Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Economía da Empresa: Dirección e Organización Código 611G02008
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
García Álvarez, María Teresa
Correo electrónico
teresa.galvarez@udc.es
Profesorado
Barbeito Roibal, Susana Maria
García Álvarez, María Teresa
Mariz Perez, Rosa
Rodriguez Fernandez, Maria Jose
Sánchez Fernández, Maria Dolores
Correo electrónico
susana.barbeito@udc.es
teresa.galvarez@udc.es
rosa.mariz@udc.es
maria.jose.rfernandez@udc.es
maria.sanchezf@udc.es
Web
Descrición xeral Neste curso, expoñense os conceptos fundamentais da organización de empresas co obxecto de desenrrolar as habilidades necesarias para afrontar con éxito a responsabilidade do desenrrolo estratéxico dunha empresa. Asímesmo, explicaranse o comportamento empresarial e a función directiva.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

Mantéñense todas as metodoloxías docentes.

*Metodoloxías docentes que se modifican

Non se modifica ningunha metodoloxía docente

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento dos traballos de avaliación continua.
Moodle: Semanalmente. Incorporaranse materiais de distinto tipo para cursar a materia.
Teams: Bisemanal. Unha sesión semanal, onde se presentarán os conceptos teóricos e atenderanse as cuestións relacionadas cos mesmos, e onde se presentarán e defenderán os traballos de análises de fontes documentais. Esta sesión desenvolverase na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Unha segunda sesión semanal en pequeno grupo (ou máis segundo a demanda do alumnado) para o seguimento e apoio na realización dos traballos de avaliación continua da materia.
Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades de aprendizaxe do alumnado para desarrollar o traballo da materia.


4. Modificacións na avaliación

Non se realizarán cambios

*Observacións de avaliación:

Considérase que un/ha alumno/a está dentro da avaliación continua e, por tanto, aplicaráselle o esquema de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos e casos prácticos encargados. Por tanto, este alumno se non alcanza o cinco, estará "suspenso" nas actas.
Para superar a materia, a nota final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Na segunda oportunidade, os estudantes suspensos terán que entregar e defender, de maneira individual, unha versión mellorada do traballo tutelado (60%) (gardaranse as cualificacións do resto das actividades). No caso de docencia non presencial, os/as estudantes terán que realizar un vídeo coa exposición oral e entregar a ligazón do mesmo, así como o contido do traballo, á súa profesora correspondente, cunha antelación de 7 días con respecto á data oficial do exame. No devandito escenario de docencia non presencial, o día do exame, fixado pola UDC, os/as estudantes terán tamén que responder a unha serie de cuestións do traballo tutelado presentado e/ou cuestións teóricas, expostas pola súa profesora, mediante Teams (procedéndose á gravación da devandita sesión).
Tanto aos/as alumnos/as a tempo parcial como a tempo completo aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación.
Lémbrase que calquera alumno/para sorprendido/a realizando as probas de avaliación continua mediante calquera procedemento fraudulento asignaráselle unha nota de cero na devandita actividade de avaliación continua (tanto na primeira oportunidade como en xullo).


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizarán cambios. Xa dispoñerán en Moodle de audios e/ou vídeos, así como arquivos co material que necesita o alumnado para cursar a materia.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. A1
A3
A4
A5
A8
A10
A11
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada. A2
A6
B1
B2
B3
B4
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. B8
C1
C4
C5
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. B5
B10
C6
C7
C8
Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. A9
B6
B7

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Racionalidade: da microeconomía á economía da empresa. 1.1. Qué se entende por racionaldiade.
1.2. Supostos de conducta.
1.3. Da micro á economía da empresa. A organización como axente económico
TEMA 2. Comportamiento empresarial 2.1. Obxectivos empresariais.
2.2. A creación de valor
2.3. Políticas e funcións organizativas.
TEMA 3. Función directiva e Estratexia 3.1. Competencias directivas.
3.2. A toma de decisións na organización. A estratexia
3.3. Instrumentos de apoio á decisión.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A3 A4 B1 B2 B3 B6 C4 10 24 34
Sesión maxistral B5 B7 B8 C5 17 0 17
Análise de fontes documentais A6 A8 A9 10 24 34
Traballos tutelados A1 A2 A5 A10 B4 C1 C6 C8 11 43 54
Seminario A11 B10 C7 4 4 8
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise de casos prácticos reais aplicada ao marco conceptual da materia
Sesión maxistral Presentación de conceptos teóricos básicos
Análise de fontes documentais Busca e análise de datos relevantes utilizando as novas tecnoloxías da información
Traballos tutelados Traballos en grupo nos que se aplicarán os conceptos vistos nas sesións maxistrais
Seminario Organizaranse 4 horas de titorías para o seguimento dos traballos cuxas datas e horas serán comunicada ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
Adaptación das metodoloxías seleccionadas ás circunstancias particulares de cada grupo de referencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A4 B1 B2 B3 B6 C4 Análise de casos presentados en clase. 20
Análise de fontes documentais A6 A8 A9 Uso de fontes de información axeitadas. Cada grupo deberá expoñer en clase un concepto ou epígrafe non visto con anterioridade. 20
Traballos tutelados A1 A2 A5 A10 B4 C1 C6 C8 Traballos en grupo sobre casos de empresas reais. Os alumnos deberán cumprir co calendario de titorías preestablecer 60
 
Observacións avaliación

1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno/a, cando
participou en menos dun 20% dos traballos e casos prácticos encargados, con
independencia da cualificación alcanzada.

2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Na segunda
oportunidade, os/as estudantes suspensos/ as terán que entregar e defender, de
maneira individual, unha versión mellorada do traballo tutelado (60%)
(gardaranse as cualificacións do resto das actividades). Na convocatoria
adiantada, mantense o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade.

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia
: Tanto aos/as alumnos/ as a tempo parcial como a tempo completo
aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación.

4. Sobre condicións de avaliación final: Lémbrase que está prohibido acceder
ás probas de avaliación continua con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Así mesmo,
lémbrase que calquera alumno/para sorprendido/a realizando as probas de
avaliación continua mediante calquera procedemento fraudulento asignaráselle
unha nota de cero na devandita actividade de avaliación continua (tanto na
primeira oportunidade como en xullo).

5. Identificación do estudante: O/a estudante ha de acreditar a súa
personalidade de acordo coa normativa vixente.

Outras observacións de avaliación: A situación actual obriga á
adaptación das guías docentes a 3 escenarios posibles de docencia: presencial,
semipresencial ou online. A presente materia propón un sistema de avaliación
continua que será o mesmo nos 3 escenarios descritos anteriormente. Utilizando,
cando sexa posible, as aulas propostas pola FEE da UDC, e/ou as plataformas
informáticas que a UDC pon ao dispor de alumnos/ as e profesorado.

Os/
as profesores/ as encargados/ as desta materia poñerán ao dispor do alumnado as
normas para o desenvolvemento dos traballos propostos nesta guía docente.

Para superar a
materia, a nota final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10

 


Fontes de información
Bibliografía básica Cuervo, A (2008). Introducción a la Adminsitración de Empresas. Thomson-Civitas
Kinicki & Williams (2011). Management.
Bateman & Snell (2013). Management.
Ivancevich, John M & Robert Konopaske,R. (). Organizational Behavior and Management. Mc Graw-Hill

Bibliografía complementaria García Olalla, M. y Vázquez, C. (2002). Estrategias y operaciones empresariales en los nuevos mercados. 20 casos a estudio. Civitas


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise Económico das Organizacións/611G02023
Dirección Estratéxica e Política Empresarial I/611G02025
Deseño Organizativo/611G02029
Dirección Estratéxica e Política Empresarial II/611G02033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías