Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Finanzas Internacionais Código 611G01037
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Iglesias Gomez, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Gomez, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia é o estudo das ferramentas básicas para o análise do funcionamento do mercado de divisas (Forex) e para dispor de fundamentos que permitan comprender a evolución dos tipos de cambio e as súas tendencias a curto e longo prazo. Os fundamentos teóricos que se estudan son, fundamentalmente, a teoría da paridade dos tipos de xuro e a teoría da paridade do poder adquisitivo. A principal aplicación práctica que se pretende explicar é o deseño de operacións de cobertura do risco cambiario mediante contratos forward para empresas de comercio exterior e empresas multinacionais. Tamén analizaránse as relacións dos tipos de cambio con mercados internacionais de financiamento e investimento.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas. Coas correspondentes adaptacións para o desenvolvemento virtual, ou semipresencial, mediante ferramentas telemáticas como Moodle, Teams ou correo electrónico.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non hai
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle, Teams e correo electrónico. Atendese baixo demanda do estudantado dacordo coa dispoñibilidade do profesor de luns a venres.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións
*Observacións de avaliación:
Realizarase a adaptación correspondente para a súa operatividade mediante ferramentas telemáticas como Moodle, Teams ou correo electrónico.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Entender a función que desempeñan os tipos tipos de cambio no comercio internacional, nos fluxos de capitais e o xeito no que estes se determinan. A1
A2
A3
A11
A12
B1
C1
Manexar un modelo económico que relacione os tipos de cambio, os tipos de interese e outras variables macroeconómicas importantes, tales como a tasa de inflación e o nivel de produción. A2
A3
A4
A11
A12
Recoñecer a influencia dos factores que afectan aos tipos de cambio reais e aos prezos relativos das monedas a longo prazo. A2
A11
A12
C1
Identificar os factores que inflúen na determinación do tipo de cambio no curto prazo. A2
A11
A12
C1
Coñecer as principais vías de influencia das políticas monetaria e fiscal sobre o tipo de cambio e a produción nacional a curto prazo. A2
A11
A12
B2
B3
B4
C1
Comprobar o importante papel do tipo de cambio no funcionamento dos mercados internacionais de débeda, de accións e de materias primas A2
A11
A12
C1
Resolver casos prácticos que esixen a aplicación de principios básicos que permiten entender a relación entre tipos de interese, prezos e tipos de cambio. A2
A11
A12
B2
B3
B4
B5
B7
C1
Usar informacións e datos relevantes co fin de investigar a realidade dos mercados financeiros en xeral e dos mercados de divisas en particular. B5
B6
B8
C1
Evaluar a evidencia empírica dispoñible sobre a relación entre diñeiro, tipos de interese e tipos de cambio. A9
A12
C1
Mostrar interese polas cuestións relacionadas co campo de estudo das Finanzas Internacionais B9
C4
Manexar fontes documentais en inglés A11
Participar activamente na discusión dos temas abordados no programa da materia C1
C4
Colaborar activamente na realización de traballos en equipo C4
Apreciar a importancia das consideracións éticas no desenrolo da actividade profesional no sector financeiro C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Fundamentos das finanzas internacionais 1.1 O mundo das finanzas internacionais
1.2 O mercado de divisas (Forex)
1.3 A cobertura do risco de cambio
2. Determinantes dos tipos de cambio 2.1 Enfoque de Balanza de Pagos
2.2 Mercados monetarios e tipos de xuro
2.3 Niveis de prezos e taxas de inflación
2.4 Explicacións integradoras. As expectativas
3. Mercados internacionais e tipos de cambio 3.1 Mercados de débeda e de accións
3.2 Mercados de materias primas
3.3 O investimento internacional

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 17 34 51
Solución de problemas A4 A9 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 15 30 45
Estudo de casos A9 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 8 12 20
Lecturas A2 A11 C6 0 6 6
Discusión dirixida B7 B8 B9 2 0 2
Proba mixta A4 A12 C6 2 20 22
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Solución de problemas Resolución de casos prácticos concretos que esixen a aplicación dos coñecementos que se traballaron na aula.
Estudo de casos Descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto polo alumno a través dun proceso de discusión dirixido polo profesor
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados na aula. Presentaranse en papel ou en soporte dixital. Informaráse previamente ao estudante dos contidos que terá que traballar
Discusión dirixida Dinámica de grupo dirixida polo profesor
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que se realiza co obxectivo de avaliar coñecementos, capacidades e destrezas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Proba mixta
Estudo de casos
Descrición
Atención e resolución de dúbidas relativas aos contidos explicados na sesión maxistral ou que xorden nos procesos de resolución de casos prácticos e na discusión de casos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 A9 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 Resolución de problemas prácticos que esixe a aplicación dos coñecementos que previamente se traballaron na aula. Realizaranse dúas probas avaliables ao longo do curso. 40
Proba mixta A4 A12 C6 Consistirá nunha única proba escrita que permita avaliar o nivel de coñecemento do alumno sobre os contidos do programa desenvolvidos na aula e tamén da súa aplicación.

Esta proba poderá incluír preguntas tipo test.


10
Estudo de casos A9 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 Formulación dunha actividade específica que requira traballo de ánalise e estudo aplicado polo alumno baseándose no desenvolvido ao longo do curso. Realizarase unha proba avaliable ao longo do curso. 50
 
Observacións avaliación

Nas actividades de carácter teórico que esixan un desenvolvemento
por escrito, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, a linguaxe
empregada, a capacidade de análise e o grao de síntese. Na parte práctica
valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados
na parte teórica para resolver casos e problemas prácticos.

Coa realización das probas avaliables que se desenvolverán durante
o curso, o alumno pode alcanzar o 100 % da cualificación final (10 puntos).

Para superar a materia requírese unha cualificación final mínima
de cinco puntos (computada a suma da avaliación das diferentes
metodoloxías). 

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia,
solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

Cualificación de non presentado: Obterán a cualificación de non
presentado aqueles alumnos que non participasen na avaliación continua de
actividades realizada ao longo do curso en porcentaxe superior ao 20 %.

A avaliación da convocatoria de segunda oportunidade realizarase
cos mesmos criterios, e o mesmo aplicárase no caso de convocatorias adiantadas,
adaptándose ao calendario oficial establecido pola facultade. En todo caso,
poderáse acadar o 100% da cualificación.

A avaliación da convocatoria adiantada: poñerse en contacto co profesor da materia ao inicio do cuadrimestre.

Para os alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa de
asistencia, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete a
probas obxectivas, para as restantes actividades avaliables acordarase, de ser
necesario, ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa
súa dedicación.















Está prohibido o acceso á sala de exames con calquera
dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de
información. O alumno deberá demostrar a súa personalidade, cando se lle
requira, de acordo coa normativa vixente. 


Fontes de información
Bibliografía básica Eun, C. S.; Resnick, B. G. (2007). Administración financiera internacional. México D.F.: McGrawHill, cuarta edición
Carbaugh, R. J. (2009). Economía Internacional. México D.F.: Cengage Learning
Krugman, P. R.; Obstfeld, M.; Melitz, M. (2016). Economía Internacional. Teoría y Política. Madrid: Pearson, décima edición
Kozikowski, Z. (2013). Finanzas internacionales. México D.F.: McGrawHill Educación
Weithers, T. (2006). Foreign Exchange. A Practical Guide to the FX Markets. New Jersey: Wiley Finance, UBS
Levi, M.D. (2005). International Finance. New York: Routledge, cuarta edición

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías