A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN
1. Condicións de realización dos exames e as probas, e identificación do estudantado
a) Probas Presenciais: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Poderá denegarse a entrada á aula do exame con este tipo de dispositivos. Non se admitirán os exames escritos con lapis. Os alumnos deberán identificarse mediante DNI ou equivalente para a realización das probas de avaliación.
b) Probas Virtuais: No caso de exames realizados de forma telemática, o estudantado non poderá manter contacto con outras persoas e se poderá solicitar que active a súa cámara (ou a do seu móbil) e se identifique mediante o seu DNI ou equivalente.
2- Utilización de calculadora
As calculadoras que se poden utilizar non deben ter NINGUNHA das seguintes características: Posibilidade de transmitir dados, ser programábeis, pantalla gráfica, resolución de ecuacións, operacións con matrices, cálculo de determinantes, derivadas e/ou integrais, armazenaxe de dados alfanuméricos. Cando posua algunha destas características será retirada. Se durante o percurso da proba se constatase o uso de unha calculadora non permitida, adoptaranse as mesmas medidas que cando o estudantado está copiando.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN
1. Cualificación de non presentado
Otorgaráse a cualificación de NON PRESENTADO ao estudante que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida
2. Estudantado a tempo parcial (ou con dispensa de asistencia)
Será avaliado acorde as mesmas normas que o resto do estudantado.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN
1. Primeira oportunidade
Avaliación continua
A avaliación continua consistirá na realización de dúas probas tipo test (proba de resposta múltiple) e a realización de dúas probas de resolución de problemas (proba práctica) na aula. A avaliación continua pondera un 40% do total da cualificación final.
Exame final
Realización dunha proba mixta. Pondera un 60% da cualificación final.
2. Segunda oportunidade
Avaliación continua
Queda sen valor a puntuación da avaliación continua (proba de resposta múltiple e proba práctica) acadada na primeira oportunidade. A segunda oportunidade consta de unha reavaliación da proba de resposta múltiple, mediante unha proba tipo test valorada no 20% da cualificación final e unha reavaliación da proba práctica mediante a resolución de exercicios análogos aos das probas de aula, valorada no 20% da cualificación final.
Exame final
Realización dunha proba mixta. Pondera un 60% da cualificación final.
3. Convocatoria adiantada: A cualificación final do estudante que solicite a convocatoria adiantada será a obtida no exame presencial valorado sobre 10 puntos.