Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Contabilidade Directiva Código 611G02032
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Ruiz Lamas, Fernando
Correo electrónico
fernando.ruiz@udc.es
Profesorado
Abeal Vazquez, Jose Pablo
Ruiz Lamas, Fernando
Correo electrónico
j.abeal@udc.es
fernando.ruiz@udc.es
Web http://http://fv.udc.es/12Ciclo/entrada.asp?pAsignatura=&pAmbito=0&am
Descrición xeral A materia persigue aprender a elaborar, ler, e interpretar e analizar información económico-financeira de una empresa para a toma das decisións xerenciais.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Competencias globais necesarias para un profesional nunha sociedade democrática de libre mercado. Comportamento ético e adecuado nun ambiente académico e profesional. C1
C4
C5
C6
C7
C8
Comprender unha organización empresarial tendo en conta as súas características, sector e tamaño, a través da análise de casos reais. Identifique indicadores relevantes para investimentos e xestores Traballo de habilidade dentro dun equipo Capacidade para comunicar resultados financeiros aos interesados. Habilidades no uso de novas tecnoloxías de información e comunicación. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
Habilidades necesarias para aplicar os principios de contabilidade a problemas específicos que non se establecen na normativa actual e criticalo e fixeron propostas para melloralo B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B10

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: O SISTEMA DE INFORMACIÓN FINANCEIRA EMPRESARIAL Información financeira interna vs. externa.
Información financeira normalizada.
A información financeira como ben público: comportamiento ético
TEMA 2: PREPARACIÓN DE CONTAS ANUAIS Contas anuais na normativa española.
Contas anuais nas Normas Internacionais de Información Financeira.
Modelos de contas anuais consolidadas.
Requisitos de presentación e depósito.
TEMA 3. OTRA INFORMACIÓN FINANCEIRA OBRIGATORIA O informe de xestión
O informe de auditoría.
O informe de gobierno corporativo.
Requerementos específicos a empresas cotizadas.
TEMA 4: INTRODUCCIÓN Á ANÁLISE DE ESTADOS FINANCEIROS Finalidade e enfoques
Limitacións da información
Revisión formal.
Análise do entorno.
Análise das características da entidade
Técnicas e instrumentos para a análise
Ciclo de explotación e ciclo de capital.
TEMA 5: ANÁLISE ECONÓMICO Análise da composición e evolución da conta de resultados
Rendibilidade económica.
Análise do margen
Análise da rotación
Análise do valor engadido
TEMA 6: ANÁLISE FINANCIERO Análise de situación da liquidez e a solvencia
Análise dinámico da liquidez e a solvencia
O apalancamento financeiro
A rrendibilidade dos capitales propios
O beneficio por acción
TEMA 7: INFORMACIÓN ESTRATÉXICA PARA A DIRECCIÓN O informe de capital intelectual
Indicadores de xestión e cadro de mando integral
Memorias de sostenibilidade (responsabilidade social corporativa)
Información integrada

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A6 A8 A11 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C4 C5 C6 C7 17 34 51
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 25 50 75
Proba mixta A1 A3 A6 A7 A8 A11 B1 B2 B7 C1 C8 3 9 12
Presentación oral A9 A10 A11 A12 C1 2 6 8
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición resumida dos temas do programa con axuda de supostos prácticos.
Solución de problemas Resolución de casos prácticos, tanto na aula como fora dela, tanto individual como en grupo.
Proba mixta Exames teórico-prácticos.
Presentación oral Presentación oral de soplucións de casos prácticos. Pode ser tanto individual como en grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
Titorización para a resolución de casos prácticos.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 Solución de casos prácticos, que poderán ser presentados oralmente. 20
Sesión maxistral A1 A3 A6 A8 A11 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C4 C5 C6 C7 Se puntuará a asistencia e participación na aula. 20
Proba mixta A1 A3 A6 A7 A8 A11 B1 B2 B7 C1 C8 Exames teórico-prácticos, valorados conforme se explica nas observacións. 60
 
Observacións avaliación
Os cuestionarios de exame se redactarán inicialmente en castelán. Os alumnos que desexen un enunciado en galego deberán solicitalo con unha antelación mínima de 15 días.
Condicións de realización das probas mixtas:
Está prohibido acceder a aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior, ou almacenamento de información. As faltas de disciplina implicarán que o alumno deberá realizar oralmente as probas de avaliación.
Os casos prácticos deberán ser entregados ao longo do curso, dentro dos prazos marcados polo profesor.
Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando solo participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación non superior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación obtida.
Probas mixtas
A primeira proba (exame) avaliará os temas 1 a 3, e se realizará inmediatamente despois de completar eses temas (outubro ou novembro). A puntuación máxima será de 3 puntos. A segunda proba se corresponde co exame final, no que se avaliará toda a materia. A puntuación máxima será de 6 puntos. Os alumnos que aprobaran a primeira das probas obxectivas (un mínimo de 1,5 puntos sobre o máximo de 3 puntos) non estarán obrigados a examinarse dos temas xa superados. Así, se un alumno aprobou a primeira proba obxectiva, solo terá que examinarse obrigatoriamente dos temas 4 a 7 no exame de xaneiro.
Na primeira oportunidade (xaneiro ou maio), os alumnos que non superaron o primeiro exame dos temas 1 a 3 so serán avaliados pola cualificación obtida no exame final. Na segunda oportunidade (xullo), os alumnos que non superaron o primeiro exame dos temas 1 a 3 serán avaliados pola maior das puntuacións acadadas nos exames da primeira e da segunda oportunidade.
Os alumnos que superaron o primeiro exame dos temas 1 a 3 serán avaliados na primeira oportunidade pola maior das puntuacións acadadas nese exame, de presentarse na convocatoria oficial para subila nota acadada no primeiro exame. Estes alumnos, no seu caso, na segunda oportunidade (xullo) serán avaliados no exame dos temas 1 a 3 pola maior das 2 ou 3 notas acadadas ao longo do curso.
No que respecta aos temas 4 a 7, valorase en un máximo de 3 puntos. Para aprobar a materia, requírese acadar nesta parte un mínimo de 1 punto. Para a segunda oportunidade, tomarase a mellor das dúas notas dos temas 4 a 7, sempre que se supere a nota mínima de 1 punto. De non superar a materia por esta causa, a cualificación en actas non recollerá as puntuacións das probas mixtas.
Solución de problemas
Poderán sumarse ata 2 puntos pola realización e/o presentación oral de prácticas individuais ou en grupo. Ao efecto, se deberán realizar e entregar no prazo establecido os cuestionarios propostos polo profesor. Entregados os cuestionarios, se realizarán dous exames, que poderán ser orais ou escritos, sobre o temario correspondente ao seu contido. O primeiro exame referirase aos temas 1 a 3. Acadarase una puntuación máxima de 1 punto, sempre que as prácticas correspondentes a esa parte tiñan sido cualificadas como Apto. O segundo exame referirase aos temas seguintes. Acadarase unha puntuación máxima de 1 punto, sempre que as prácticas correspondentes a esa parte tiñan sido cualificadas como Apto.
Sesión maxistral
A cualificación das sesións maxistrais (20% de la cualificación) esixirá unha asistencia mínima a clase do 70%.
A avaliación en xullo aplica as mesmas normas, salvo que entren en contradición coa normativa xeral da UDC ou da Facultade de Economía e Empresa. Porem, os alumnos que suspendan na 1ª oportunidade non poderán acadar unha nota final na materia maior de 6 puntos (Aprobado) na 2ª oportunidade de xullo.
Avaliación adiantada
No caso de que ao alumno se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e só neste caso, realizarase unha proba mixta oral e/ou escrita encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo.


Fontes de información
Bibliografía básica Muñoz Merchante, Ángel (2009). Análisis de estados financieros : ejercicios y test . Madrid : Ediciones Académicas
Muñoz Merchante, Ángel (2009). Análisis de estados financieros : teoría y práctica . Madrid : Ediciones Académicas
GONZÁLEZ PASCUAL, J. (2008). Análisis de la empresa a través de su información económico-financiera : aplicaciones prácticas. . Madrid: Pirámide
GONZÁLEZ PASCUAL, J. (2008). Análisis de la empresa a través de su información económico-financiera. Fundamentos teóricos y aplicaciones. . Madrid. Pirámide
KAPLAN, R.S. y NORTON, D.P. (2009). Cómo utilizar el cuadro de mando integral : para implantar y gestionar su estrategia. Barcelona. Gestión 2000

Bibliografía complementaria (). .
ESTEO SÁNCHEZ, F. (2003). Análisis de Estados Financieros. Planificación y Control. Madrid: CEF

www.icac.meh.es

www.ifrs.org

www.cnmv.es

www.globalreporting.org

www.theiirc.org


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Contabilidade Financeira I/611G02013
Contabilidade Financeira II/611G02018
Contabilidade de Xestión/611G02022
Contabilidade das Operacións Societarias/611G02027

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Sistemas de Información para a Xestión Financeira da Empresa/611G02028

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías