Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Deseño Organizativo Código 611G02029
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Nieto Uria Ribeiro De Almeida, Arturo J.
Correo electrónico
a.nietouria@udc.es
Profesorado
Barbeito Roibal, Susana Maria
Guillen Solorzano, Maria
Nieto Uria Ribeiro De Almeida, Arturo J.
Correo electrónico
susana.barbeito@udc.es
maria.guillen@udc.es
a.nietouria@udc.es
Web
Descrición xeral A materia centrase no análise das estruturas organizativas das empresas no mundo real.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se modificarán os contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican
MAnteñense as mesmas metodoloxías, que serán desenvolvidas polos medios informáticos dispoñibles na Universidade.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Pasariamos a tutorías por Teams, diariamente a solicitude previa do alumnado por correio electrónico.
Semanalmente reunión e clase de traballo para aclaración xeral de dudas e impartición de contidos.

4. Modificacións na avaliación
A avaliación permanecerá invariavel, dado que esta asignatura evaluase mediante a realización e presentación de traballos grupais incluindo a defensa de forma oral dos mesmos. Dadas as ferramentas informáticas dispoñibles, esto mesmo podese realizar por Teams.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se considera

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos e difundir o uso das novas tecnoloxías A3
A9
B1
B2
B3
B4
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida y fomentar los valores del esfuerzo, trabajo, formacion continua e iniciativa privada C6
C7
C8
Saber facer a presentación oral e escrita dun proxecto de xestión e análise da estrutura organizativa dunha empresa e comunicarse con fluidez non seu contorno A10
A11
B5
B6
C1
C5
Saber deseñar organigramas e realizar análise das competencias dos diferentes postos de traballo, base para emitir informes e proxectos de xestión A1
A2
A4
A5
A6
A8
B10
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria. C4
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. B7
B8
C1

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: Introdución á análise organizativa 1.1. Mecanismos de coordinación
1.2. Elementos básicos e partes fundamentais
TEMA 2: Parámetros de deseño organizativo 2.1. Deseño de postos.
2.2. Deseño da estrutura departamental
2.3. Deseño de vínculos laterais.
2.4. Descentralización
TEMA 3: Factores de continxencia 3.1. Idade
3.2. Tamaño
3.3. Sistema técnico
3.4. Contorno
3.5. O papel do poder
TEMA 4: Configuracións estruturais 4.1. Simple
4.2. Burocracia maquinal
4.3. Burocracia profesional
4.4. Divisional.
4.5. Adhocracia

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A2 A3 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B10 C4 C5 C6 C7 C8 4 4 8
Sesión maxistral A4 A5 A6 B1 B5 B6 17 17 34
Proba mixta A1 B2 B3 B4 C1 2 0 2
Traballos tutelados A1 B2 B3 B4 C1 27 76 103
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Organizaranse 4 horas de titorías presenciais para o seguimento dos traballos cuxas datas e horas serán comunicadas ao longo do curso.
Sesión maxistral Presentación de conceptos teóricos básicos
Proba mixta
Traballos tutelados Traballos grupais con exposición oral.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
Os seminarios e as titorías servirán para aclarar dúbidas e facer un seguimento dos traballos tutelados.
As dúbidas, aclaracións e seguimento dos traballos tutelados realizarase mediante tutorías personais ou grupais, previa solicitude por correio electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 B2 B3 B4 C1 Dous traballos en grupo e exposición oral dos mesmos. Un deles podería ser sustituído, a criterio do profesor, por pequenos casos prácticos a resolver na propia aula. 85
Proba mixta A1 B2 B3 B4 C1 O alumnado realizará unha proba mixta para demostrar a adquisición dos coñecementos teórico prácticos da materia. Poderán eximirse da realización da mesma o alumnado que acade unha nota media ponderada superior a 5,6 nos traballos tutelados. 15
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación:

Está prohibido acceder á aula do exame/probas/traballos concalquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamentode información. lémbrase que calquera alumno sorprendido realizando examenes, traballos ou probas mediantecalquera procedemento fraudulento asignaráselle unha nota de cero na convocatoria.

2. Identificación do estudante:

O estudante ha de acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1. Cualificación de nonpresentado:

Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades deavaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2. Os alumnos a tempo parcial

deberán comunicarllo aos profesores. Nestes casos, os profesores valorarán a adaptación dos criterios de avaliación. É altamente recomendable a asistencia a clase e o seguimento de todas as actividadesprogramadas na materia.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN E SISTEMAS DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade:

Aplicaranse os criterios de avaliación indicados nesta sección:

Para superar esta materia os alumnos deberán realizar dous traballos grupais durante o transcurso do cuatrimestre e expolos oralmente en clase e unha Proba Mixta que os alumnos poderán eximirse caso superen unha determinada nota media cos traballos tutelados.

O primeiro traballo terá unha ponderación do 35% da nota final.

O segundo traballo terá unha ponderación do 50% da nota final.

Proba Mixta (Examen final) terá unha ponderación do 15% da nota final

Os alumnos que acaden unha nota de 5,6 sobre 10 de media nos traballos tutelados poderán eximirse da realización do exame final.

Os traballos grupais tutelados realízanse ao longo do curso e non é posible a súa realización fora do período lectivo.

Nas defensas orais dos traballos grupais participarán todos os compoñentes do grupo responsable da súa elaboración.

Para o cálculo da nota media final, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos en calquera dos dous traballos (non se calculará a nota media dos alumnos que obteñan unha nota menor que esta).

Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

2. Segunda oportunidade:

Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación.

Non obstante o anterior, na segunda oportunidade, establécense os seguintes criterios para unha plena igualdade entre ambas as oportunidades:

En caso de superar un dos traballos , gardarase a cualificación obtida neste e deberase repetir soamente o que non se superou. Establécense as seguintes opcións:

Alumnado que non alcanzou a nota mínima no traballo 1:

Deberán realizar o mesmo traballo que se lle encomendou ao principio de curso.

Alumnado que non alcanzou a nota mínima no traballo 2:

Deberán poñerse en contacto co profesor/a da materia paraque lles asigne unha nova organización sobre a que realizar o traballo (non se poderá realizar o traballo 2 sobre a mesma organización elixida na primeira oportunidade). No caso de que non se elixira aínda organización, deberase comunicar ao profesor/á organización elixida. En caso de non superar ningún dos dous traballos, deberán realizarse ambos nas condicións sinaladas anteriormente.

A data límite para a entrega dos traballos será catro días antes da data establecida no calendario oficial de exames da segunda oportunidade. A exposición e defensa dos traballos farase na data oficial do exame de segunda oportunidade.

Modo de entrega: a través de correo electrónico ao profesor/a de a materia.

3. Convocatoria adiantada:

Para aqueles alumnos que cumpran os requisitos esixidos para o acceso á proba adiantada, o criterio de avaliación será igual aos do calendario normal. Debendo entregar os traballos encomendados polos docentes da materia. Deberán contactar co Coordinador da Materia para que lles asigne os correspondentes traballos.

D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN

Os alumnos saberán as cualificacións dos traballos antes da data marcada pola facultade para os examenes (Xuño ou Xullo).

Os criterios de avaliación e cualificación son, exactamente,iguais nas dúas oportunidades (Xuño e Xullo).

Considérase que un alumno está dentro da avaliación continua e, por tanto, aplicaráselle o esquema de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos e casos prácticos encargados. Por tanto, este alumno se non alcanza o cinco, estará "suspenso" nas actas da materia.

As guías para a realización dos traballos tutelados ou de calquera outra práctica ou exercicio proposto polo profesor estarán colgadas na plataforma Moodle, coa suficiente antelación.

Calquera información, aviso aos alumnos,etc. colgarase nesta plataforma. Enviarase un e-mail notificándoo.

É responsabilidade do alumno consultar a dirección de e-mail que a UDC lle asigne.

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

b. Realizarase a través de Moodle, Teams ou correio electrónico en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

NOTA IMPORTANTE ALUMNOS DE INTERCAMBIO/CONVENIO BILATERAL/ ERASMUS/...

As entregas de traballos estableceranse a principio de curso.


Fontes de información
Bibliografía básica Morales Fernández, E. J. y Ariza Montes, J. A. (2015). Diseño y organización de empresas. Ediciones Universitarias McGraw-Hill
Mintzberg (Varios). La estructuración de las organizaciones. Ariel

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G02008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
É unha materia eminentemente práctica.
O seu desenvolvemento supón unha implicación do alumno na realización dos traballos grupais desde o inicio da mesma.
É altamente recomendable, como aprendizaxe, asistir sempre a clase e ás presentacións orais de todos os grupos.
Os docentes da materia realizan comentarios, recomendacións e imparten docencia nas devanditas sesións.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías