Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Economía Mundial e Española Código 611G02011
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Lopez Rodriguez, Abel Francisco
Correo electrónico
francisc.lrodriguez@udc.es
Profesorado
Lopez Rodriguez, Abel Francisco
Mezo Balaca, Ines
Nuñez Gamallo, Ramon Jose
Correo electrónico
francisc.lrodriguez@udc.es
ines.mezob@udc.es
ramon.nunez.gamallo@udc.es
Web
Descrición xeral
O estudo da economía mundial debe basearse na localización dos elementos esenciais que definen e identifican a realidade socio-económico que vai ser estudada. A economía internacional é concibida como un sistema interdependente no que o principal dinamismo xorde do centro capitalista, aínda que os seus efectos se espallan velozmente, hoxe en día, a todos os países do mundo. Xa que logo, débese comezar identificando as características estruturais do capitalismo, definindo, primeiro, as relacións económicas internacionais para, de seguida, conceptualizar a evolución desas relacións.

Unha vez dado ese paso e debido a que a realidade económica en estudo consta dunha chea de feitos, obxectos e relacións, é preciso un criterio previo de selección. Por tanto, a análise comeza coas economías capitalistas desenvolvidas, céntrase logo na periferia do sistema e, ao cabo, esténdese ao ámbito das relacións económicas internacionais.

Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral será a través do Teams.
- Presentación oral será a través do Teams.
- Proba mixta: substituirase a proba escrita por traballos tutelados ou probas tipo test a través do Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen dos foros necesarios para o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
As sesións semanais necesarias (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”.

4. Modificacións na avaliación
- Non haberá modificacións.

*Observacións de avaliación:
- No caso de avaliar en estado de confinamento suprímese o requisito da cualificación mínima de 4 puntos


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non haberá modificacións a excepción da aparición de novas publicacións, preferentemente de acceso electrónico que se comunicarían oportunamente ao alumnado.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Coñece-los rasgos básicos da economía mundial e española. 2. Coñecer as interrelacións entre los fluxos de producción, renda e gasto, familiarizando ao alumnado coas principais macromagnitudes dunha economía. 3. Coñecer os principais modelos económicos que explican funcionamento das economías, a nivel introductorio. 4. Coñecer e comprender a importancia da taxa de crecemento a longo prazo e mais a magnitude das diferencias de renda entre países. 5. Fixar uns coñecementos básicos das principais macromagnitudes e mais a súa sistematización a través de instrumentos de análise cuantitativo como a Contabilidade Nacional (SEC) e aaa Balanza de Pagamentos. 6. Coñecer o fenómeno da globalización así como o seu potencial e mais os seus riscos para o desenvolvemento dos países. 7. Coñecer e valorar o papel das institucións internacionais encargadas de regular as relaciones económicas internacionais, especialmente as comerciais e financieras e os seus retos de futuro. 8. Coñecer as formulacións en relación á sostibilidadedo desenvolvemento e as estratexias deseñadas nos últimos años a tal efecto. A1
A2
A3
A4
A10
B1
B2
B8
B9
B10
C1
C8
1. Identificar as fortalezas e debilidades das economías mundial e española e posicionarse nos principais debates actuais sobre coiuntura e tendencias da economía mundial. 2. Entender e analisar a influencia do crecemento da la poboación, dos recursos naturais, da acumulación de capital físico e humano, da tecnoloxía, das institucións e das desigualdades no desenvolvemento económico dos países. 3. Coñecer e manexar con certa habilidade as fontes estatísticas e documentais existentes relacionadas coa economía mundial e española. 4. Aplicar as ferramentas de análise económica ao estudo da economía mundial. 5. Capacidade para interpretar con rigor económico as novas relacionadas coa economía mundial e española. 6. Utilizar correctamente o léxico económico más vencellado á materia. A5
A6
A7
A8
A9
A11
A12
B2
B5
1. Compromiso ético co traballo e a sociedade. 2. Capacidade para traballar en equipo. 3. Capacidade para interesarse polos problemas económicos e mais a súa resolución. 4. Capacidade para reflexionar e posicionarse en relación cos problemas económicos máis relevantes. 5. Habilidade para procurar, filtrar, procesar e interpretar económicamente diversas fontes de información (bibliografía e estatísticas), tanto en lingua galega como española ou inglesa, mediante diferentes ferramentas, incluindo os recursos telemáticos. 6. Capacidade para o pensamento crítico. 7. Actitude activa perante os feitos de actualidade que afectan ao entorno económico da economía española dentro do proceso de globalización económica. B3
B4
B6
B7
C4
C5
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Técnicas de análise estructural ou a medición da economía. 1. Contabilidade Nacional. Macromagnitudes.
2. Análise Input-Output. Balanza de Pagamentos.
3. Indicadores socioeconómicos.
2. Unha visión panorámica da economía mundial 4. O capitalismo como sistema económico.
5. As grandes etapas no devir da economía mundial do século XX.
6. Globalización, integración, comercio e finanzas.

3. Relacións económicas internacionais e globalización. 7. Desenvolvemento e subdesenvolvemento na economía mundial.
8. Demografía e movementos migratorios.
9. Recursos naturais, medio ambiente e desenvolvemento sostible.
4. Unha visión panorámica da economía española. 10. As grandes etapas no devir da economía española do século XX.
11. Poboación, capital humano e mercado de traballo.
12. Capital físico, tecnoloxía e innovación.
5. A economía española: estructura factorial e sectorial.

13. Os sectores produtivos e funcionais na economía española.
14. Distribución da renda e cohesión social.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A12 B1 2 0 2
Sesión maxistral A3 A4 A5 A6 A9 B3 B4 B6 B7 C1 C5 15 30 45
Presentación oral A10 C7 8 10 18
Proba mixta A7 A8 C6 C8 2 28 30
Obradoiro A1 A2 A11 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 C1 C4 22 28 50
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia onde se explica ao alumnado o desenvolvemento do programa, os instrumentos de análise básicos para a medición da economía, as fontes documentais que se han utilizar durante o curso, a bibliografía recomendada e mais os requisitos necesarios para a avaliación contínua.
Sesión maxistral Empregaráse o método expositivo coa finalidade de facilitar ao estudante información organizada sobre os coñecementos fundamentais corespondentes aos distintos temas
Presentación oral Empregaráse o método expositivo coa finalidade de facilitar ao estudante información organizada sobre os coñecementos fundamentais corespondentes aos distintos temas
Proba mixta Proba escrita sobre os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos sobre a economía mundial e española.
Obradoiro Actividades en clase, solución problemas, lecturas, participación en clase

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
Formaránse dous subgrupos de 15 alumnos. Fixaránse as titorias que han durar ata 4 horas para cada un deses subgrupos e planificaránse ao longo do curso. Hase avisar con antelación dabonda.

Destinadas a reforzar a aprendizaxe autónoma do alumnado a través do seguimento e mais a supervisión das distintas actividades programadas (procura de datos económicos, fontes bibliográficas, resolución de problemas, exposición de traballos).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A7 A8 C6 C8 Proba escrita sobre os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos sobre a economía mundial e española. Realizaráse en período de exámenes. Esíxese unhaa cualificación igual o superior a 4/10 nela para superar la materia. 60
Presentación oral A10 C7 O estudante deberá realizar unha ou dúas ao longo do curso. Valoraráse a adecuación do tema exposto á materia, o seu grado de dificultade, o dominio do tema e mais a habilidade na comunición oral. 5
Obradoiro A1 A2 A11 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 C1 C4 Actividades en clase, solución problemas, lecturas, participación na clase 35
 
Observacións avaliación

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.


Para superar a materia requírese un mínimo de 5 sobre 10.

No exame final é necesario obter un mínimo 4 sobre 10. No caso de que o examen final conste de varias partes, será necesario obter un mínimo de 4
puntos sobre 10 en cada unha delas.

Na segunda oportunidade hánse manter os mesmos criterios de avaliación que na primeira oportunidade.


Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento da información.

As condicións da segunda oportunidade e mais as da convocatoria adiantada han ser as mesmas.


Fontes de información
Bibliografía básica

Alonso,J.A. (dir.) (2015). Lecciones sobre economía mundial. 7ª edición. Ed. Thomson&Civitas, Madrid.

GarcíaDelgado, J.L., Miro, R. (dir.) (2017). Lecciones de economía española. 13ªedición. Ed. Thomson & Civitas, Madrid.

Galbraith, J.K. Introducción a la economía. Una guía para todos (o casi), Ed. Crítica, Barcelona, 2001.

Garicano, L. El dilema de España, Ediciones Península, Barcelona, 2014.

Krugman, P.; !Acabad ya con esta crisis!, Crítica, Barcelona 2012.

Pilling, David El delirio del crecimiento, Ed. Taurus, 2O19

Prada Blanco, A. El despilfarro de las naciones, Editorial Clave Intelectual, Madrid, 2017.

Requeijo, J. et alii Técnicas básicas de Estructura Económica, Delta Publicaciones, Madrid, 2007.

Sachs, J. Economía para un planeta abarrotado, Debate, Barcelona, 2008

Sampedro, J.L. El mercado y la globalización, Ediciones Destino, Madrid, 2002

Páginas web de los principales organismos económicos españoles (Banco de España, BBVA, INE, Ministerio de Economía y Hacienda, Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, etc.)

Páginas web de los principales organismos económicos internacionales (EUROSTAT, Banco Mundial, FMI, OMC, OCDE, PNUD, UNCTAD, Penn World Tables, etc.).

Bibliografía complementaria

Akerlof, G. A. y Shiller, R. J. (2015): La economía de la manipulación.Deusto Centro Libros PAPF, Barcelona.

Carpintero Redondo, O. El metabolismo de la economía española. Recursos naturales y huella ecológica, Fundación César Manrique, 2005.

Cohen, D. La prosperidad del mal. Una introducción (inquieta) a la economía, Ed. Taurus, Madrid, 2010.

Delibes, M. y Delibes de Castro, M. La Tierra herida, Ediciones Destino, Madrid 2005.

Diamond, J. Colapso. Por que unas sociedades perduran y otras desaparecen, Debate, Madrid, 2006.

Galbraith, J.K. La cultura de la satisfacción, Ariel, 2000.

García de la Cruz, J.M. & Durán Romero, G. Sistema económico mundial, Ed. Thomson, Madrid, 2004.

González J., Requena, M. (eds.) Tres décadas de cambio social en España, Alianza Editorial , Madrid, 2005.

González, M. Temas de economía española, Tirant lo Blanch, Valencia, 2008.

Hamilton, C. El fetiche del crecimiento , Editorial Laetoli, Pamplona, 2006.

Heilbroner, R.L.  El capitalismo del siglo XXI, Ed. Península, Barcelona, 1996.

Klare, M. Sangre y petróleo, Tendencias (Ediciones Urano), Barcelona, 2007.

Martín Mayoral, F. (coord..) Manual de economía española: teoría y estructura, Pearson, Madrid, 2009.

Muñoz, C. et alii Las cuentas de la nación II. Ejercicios, Ed. Thomson &Civitas, Madrid, 2007.

Navarro, V. Bienestar insuficiente, democracia incompleta (Sobre lo que no se habla en nuestro país), Anagrama, Barcelona, 2002.

Navarro. V. El subdesarrollo social de España, Anagrama, Barcelona, 2006.

Nieto Solís, J.A. Organización económica internacional y globalización, Siglo XXI, Madrid, 2005.

Pastor, Alfredo La ciencia humilde. Economía para ciudadanos, Crítica, Barcelona, 2007.

Pugel, T. Economía internacional, Mc Graw-Hill, Madrid, 2004.

Rodrik, A. La paradoja de la globalización, Editorial Antoni Bosh, 2012

Sachs, J. El fin de la pobreza, Debate, Barcelona, 2005.

Sampedro, J.L. Economía humanista. Algo más que cifras, Debate, Barcelona, 2009 (prólogo de Carlos Berzosa).

Sampedro, J.L., Taibo, C. Conversaciones sobre política, mercado y convivencia, Los Libros de la Catarata, Madrid, 2006.

Sartori. G., Mazzoleni, G. La Tierra explota. Superpoblación y desarrollo, Ed. Taurus, Madrid, 2003.

VV.AA Ejercicios de economía mundial I y II, Edicións Universitat de Barcelona, 2003.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Macroeconomía/611G02005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
É importante a lectura da prensa e mais de revistas económicas. Hanse poñer a disposición do estudante diversos materiais tanto na fotocopiadora como no Moodle da materia.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías