A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
1. Condicións de avaliación: o comportamento fraudulento
en calquera dos apartados sometidos a valoración supoñerá a cualificación de
cero puntos na avaliación final.
2. Identificación do estudante: o estudante ha de
acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:
1. Cualificación de non presentado: corresponde ao
alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
cualificación alcanzada.
2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia: os estudantes con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial serán avaliados cos mesmos
criterios que os alumnos a tempo completo.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de
avaliación anteriormente indicados no apartado de avaliación.
2. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación
son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Gardarase a cualificación da avaliación continua
obtida ao longo do curso (parte B) para a segunda oportunidade.
3. Convocatoria adiantada: as condicións de
avaliación da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de
Grao e Mestrado Universitario)
serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha
proba mixta ampla, que conterá tanto a parte A (exame) como a B (solución de
problemas) da avaliación, e que supoñerá o 100 % da cualificación final.
D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:
Participación nas sesións. Utilización do material de estudo
proporcionado (temas e modelos de simulación) e da bibliografía recomendada no
programa. Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento
das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario.
Avaliación:
A.-Exame (proba mixta final): 50% da cualificación.
B.-Avaliación continua (solución de problemas): 50% da
cualificación.
Na parte A (proba mixta final) será necesaria unha nota
mínima de 1.5 sobre 5 para poder superar a materia. A nota agregada (A+ B)
deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.
Calquera cualificación inferior a 5 comportará o suspenso na materia. No caso
de que non se supere o 1.5 na proba mixta final (parte A), a nota resultante
será o mínimo entre 4.5 e a suma das dúas notas (parte A e parte B).
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Dirección Estratéxica e Política Empresarial I/611G02025 |
|