos intelixentes- e non teñan onde deixalos, deberán depositalos na entrada da aula antes do comezo da proba. O profesorado non se fai responsable da súa posible perda ou extravío.

1.2 Normas para a realización das probas de avaliación controladas a través de Teams

As persoas que vaian realizar a proba deben estar conectadas a Teams en todo momento, salvo que se especifique o contrario de maneira expresa nas instrucións desa proba concreta. Se unha persoa se desconecta de Teams durante a realización da proba ou sae do campo de visión da cámara durante a súa realización, a proba considerarase non entregada. Cada estudante deberá ter a cámara web activada en todo momento; a desconexión da cámara considerarase equivalente a unha desconexión de Teams, e supoñerá que a proba se considere non entregada.

O profesorado gravará a proba como garantía da identificación do estudantado e da realización do proceso de avaliación esixido pola Lei Orgánica de Universidades. É responsabilidade de cada estudante configurar o seu espazo para evitar a vulneración da intimidade ou dos datos persoais seus ou de terceiras persoas. En todo o relativo á gravación destas probas aplicarase estritamente a normativa da universidade.

Salvo que se indique o contrario, aplicaranse as mesmas normas que nunha proba presencial: non se poderá acceder a ningún dispositivo que permita a comunicación con terceiros y/ou o almacenamento de información, incluíndo apuntamentos da materia ou similares, teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, tabletas, computadores, etc. Se unha persoa é vista cun dispositivo deste tipo ao seu alcance durante a proba, supoñerase que o emprega con ánimo de fraude e aplicarase a correspondente normativa.

2. Identificación do estudante

O estudante deberá acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente. Para iso o profesorado poderá requirir en calquera momento a identificación do estudante, quen deberá acreditala mediante a tarxeta de estudante da UDC, o documento nacional de identidade, ou un documento identificativo que a xuízo do profesorado sexa equivalente aos anteriores.

3. Procedemento de actuación ante a realización fraudulenta dunha actividade que computa na avaliación

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN

1. Cualificación de non presentado

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Economía e Empresa, só serán cualificadas con Non Presentado as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final desa oportunidade.

2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

Aplicaránselle as mesmas normas de avaliación que ao estudantado matriculado a tempo completo, tanto na primeira oportunidade como na segunda. As persoas con recoñecemento de dedicación a tempo parcial están exentas da asistencia a clase, pero teñen a mesma obrigación de acudir a calquera tipo de proba de avaliación presencial que o estudantado a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

1. Primeira oportunidade

A avaliación da materia constará dun ou varios talleres e dunha proba obxectiva: os talleres terán unha cualificación máxima do 30% correspondendo o restante 70% da materia a unha proba obxectiva (ou exame liberatorio que se realizará ao finalizar o temario) na que se avaliarán os contidos da materia (temas 1, 2 e 3) sendo necesario obter un mínimo de 2.5 puntos sobre 7 nesta proba. Por tanto, para aprobar a materia é necesario alcanzar un mínimo de 2.5 puntos sobre 7 na proba obxectiva e obter polo menos 5 puntos na suma das cualificacións dos talleres e da proba obxectiva.

Os alumnos que non superen a materia deste xeito ou que, superándoa así o desexen, poderán repetir a proba obxectiva (sobre 7 puntos) na data aprobada pola Facultade de Economía e Empresa para o exame oficial da primeira oportunidade. Se unha persoa se presenta ás dúas oportunidades (ás dúas probas obxectivas) a cualificación que se utilizará no cálculo da nota final será a do segundo intento, con independencia de que sexa maior ou menor que a obtida no primeiro. Dita cualificación sumarase ás cualificacións obtidas nos talleres realizados ao longo do curso. Para superar a materia obteranse polo menos 5 puntos (unha vez sumadas as cualificacións dos talleres e da proba obxectiva) cun mínimo de 2.5 puntos na proba obxectiva.

Os alumnos que non alcanzasen a nota mínima na proba obxectiva (2.5 puntos sobre 7) e que no cómputo global da avaliación obtivesen unha puntuación igual ou superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4.5.

2. Segunda oportunidade

O exame de segunda oportunidade realizarase o día e hora fixados pola Facultade de Economía e Empresa para o exame oficial da segunda oportunidade.

Nos talleres realizados durante o curso manterase a nota obtida na primeira oportunidade, de modo que non se repetirán na convocatoria de xullo. Por tanto, a cualificación da segunda oportunidade obterase sumando a nota dos talleres á da proba obxectiva (na que se deberá alcanzar a nota mínima de 2.5 puntos sobre 7).

Para superar a materia a nota final deberá ser igual ou superior a 5 puntos. Os alumnos que non alcanzasen a nota mínima na proba obxectiva (2.5 puntos sobre 7) e que no cómputo global da avaliación obtivesen unha puntuación igual ou superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4.5.

3. Convocatoria adiantada

A avaliación correspondente á oportunidade adiantada desenvolverase a través dunha única proba que se celebrará na data e hora establecidas polo centro. Dita proba valorarase cun máximo de 10 puntos e terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos" da guía do curso académico vixente. Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 puntos nesta proba obxectiva. Estas condicións de avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só aplicaranse neste suposto.

Fontes de información
Bibliografía básica Carrascal, U., González, Y. y Rodríguez, B. (2000). Análisis econométrico con EViews. RA-MA
Guisán, M.C. (1997). Econometría. McGraw-Hill
Gujarati, D. y Porter, D. (2011). Econometría. McGraw-Hill
Fernández Gallastegui, Alonso (2004). Econometría. Pearson. Prentice Hall
Ramil, M., Rey, C., Lodeiro, M., Arranz, M. (2013). Introducción a la Econometría. Noroeste S.L ISBN 13:978-84-92794-64-5

 

Bibliografía complementaria Pena Trapero, J. et al (1999). Cien ejercicios de econometría. Pirámide
Wooldridge, Jeffrey (2015). Introducción a la econometría. Un enfoque moderno.. Cengage Learning
Ramil, M. y Arranz, M. (2001). Modelos de ecuaciones simultáneas. ISBN 84-688-6034-4
Pulido, A. y Pérez, J. (2001). Modelos econométricos. Pirámide

A medida que se avanza no coñecemento das técnicas econométricas é recomendable a lectura de artigos enfocados a resolver problemas reais da economía. Poderanse utilizar, ademáis, outros libros de texto así como distintas fontes de datos e materiais dispoñibles na rede que se detallarán ao longo do curso.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística I/611G01006
Matemáticas I/611G01009
Microeconomía e Mercados/611G01012
Estatística II/611G01014
Macroeconomía/611G01017
Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría/611G01019
Econometría I/611G01022
Matemáticas II/611G02010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
1) REQUISITOS PREVIOS

É moi importante que os alumnos estean familiarizados cos contidos das materias de Introdución á Econometría e Econometría I.

2) OUTRAS CONSIDERACIÓNS

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitarase de modo virtual, en formato dixital e sen necesidade de imprimilos.

- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías