Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Econometría Código 611G02019
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 2
Coordinación
Lodeiro Hermida, Maria Jose
Correo electrónico
maria.lodeiro@udc.es
Profesorado
Arranz Perez, Matilde
Lodeiro Hermida, Maria Jose
Ramil Diaz, Maria Concepcion
Rey Graña, Carlota
Correo electrónico
matilde.arranz@udc.es
maria.lodeiro@udc.es
maria.ramil@udc.es
carlota.rey@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia, fortemente relacionada coa teoría económica, a estatística e as matemáticas, é unha continuación da Introdución á Econometría impartida no primeiro cuadrimestre, e céntrase, basicamente, en proporcionar un soporte axeitado que permita unha posterior ampliación dos coñecementos no marco da disciplina. A utilización de técnicas de inferencia estatística e a valoración da posible aplicación dos modelos con fins predictivos constitúen unha parte fundamental do temario.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e utilizar axeitadamente algunhas técnicas de inferencia estatística e comprender os resultados da súa aplicación empírica. A3
A4
A6
A8
A12
B3
B4
B5
C1
Coñecer e valorar a utilidade dos modelos econométricos no campo da predición. A3
A4
A6
B1
C1
C5
C6
Coñecer e aplicar os procedementos do software apropiado para estimar, contrastar e predicir nun modelo de regresión lineal múltiple. A3
A4
A8
A9
A10
B2
C8
Analizar, desde un punto de vista crítico, os resultados da aplicación das técnicas e instrumentos que se utilizan no ámbito da disciplina. A11
A12
B10
C1
C4
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. O modelo de regresión lineal clásico. 1.1. Revisión das hipóteses e do proceso de estimación dos parámetros do modelo.
1.2. Propiedades dos estimadores.
1.3. Análise da bondade do axuste.
2. Inferencia no modelo clásico. 2.1. Hipótese de normalidade.
2.2. Distribucións de probabilidade dos estimadores.
2.3. Contrastes de hipóteses para os parámetros.
2.4. Estimación por intervalo.
2.5. Estimación máximo-verosímil.
3. Predición no modelo clásico. 3.1. A predición: concepto e clases.
3.2. Predición óptima no modelo clásico.
3.3. Medidas avaliadoras da capacidade predictiva.
3.4. A estabilidade no período de predición.
4. Multicolinealidade. 4.1. Concepto.
4.2. Causas e consecuencias.
4.3. Procedementos para detectar a multicolinealidade.
4.4. Posibles formas de actuar.
4.5. Selección de regresores.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A9 1 0 1
Obradoiro A3 A12 17 42.5 59.5
Prácticas a través de TIC A4 A6 C1 C4 8 16 24
Proba obxectiva A3 A8 A9 2 6 8
Sesión maxistral A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B10 C5 C6 C7 C8 17 34 51
 
Atención personalizada 6.5 0 6.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consisten na presentación da materia e a exposición detallada das actividades que deben desenvolver os alumnos e os criterios cos que serán avaliados.
Obradoiro Cada taller é unha sesion interactiva na que se realizan aplicacións, exercicios e problemas que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, dende un punto de vista crítico, os resultados obtidos.
Prácticas a través de TIC Son sesións interactivas dedicadas á aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas.
Proba obxectiva Proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe.
Sesión maxistral Cada sesión maxistral consiste na exposición oral, por parte dos profesores, dos conceptos e métodos, aínda que debe contar coa participación activa dos alumnos. A exposición compleméntase coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e as posibilidades dos métodos expostos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Proba obxectiva
Prácticas a través de TIC
Descrición
A heteroxeneidade dos estudantes, no que se refire á súa formación previa e á súa situación académica, require unha atención personalizada que permita resolver as dúbidas específicas que teñan ao longo do curso. As prácticas a través de TIC, os talleres e as titorías son ferramentas importantes para resolver problemas teóricos e empíricos, tanto a nivel colectivo como individual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A3 A12 Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. Estas actividades computarán na avaliación ata un máximo de 3 puntos sobre 10. 30
Proba obxectiva A3 A8 A9 A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. Esta proba computará na avaliación ata un máximo de 7 puntos sobre 10. 70
 
Observacións avaliación
1) Para superar a materia han de obterse polo menos 5 puntos, cun mínimo de 2.5 na proba obxectiva.


2) O sistema de avaliación será aplicado, tal e como se describe no apartado anterior, en todas e cada unha das oportunidades e a todos os alumnos, con independencia da súa situación académica.


3) Os alumnos con dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas de avaliación.


4) A cualificación de non presentado corresponde unicamente ao alumnado que participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da cualificación total.


5) Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf). Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos estudantes) e 14 (Comisión de fraude
e responsabilidades disciplinarias).

Fontes de información
Bibliografía básica Carrascal, U.; González, Y.; y Rodríguez, B. (2000). Análisis Econométrico con Eviews. RA-MA.
Pena, J.B. y otros. (1999). Cien ejercicios de Econometría. Pirámide.
Guisán, M.C. (1997). Econometría. McGraw-Hill.
Martin, G.; Labeaga, J.M. y Mochón, F. (1997). Introducción a la Econometría. Prentice-Hall.
Ramil, M.; Rey, C.; Lodeiro, M.; Arranz, M. (2013). Introducción a la Econometría. Teoría y práctica. Reprografía Noroeste, S.L.

Bibliografía complementaria Gujarati, D. (2010). Econometría. McGraw-Hill.
Maddala, G.S. (1996). Introducción a la Econometría. Prentice-Hall.
A medida que se avanza no coñecemento das técnicas econométricas é recomendable a lectura de artigos enfocados a resolver problemas reais da economía, tales como os que poden atoparse en acceso libre en http://www.us.es/economet. Utilizaranse, ademais, outros libros de texto, distintas fontes de datos e material dispoñible na rede, que se detallarán ao longo do curso.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G02001
Principios de Macroeconomía/611G02005
Estatística I/611G02006
Matemáticas I/611G02009
Matemáticas II/611G02010
Estatística e Introdución á Econometría/611G02014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1) Esta materia é a continuación da Introdución á Econometría; por tanto, é moi importante que os alumnos estean familiarizados co seu contido. Recoméndase revisar o material correspondente a esta materia antes ou ao comezo do cuatrimestre.
2) A profesora Matilde Arranz Pérez, que ten o encargo docente dos grupos B e D, impartirá a materia en galego.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías