Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Facenda Pública. Sistema Fiscal Código 611G02026
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Rego Veiga, Gustavo
Correo electrónico
gustavo.rego@udc.es
Profesorado
Lopez Martinez, Ivan
Rego Veiga, Gustavo
Rivera Castiñeira, M. Berta
Vasallo Rapela, Alejandro
Correo electrónico
ivan.lopezm@udc.es
gustavo.rego@udc.es
b.rivera@udc.es
alejandro.vasallo@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia estúdanse as causas de intervención do Sector Público na actividade económica e a vertente de ingresos públicos. Delimítase o sector público e as súas funcións, e preséntase o orzamento como instrumento fundamental de intervención, ao incluír as previsións de gastos e ingresos deste axente económico.
Introdúcense os ingresos públicos, dedicando os diferentes temas ás principais figuras tributarias: o Imposto Persoal sobre a Renda, o Imposto de Sociedades, a imposición indirecta e o financiamento subcentral.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais
- Sesión maxistral
- Proba obxectiva (computa na avaliación)
- Solución de problemas (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
- Traballos tutelados (computa na avaliación)
- Atención personalizada

*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifica ningunha metodoloxía

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

– Correo electrónico: De luns a venres. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das actividades propostas.
– Moodle: De luns a venres. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 2 sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e das actividades propostas na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais para o seguimento e apoio na realización das actividades propostas. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación

Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo necesarios

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar e coñecer a organización do Sector Público e os fundamentos da súa intervención na economía. A4
A6
A7
A8
A11
B1
B3
C8
Coñecer o funcionamento xeral das finanzas públicas e as súas implicacións sobre as magnitudes macroeconómicas. A7
A8
A9
A11
B2
B5
B6
Coñecer os principais elementos do sistema fiscal español e as súas figuras tributarias. A1
A2
A3
A8
Coñecer o significado dos distintos elementos dos impostos e as súas implicacións. A8
A9
A10
A11
B7
B9
Habilidades de xestión da información relacionada coa materia: obtención e análise crítica de diferentes fontes A5
A6
A8
A9
A11
B4
C2
C3
Habilidade para traballar en equipos interdisciplinarios A2
A12
B8
B10
C1
C4
C5
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1 - INTRODUCIÓN AO SECTOR PÚBLICO E ACTIVIDADE FINANCEIRA • Razóns para a intervención do Sector Público na economía
• Sector Público: configuración e delimitación
• Instrumentos de intervención
• O Orzamento Público. Concepto principios e indicadores

TEMA 2 - INGRESOS PÚBLICOS E CONCEPTOS TRIBUTARIOS BÁSICOS • Concepto e clases de ingresos públicos
• Imposto: concepto, elementos e clasificación
• Estrutura fiscal española por niveis de goberno
TEMA 3 - TEORÍA DA IMPOSICIÓN: EQUIDADE, INCIDENCIA E EFICIENCIA • Incidencia impositiva
• Principios tributarios. Especial referencia á eficiencia e equidade
• Distorsións impositivas e exceso de gravamen
• Principais causas da erosión da recadación no sistema tributario
TEMA 4 - IMPOSTO SOBRE A RENDA PERSOAL • Xustificación dun imposto sobre a renda persoal
• A renda como medida da capacidade de pago do imposto
• Determinación da renda fiscal
• Elección da unidade contribuinte
• A inflación e o imposto sobre a renda

TEMA 5. IMPOSTO DE SOCIEDADES • Xustificación do imposto
• Estrutura do imposto.
• Integración dos impostos sobre a renda e sociedades.
TEMA 6. IMPOSICIÓN INDIRECTA. O IVA • Ventaxes e inconvintes da imposición indirecta sobre o consumo
• Imposición selectiva
• Impostos sobre o volumen de ventas
• Impostos sobre o valor engadido
TEMA 7. IMPOSTOS SOBRE A RIQUEZA • Xustificación
• Imposición sobre o patrimonio neto
• Impuesto sobre sucesións e doazóns
• Outros impostos sobre a riqueza.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 2 16 18
Solución de problemas A3 A4 A6 A9 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 12 24 36
Actividades iniciais C7 C8 2 0 2
Traballos tutelados A4 A6 A9 A10 B2 B5 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 9 27 36
Sesión maxistral A2 A3 A6 A7 A8 A10 18 36 54
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode combinar distintos tipos de preguntas: de resposta múltiple (formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta con varias opcións ou alternativas de resposta das que só unha de las é válida), de ensaio (preguntas de certa amplitude por escrito nas que se valora que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.)). Tamén pódese construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.
Solución de problemas Resolución de exercicios, comentarios e/ou cuestionarios que deberá entregar o estudante aos profesores.
Actividades iniciais Sesión dedicada a ofrecer unha visión global da materia que se vai a impartir, enmarcándoa no campo da Facenda Pública.
Traballos tutelados Realización de traballos relacionados có contido da materia e presentación dos mesmos.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
Destinadas a reforzar determinados aspectos da aprendizaje autónoma do estudante mediane o seguimento e supervisión de distintas actividades programadas (búsqueda de datos, fontes bibliográficas, resolución de problemas, exposición dos traballos)

Faranse grupos reducidos de alumnos e programaranse titorias para resolver dúbidas e para facilitar a preparación da proba final

Para o alumnado con dispensa académica de exención de aisistencia acordarase, a principios do cuadrimestre, un programa que lle permita realizar os caos prácticos e o traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A6 A9 A10 B2 B5 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Realización de traballos relacionados có contido da materia e presentación dos mesmos. 40
Solución de problemas A3 A4 A6 A9 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Resolución de exercicios, comentarios e/ou cuestionarios que deberá entregar o estudante aos profesores. 20
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 Consistirá nun exame escrito na que se poden utilizar preguntas de resposta múltiple e/ou ensaio e casos prácticos 40
 
Observacións avaliación

1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
cualificación alcanzada.



2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de
avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na segunda oportunidade poderán
mellorar a súa cualificación do traballo tutelado ate un máximo de 2 puntos. Na
convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación
continua (solución de problemas, probas de resposta breve, intervencións
durante as sesións magistrales) mediante preguntas adicionais á proba
obxectiva final.



3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia:
Excepto para as datas
aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as
restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico
de datas compatible coa súa dedicación.



4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder ao
aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co
exterior e/ou almacenamiento de información.



5. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vigente.

Outras observacións de avaliación:

Para aprobar a materia, asemade de sumar 5 ou máis puntos (sobre 10) na avaliación, cómpre acadar unha puntuación mínima;1,6 de 4,0 puntos na proba obxectiva.

O
estudantado poderá mellorar a súa cualificación na avaliación continua, en 1
punto como máximo, mediante a súa participación en actividades académicas
desenvolvidas polo centro e recomendadas polo profesor


Fontes de información
Bibliografía básica

ALBI, E., J.M. GONZÁLEZ-PÁRAMO e I. ZUBIRI (2017): Economía Pública I y II, Ed. Ariel, Barcelona.

COSTA, M., J.M. DURÁN e outros (2005): Teoría básica de los impuestos. Un enfoque económico, 2ª ed, Ed. Thomson Civitas.

DOMÍNGUEZ, J.M. e G. CARRASCO (1998): Ejercicios de Hacienda Pública, Ed. Pirámide, Madrid.

ROSEN, H.S. (2007): Hacienda Pública, 5ª edición, Ed. McGraw-Hill, Madrid.

RUIZ-HUERTA, J. e LOSCOS FERNÁNDEZ, J. (dirs) (2003): Ejercicios de Hacienda Pública, Ed. McGraw-Hill, Madrid.

STIGLITZ, J.E. e ROSENGANRD, J.K. (2016): Economía del sector público. 4ª Edicción. Antoni Bosch.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos que se realicen nesta materia:
      a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
      b. Realizarase a través de Moodle, en formato digital sen necesidade de imprimilos
2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidad nos comportamentos persoais e profesionais.
3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías