Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Contabilidade de Xestión Código 611G02022
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Garcia Arthus, Emilia Luisa
Correo electrónico
emilia.garcia.arthus@udc.es
Profesorado
Garcia Arthus, Emilia Luisa
López Pampín, José Carlos
Rodriguez Lopez, Manuel
Correo electrónico
emilia.garcia.arthus@udc.es
c.lpampin@udc.es
marod@udc.es
Web
Descrición xeral A Contabilidade de custos e a Contabilidade de xestión, da que forma parte, están detrás de calquera decisión ou estratexia da empresa. Custos e rendementos son elementos de información relevantes na toma de decisións na empresa e nas entidades sen ánimo de lucro; e coñecer a súa natureza, cálculo e influenza na decisión, son competencias básicas para calquer profesional que desexe manexarse axeitadamente na resolución de problemas de xestión.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non haberá modificación nos contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: todas

*Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico
- Plataforma Teams para as titorias virtuais xerais e as específicas para alumnado virtual
- Plataforma Moodle: foros de consultas, exercicios, probas, depósito de materiais, etc.
- o alumnado que non poda asistir ás actividades presenciais por ser grupo de risco poderá escoller a súa preferencia de avaliación (xeral ou alumnado con dispensa de asistencia) ao inicio do curso e disporá dunha hora semanal de titoría virtual a maiores da titoría xeral tamén virtual (os horarios serán fixados ao inicio do curso).

O alumnado que non poda asistir ás clases presenciais por enfermidade temporal debida ao COVID ou cuarenterna relacionada co COVID poderá continuar coa súa avaliación de xeito virtual como os alumnos do grupo anterior, mais poderán continuar coa sua avaliación consonte ao criterio xeral.

4. Modificacións na avaliación
No caso de non poder desenvolver probas presenciais, estas desenvolveranse de modo virtual empregando calquera das plataformas virtuais aceptadas pola Universidade de A Coruña.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Os alumnos disporán de materiais suficientes na plataforma Moodle da materia, ou facilitaranse accesos a materiais virtuais.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber expresarse de xeito oral e máis escrito, empregando correctamente os conceptos básicos da materia: compra, custo, gasto, investimento, pago. A4
A10
B1
B2
B4
C1
C6
C7
Identificar as características dos ámbitos internos e externos da empresa, económico, social e ambiental, así como os modelos contables relacionados con estes. A1
A2
A3
A11
B3
C6
Identificar os diferentes factores de producción de acordo coa súa natureza, función e comportamento A6
A8
Comprender os diferentes modelos de imputación de custos e as posibilidades de afectación e imputación dos mesmos aos portadores de custos en función daqueles. Identificar, calcular e interpretar conceptos tales como Centro de custo, Unidades equivalentes, Unidades técnicas e económicas, Unidades de obra, Capacidade, Tasa de Aplicación e Imputación racional de custos, Prezos de transferencia, custos ambientais. Isto permitirá poder redactar proxects de xestión sustentables ou de áreas funcionais da empresa. A5
A8
A11
B9
C1
Identificar, medir e valorar o emprego dos recursos na empresa, comprender as relacións entre recursos, procesos, outputs, e sustentabilidade, e interpretar os resultados obtidos. A1
A4
A7
A11
Identificar o sistema de custos mais axustado ás características do proceso productivo da empresa. A1
B7
Identificar os custos relevantes na toma de decisións a curto plazo e ser quén de xustificar a decisión tomada e saber traballar en equipo A4
A6
A8
B6
C7
C8
Ser quen de interpretar e razoar as repercusións de calquera cambio nas unidades técnicas ou económicas, do nivel de producción, etc. no plantexamento inicial da situación. A4
A8
B8
Cálcular o custo estándar e relacionalo coa planificación e o control da actividade da empresa. A4
A6
A11
Saber aplica-los conceptos de contabilidade de manera autónoma, crítica, transparente, responsable e desenvolver un espírito emprendedor nun entorno sustentable. A9
A12
B5
B10
C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución á contabilidade de xestión 1.1. Contexto
1.2. Contabilidade financeira e contabilidade de xestión
1.3. Definición, obxectivo e fins
1.4. Importancia da información na contabilidade de xestión: os sistemas de información para a xestión
Tema 2. O cálculo do custo 2.1. Concepto e clasificación dos custos
2.2. O proceso productivo
2.3. Os factores de produción
2.4. Custos por seccións: o modelo de custo completo
2.5. O modelo de custo variable
2.6. Custos por actividades
2.7. Custos para valoración do inventario
2.8. Custos diferentes para sectores produtivos diferentes
2.9. A importancia da capacidade
2.10 O modelo de Custo racional
Tema 3. Análise custo-volume-beneficio 3.1. Supostos de partida e limitacións do modelo
3.2. Punto morto
3.3. Marxe de contribución e ratios
3.4. O problema da produción múltiple
3.5. Análise de sensibilidade
Tema 4. Planificación e control: coste estándar e introdución aos orzamentos 4.1. Natureza do custo estándar
4.2. Cálculo
4.3. As desviacións e a súa interpretación
4.4. O orzamento
Tema 5. Toma de decisións a curto prazo 5.1. O proceso de toma de decisións
5.2. Custos relevantes e toma de decisións
5.3. Decisións a curto prazo
Tema 6. Prezos de transferencia

6.1. Concepto
6.2. Valoración
Tema 7. Contabilidade ambiental 7.1. Contabilidade ambiental e desenvolvemento sostible
7.2. Información social e ambiental
7.3. Alternativas de presentación da información
7.4. Propostas de información de Organismos nacionais e internacionais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B10 C4 C7 C8 16 40 56
Proba mixta A8 A11 C1 2.5 20 22.5
Estudo de casos A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B9 C1 C6 17 20.5 37.5
Solución de problemas A1 A4 A6 A7 B1 B5 B6 B7 B8 C5 10 20 30
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Desenvolvemento dos conceptos teóricos e prácticos básicos da materia.
Proba mixta Exame escrito no que a alumno terá que demostrar ter acadados os resultados de aprendizaxe; a proba incluirá teoría e práctica. Nas sesións de atención personalizada desenvolveranse titorías en pequeno grupo coa fin de aclarar as dúbidas que o alumnado poida ter cara á proba obxectiva.
Estudo de casos O/a alumno/a realizará un traballo en grupo no que desenvolverá o sistema de cálculo do custo do producto ou servizo dunha empresa da súa elección.
Solución de problemas Resolución de exercicios prácticos de aplicación dos conceptos teóricos básicos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Descrición
Titorías guiadas de 4 horas en grupos de 15 alumnos antes do remate do cuadrimestre. Os horarios e o lugar no que se desenvolverán comunicaranse no seu momento.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A4 A6 A7 B1 B5 B6 B7 B8 C5 Valorarase a participación do alumnado nas clases prácticas, na presentación de traballos, a calidade das súas opinións e aportacións, o traballo na aula e a presentación de pequeños problemas que terá que resolver por sí mesmo/a, ou en pequenos grupos, de xeito oral ou escrito 0
Proba mixta A8 A11 C1 Exame escrito que incluirá cuestións teóricas e/ou cuestións prácticas. 30
Estudo de casos A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B9 C1 C6 Traballo en grupo no que se avaliarán, xunto coa súa capacidade de resolución de problemas, a capacidade de síntese, a capacidade para expresarse de xeito oral e escrito, o traballo en equipo, e a utilización das ferramentas teóricas de xeito práctico. 70
 
Observacións avaliación

A continuación especifícanse os criterios para a avaliación na primeira e a segunda oportunidade:

Na primeira oportunidade a superación da materia precisará que o alumno teña sido valorado tanto na súa participación no "estudo de casos" como na "proba mixta".

Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe en actividades
de avaliación que teñan unha ponderación que non supere o 20% da avaliación, con independencia da cualificación acadada.

Segunda oportunidade: na segunda oportunidade os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade, mais para garantir que o alumnado poda superar a materia poderá recuperar un 30% da avaliación continua na proba mixta final respostando unha serie de cuestións teóricas e/ou prácticas.

Convocatoria adiantada: proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación: consistirá nunha proba mixta na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas e na que o/a alumno/a terá que desmostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Proba mixta cun peso do 100% sobre a
cualificación: consistirá nunha proba mixta na que se incluirán
cuestións teóricas e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar
ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da
materia.


CONDICIÓNS DE AVALIACIÓN:

- está prohibido o acceso ás aulas de exame con calquera tipo de dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, excepto naqueles casos nos que o profesorado responsable da materia así o estableza.

- O/a estudante haberá de identificarse antes do inicio da proba utilizando calquera dos medios aceptados pola Universidade da Coruña


Sexa cal sexa a convocatoria ou a dedicación do/a estudante, a
cualificación mínima para obter un aprobado é de 5 (50%).


Fontes de información
Bibliografía básica García Suarez, José Luis (director) (2014). Cálculo de costes y control de gestión 70 casos de aplicación práctica. Delta publicaciones
García Suárez, José Luis (coordinador) (2012). Cálculo, análisis y gestión de costes. Delta publicaciones
AECA Asociación Española de Contabilidad y Administración de Empresas (2003). Contabilidad de Gestión para la toma de decisiones.
Somoza López, Antonio (2016). Contabilidad social y medioambiental. Pirámide
Tomás Escobar; Virginia Cortijo (2011). Fundamentos de Contabilidad de gestión. Pearson
Moscoso, Philip; Lago, Alejandro (2016). Gestión de operaciones para directivos. McGraw Hill Education

A bibliografía poderá ser actualizada en calquera momento por mor da inclusión de novos textos que o profesor considere axeitados para o alumnado.

Bibliografía complementaria Ripoll Feliu, Vicente M., coord. Alcoy (2011). Contabilidad analítica -- Problemas y ejercicios.. Barcelona: Profit
Carlos Mallo, María Ángela Jiménez Montañés (2009). Contabilidad de costes. Madrid : Pirámide
Sáez Torrecilla, Ángel. (). Contabilidad de costes y contabilidad de gestión. Madrid : McGraw-Hill
Catalina Vacas Guerrero ... [et al.] (2009). Fundamentos de contabilidad de costes y de gestión: una visión práctica . Collado Villalba : Delta
Muñoz, Clara; Zornoza, Javier; Veuthey Eloy (2008). Introducción a al contabilidad de costes para la gestión. TME Tratados y manuales de empresa


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías