Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Teoría do Financiamento Código 611G02021
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Iglesias Antelo, Susana
Correo electrónico
susana.iglesias.antelo@udc.es
Profesorado
Iglesias Antelo, Susana
Piñeiro Sanchez, Carlos
Vizcaino Gonzalez, Marcos
Correo electrónico
susana.iglesias.antelo@udc.es
carlos.psanchez@udc.es
marcos.vizcaino@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia está enfocada á análise da toma de decisións en materia de financiamento empresarial e de investimento financeiro.
É complementaria das materias "Teoría do Investimento", do curso anterior, e "Planificación Financeira", do curso seguinte. No conxunto das tres trátanse os temas máis importantes da dirección financeira da empresa.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: ningunha.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: todas.

*Metodoloxías docentes que se modifican: adáptanse todas a formato virtual.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: contémplase o seu desenvolvemento online en calquera escenario, incluído o presencial.

4. Modificacións na avaliación: cando sexa necesario levarase a cabo a través de Teams e Moodle.

*Observacións de avaliación: mantéñense.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e integrar a lóxica financeira a aplicar na toma de decisións de financiamento na empresa A1
A2
A3
A6
A8
A11
B2
B6
B8
B10
C6
Coñecer as teorías financeiras básicas sobre os mercados de capitais e comprender as súas implicacións prácticas A6
A8
A10
A11
B1
B3
B5
B7
C4
C6
C8
Saber valorar un investimento financeiro A2
A4
A5
A8
A11
B4
B9
C1
C6
Saber desenvolver modelos financeiros e aplicar ferramentas informáticas A9
A11
B6
C5
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I: FINANCIAMENTO EMPRESARIAL 1. O financiamento da empresa e o seu custo: o custo de capital
2. A estrutura de capital: a política de endebedamento da empresa
BLOQUE II: SELECCIÓN DE CARTEIRAS E VALORACIÓN DE ACTIVOS CON RISCO 1. A rendibilidade e o risco
2. A formación de carteiras óptimas
3. A valoración de activos con risco
BLOQUE III: PRODUTOS DERIVADOS 1. Futuros e opcións: valoración e estratexias de investimento
2. Permutas financeiras (swaps)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 B1 B2 B5 B10 C4 C5 C6 C7 C8 18 36 54
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 22 44 66
Proba mixta A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 2 13 15
Seminario A3 A6 A8 A9 A11 B2 B3 B7 4 2 6
Proba mixta A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 2 6 8
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica dos temas do programa
Solución de problemas Realización de tarefas prácticas: desenvolvemento de aplicacións dos coñecementos traballados e resolución de exercicios e problemas
Proba mixta Probas teórico-prácticas que poderán ser de diverso tipo (test, resposta breve, resposta ampla...) e que constitúen parte da avaliación continua

Seminario Titorías de grupo reducido que se desenvolverán no cuadrimestre
Proba mixta Exame teórico-práctico sobre os contidos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Proba mixta
Seminario
Descrición
As titorías en grupos reducidos realizaranse nas datas fixadas ao longo do cuadrimestre. Estas titorías poden ser dedicadas, total ou parcialmente, a actividades relacionadas co traballo en grupo.

As titorías individuais do curso para todo o alumnado desenvolveranse a través de Teams ou presencialmente, segundo proceda, e nos horarios publicados polo profesorado a principios de cada cuadrimestre. Recoméndase ao alumnado que contacte previamente por correo electrónico co/coa seu/súa profesor/a para propor a data e a hora que prefira dentro do horario anunciado por este/a, indicando a materia e o grupo ao que pertence, coa finalidade de facilitar a xestión e a efectividade das titorías.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 Durante o periodo de clases, e no prazo estipulado polo profesorado, desenvolverase un traballo en grupo que suporá o 10% da cualificación final (máximo 1 punto) e que forma parte da avaliación continua. O traballo non realizado puntúa como cero. 10
Proba mixta A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 Durante o periodo de clases realizaranse varias probas mixtas de avaliación continua que non terán carácter liberatorio e que suporán en conxunto o 30% da cualificación final (máximo 3 puntos). Cada proba non realizada puntúa como cero. 30
Proba mixta A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 Exame da toda a materia que supón o 60% da cualificación final que se pode obter (máximo 6 puntos). Celebrarase en primeira oportunidade (xaneiro no grao en ADE e maio/xuño no programa de simultaneidade dos graos en ADE e Dereito) e en segunda oportunidade (xullo) nas datas fixadas pola xunta de facultade. 60
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

  1. Condicións de avaliación: está
    prohibido acceder ás aulas de exame con calquera dispositivo aceso que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento
    de información. En canto á comisión de fraude e responsabilidades
    disciplinarias, aplicarase o disposto no artigo 14 das "Normas de avaliación,
    revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
    mestrado universitario" da UDC.
  2. Identificación: cada estudiante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

  1. A cualificación de NON PRESENTADO só se outorgará ao alumnado cuxa participación en actividades de
    avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación
    final, con independencia da cualificación acadada.
  2. A avaliación exposta tamén rexe para o alumnado con recoñecemento de
    dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
    .

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

  1. Os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación.
  2. A oportunidade adiantada de avaliación terá lugar na data establecida pola facultade a tal efecto e o exame
    será tipo proba mixta de todos os contidos e competencias da materia e polo 100% da cualificación.


Fontes de información
Bibliografía básica www.aebanca.es (). Asociación Española de Banca.
www.bde.es (). Banco de España.
www.bolsamadrid.es (). Bolsa de Madrid.
www.cnmv.es (). Comisión Nacional del Mercado de Valores.
Piñeiro, Carlos; De Llano, Pablo (2010). Dirección financiera. Un enfoque centrado en valor y riesgo. Madrid: Delta
www.enisa.es (). Financiación pública para pymes.
Pindado, Julio (dir.) (2012). Finanzas empresariales. Madrid: Paraninfo. Material en www.paraninfo.es/catalogo/9788497328951/finanzas-empresariales
www.ico.es (). Instituto de Crédito Oficial.
www.igape.es (). Instituto Gallego de Promoción Económica.
Boedo, Lucía (2009). Las fuentes de financiación y su coste. A Coruña: Netbiblo. Descargable en ruc.udc.es/dspace/handle/2183/11816
www.bmegrowth.es (). Mercado de capitales para pymes.
www.meff.es (). Mercado Español de Derivados Financieros.
oikonomicon.udc.es (2020). Página del profesor Carlos Piñeiro Sánchez.
Brealey, Richard; Myers, Stewart; Allen, Franklin (2020). Principios de finanzas corporativas. 13ª ed.. Madrid: McGraw-Hill. Accesible en formato electrónico para lectura en www.ingebook.com

Bibliografía complementaria Elvira, Óscar; Puig, Xavier (2015). Comprender los productos derivados: futuros, opciones, productos estructurados, CAPs, Floors, Collars, CFDs.... Barcelona: Profit
Suárez, Andrés (2014). Decisiones óptimas de inversión y financiación en la empresa. 22ª ed.. Madrid: Pirámide
Doldán, Félix (2003). Dirección financiera de la empresa. Santiago: Tórculo
Piñeiro, Carlos; De Llano, Pablo (2011). Finanzas empresariales: teoría y modelos con hoja de cálculo. Santiago: Andavira
Hull, John C. (2014). Introducción a los mercados de futuros y opciones. 8ª ed.. México: Pearson Educación
Álvarez, Begoña; Boedo, Lucía (2011). La financiación empresarial: exposición teórica y análisis de la operativa. Estudio de casos reales desarrollados en Excel. Barcelona: Inforbook's
Valls, María del Carmen; Cruz, Salvador (2012). Operaciones financieras avanzadas. Madrid: Pirámide
Piñeiro, Carlos; De Llano, Pablo (2009). Principios y modelos de dirección financiera. Santiago: Andavira


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise das Operacións Financeiras/611G02004
Estatística I/611G02006
Contabilidade Financeira I/611G02013
Estatística e Introdución á Econometría/611G02014
Contabilidade Financeira II/611G02018
Teoría do Investimento/611G02020

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Planificación Financeira/611G02034

Observacións
  • A entrega de traballos documentais que se realicen nesta materia:
    • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
    • Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
  • Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías