Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Teoría do Financiamento Código 611G02021
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Iglesias Antelo, Susana
Correo electrónico
susana.iglesias.antelo@udc.es
Profesorado
Boedo Vilabella, Lucia
Iglesias Antelo, Susana
Vizcaino Gonzalez, Marcos
Correo electrónico
lucia.boedo@udc.es
susana.iglesias.antelo@udc.es
marcos.vizcaino@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia está enfocada á análise da toma de decisións en materia de financiamento empresarial e de investimento financeiro.
É complementaria das materias "Teoría do Investimento", do curso anterior, e "Planificación Financeira", do curso seguinte. No conxunto das tres trátanse os temas máis importantes da dirección financeira da empresa.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e integrar a lóxica financeira a aplicar na toma de decisións de financiamento na empresa A1
A2
A3
A6
A8
A11
B2
B6
B8
B10
C6
Coñecer as teorías financeiras básicas sobre os mercados de capitais e comprender as súas implicacións prácticas A6
A8
A10
A11
B1
B3
B5
B7
C4
C6
C8
Saber valorar un investimento financeiro A2
A4
A5
A8
A11
B4
B9
C1
C6
Saber desenvolver modelos financeiros e aplicar ferramentas informáticas A9
A11
B6
C5
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I: FINANCIAMENTO EMPRESARIAL 1. O financiamento da empresa e o seu custo: o custo de capital
2. A estrutura de capital: a política de endebedamento da empresa
BLOQUE II: SELECCIÓN DE CARTEIRAS E VALORACIÓN DE ACTIVOS 1. A rendibilidade e o risco
2. A formación de carteiras óptimas
3. A valoración de activos
BLOQUE III: PRODUTOS DERIVADOS 1. Opcións e futuros: valoración e estratexias de investimento
2. Permutas financeiras (swaps)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 B1 B2 B5 B10 C4 C5 C6 C7 C8 18 36 54
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 20 40 60
Proba mixta A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 4 16 20
Seminario A3 A6 A8 A9 A11 B2 B3 B7 4 3 7
Proba mixta A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 2 6 8
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica dos temas do programa
Solución de problemas Realización de tarefas prácticas: desenvolvemento de aplicacións dos coñecementos traballados e resolución de exercicios e problemas
Proba mixta Probas que poderán ser de diverso tipo (test, resposta breve, resposta ampla...) e que se realizarán durante o periodo de clases
Seminario Titorías de grupo pequeno que se desenvolverán no cuadrimestre en datas que se fixarán ao longo deste
Proba mixta Exame teórico-práctico sobre os contidos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Seminario
Proba mixta
Descrición
Programaranse catro horas de titorías en grupos reducidos nas que a atención ao alumnado é máis personalizada.

As titorías individuais do curso para todo o alumnado, incluíndo ao que teña recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia a clase, desenvolveranse nos horarios publicados polo profesorado a principios de cada cuadrimestre. Recoméndase ao alumnado que contacte previamente por correo electrónico co/coa seu/súa profesor/a para propor a data e a hora que prefira dentro do horario anunciado por este/a, indicando a materia e o grupo ao que pertence, coa finalidade de facilitar a xestión e a efectividade das titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 Durante o periodo de clases realizaranse dúas probas de diverso tipo que non terán carácter liberatorio e que suporán en conxunto o 36% da cualificación final (máximo 3,6 puntos). Cada proba non realizada puntúa como cero.
36
Proba mixta A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 Exame da materia que supón o 64% da cualificación final que se pode obter (máximo 6,4 puntos). Celebrarase en primeira oportunidade (xaneiro no grao en ADE e maio/xuño no programa de simultaneidade dos graos en ADE e Dereito) e en segunda oportunidade (xullo) nas datas acordadas pola xunta de facultade. En ningún caso será posible obter con este exame a parte de cualificación correspondente ás probas que se realizarán durante o periodo de clases. 64
 
Observacións avaliación

A cualificación de NON PRESENTADO só se outorgará ao alumnado cuxa participación en actividades de avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada, segundo normativa vixente da facultade. 

A avaliación exposta tamén rexe para o alumnado con recoñecemento de DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL e dispensa académica de exención de asistencia.

O/a alumno/a que concurra á OPORTUNIDADE ADIANTADA DE AVALIACIÓN examinarase na data establecida pola facultade a tal efecto e o exame será tipo proba mixta de todos os contidos e competencias da materia e con él poderá obter o 100% da cualificación.

O alumnado deberá IDENTIFICARSE na realización das probas mediante DNI, pasaporte ou tarxeta universitaria.


No caso de acceso á realización dunha proba de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos MÓBILES acesos, non autorizados expresamente polo profesorado responsable, e/ou de REALIZACIÓN FRAUDULENTA dunha proba de avaliación, procederase á expulsión inmediata do/a estudante da proba e a aplicar o contemplado na normativa da universidade ao respecto.

Fontes de información
Bibliografía básica www.aebanca.es (). Asociación Española de Banca.
www.bde.es (). Banco de España.
www.bolsamadrid.es (). Bolsa de Madrid.
www.cnmv.es (). Comisión Nacional del Mercado de Valores.
Piñeiro, C.; De Llano, P. (2010). Dirección financiera. Un enfoque centrado en valor y riesgo. Madrid: Delta
www.enisa.es (). Financiación pública para pymes.
Pindado, J. (dir.) (2012). Finanzas empresariales. Madrid: Paraninfo. Material en www.paraninfo.es/catalogo/9788497328951/finanzas-empresariales
www.ico.es (). Instituto de Crédito Oficial.
www.igape.es (). Instituto Gallego de Promoción Económica.
Boedo, L. (2009). Las fuentes de financiación y su coste. A Coruña: Netbiblo. Descargable en ruc.udc.es/dspace/handle/2183/11816
www.bolsasymercados.es/mab (). Mercado Alternativo Bursátil.
www.meff.es (). Mercado Español de Derivados Financieros.
www.udc.es/grupos/fysig/carlos/oikonomicon/index.html (). Página del profesor Carlos Piñeiro Sánchez.
Brealey, R.; Myers, S.; Allen, F. (2015). Principios de finanzas corporativas. 11ª ed.. Madrid: McGraw-Hill. Accesible en formato electrónico para lectura en www.ingebook.com

Bibliografía complementaria Suárez, A. (2013). Decisiones óptimas de inversión y financiación en la empresa. 21ª ed.. Madrid: Pirámide
Doldán, F. (2003). Dirección financiera de la empresa. Santiago: Tórculo
Lassala, C.; Medal, A.; Navarro, V.; Sanchis, V.; Soler, A. (2006). Dirección financiera II. Madrid: Pirámide
Piñeiro, C.; De Llano, P. (2012). Finanzas empresariales: teoría y modelos con hoja de cálculo. Santiago: Andavira
Hull, J. C. (2013). Introducción a los mercados de futuros y opciones. 8ª ed.. México: Pearson Educación
Álvarez, B.; Boedo, L. (2011). La financiación empresarial: exposición teórica y análisis de la operativa. Estudio de casos reales desarrollados en Excel. Barcelona: Inforbook's
Piñeiro, C.; De Llano, P. (2009). Principios y modelos de dirección financiera. Santiago: Andavira
Gómez, A.; Piñol, J.; Reig, A.; Rodrigo, A. (2006). Teoría de la financiación II. Madrid: Pirámide


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise das Operacións Financeiras/611G02004
Estatística I/611G02006
Contabilidade Financeira I/611G02013
Estatística e Introdución á Econometría/611G02014
Contabilidade Financeira II/611G02018
Teoría do Investimento/611G02020

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Planificación Financeira/611G02034

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías