Competencias do título |
Código
|
Competencias do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias do título |
Comprender a importancia da planificación xeral e financeira no proceso de xestión empresarial. |
A1 A4 A5 A6 A8 A11
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10
|
C5
|
Profundar na lóxica da valoración financeira |
A3 A4 A5 A6 A8 A9 A11
|
B1 B5 B7 B9
|
C8
|
Aprender as bases da modelización no ámbito da planificación financeira, comprendendo as relacións existentes entre os conceptos e e os diferentes estados financeiros previsionais. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A11
|
B3 B5
|
C5 C6 C7 C8
|
Ser capaz de elaborar, transmitir e defender un plan de empresa a partir dos modelos de planificación financeira e usando as ferramentas informáticas comúns no ámbito empresarial. |
A1 A5 A6 A10
|
B4 B6 B8
|
C1 C4 C5 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. Creación de valor na empresa e Dirección Baseada no Valor. |
1.1.O obxectivo da planificación financeira: a creación de Valor
1.1.1.A medida do valor: fluxos de caixa descontados e outras medidas
1.1.2 Estratexia e creación de valor
1.2. O proceso de planificación financeira
|
TEMA 2. O Estado Previsional de Recursos Xerados |
2.1.Introdución ao Estado Previsional de Recursos Xerados
2.2 A orixe dos recursos xerados
2.3 Os usos do recursos xerados
2.3.1 Política de amortizacións técnicas
2.3.2 Política de dividendos
2.3.3 O autofinanciamento
|
TEMA 3. A planificación do Capital Corrente |
3.1. Introdución ao estado previsional de Necesidades Netas do Capital Corrente.
3.2. Políticas de Capital Corrente
3.2.1 existencias
3.2.2 Clientes
3.2.3 Tesouraría operativa
3.2.4 Financiamento a curto prazo.
|
TEMA 4. O Orzamento de Capital |
4.1. Orzamento de capital: concepto, usos e estrutura
4.2. Orzamento de Investimentos
4.3. O Orzamento de Financiamento. Estrutura óptima de capital.
4.4 Implicacións financeiras |
TEMA 5. O Orzamento de Tesouraría |
5.1. Introdución
5.2. Estrutura e contido
5.3. Políticas de Tesouraría
|
TEMA 6. Análise global e control do Plan Financeiro |
6.1 Análise global
6.2 Control do Plan Financeiro
6.2.1. Control a priori
6.2.2. Control a posteriori
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
17 |
17 |
34 |
Estudo de casos |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C5 C6 |
25 |
75 |
100 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A3 A4 A5 A8 A9 A11 B3 B4 B5 B7 B9 C5 |
4 |
4 |
8 |
Proba mixta |
A1 A3 A4 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 C1 |
2 |
2 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais exporanse os contidos teóricos do temario da materia facendo especial fincapé naqueles asuntos de máis difícil comprensión. Empregaranse tecnoloxías como a presentación eléctrónica, a folla de cálculo... |
Estudo de casos |
Proporase ao alumnado unha colección de casos para que sexan resoltos de maneira individual ou en grupo. Para a resolución deberán empregar como ferramento básica a folla de cálculo. Esta metodoloxía forma parte da avaliación continua. |
Prácticas a través de TIC |
Desenvolvemento e implantación de modelos de análise a través de follas electrónicas. Progamaranse sesións con orientación ao traballo en grupo. |
Proba mixta |
Esta proba consistirá nun conxunto de cuestións de formato diferente sobre os aspectos teóricos, exercicios prácticos e casos vistos durante o desenvolvemento da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Sesión maxistral |
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
A atención personalizada terá lugar durante o tempo de titorías individuais e en pequeno grupo. Atenderase de forma persoal ou en pequeno grupo a aqueles alumnos/as que precisen clarificar aspectos teóricos expostos durante as sesións maxistrais ou prácticos vinculados á resolución de problemas, ao estudo de casos prácticos ou ás lecturas recomendadas. Desenvólvense online. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C5 C6 |
Os alumnos discutirán e resolverán os casos que os docentes lles propoñan durante o cuadrimestre. Haberá dous casos a través dos que se estruturará a docencia e dos que poderán derivarse minicasos suxeitos a valoración. A avaliación continua centrarase no estudo de casos.
|
60 |
Proba mixta |
A1 A3 A4 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 C1 |
Os alumnos someteranse a unha proba mixta durante o período oficial de avaliación. Esta proba consisitrá nunha serie de cuestións de formatos diversos orientada a valorar en que medida foron adquirindo os resultados da avaliación que se pretenden nesta materia. |
40 |
|
Observacións avaliación |
O sistema mencionado arriba é común para a primeira e a segunda oportunidades. Con carácter xeral, as actividades de avaliación continua serán valoradas cando se leven a cabo de acordo coa programación prevista do grupo correspondente. No cálculo da avaliación continua serán consideradas as seis mellores puntuacións das sete probas realizadas ao longo do período docente. Cada proba valerá un punto. Porén, a cualificación dunha das probas podería substituírse pola obtida mediante a participación en actividades complementarias programadas (conferencias, seminarios, etc.). Na segunda oportunidade, o alumnado poderá recuperar até 4 puntos da avaliación continua. Para isto, antes do exame da segunda oportunidade, realizará unha proba global sobre os casos nos que se baseou a avaliación continua da primeira oportunidade. Se o resultado desta proba fose inferior ao da avaliación continua da primeira oportunidade, o alumno conservará a nota da primeira oportunidade. As condicións de avaliación da Oportunidade Adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá o 100 % da cualificación final. Esta proba mixta será deseñada de maneira singular e específica para valorar en que medida o/a estudante adquiriu os resultados da aprendizaxe aos que se fai referencia na presente guía. Os estudantes a tempo parcial serán avaliados segundo o sistema descrito.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Arnold, G. (2008). Corporate Financial Management. Prentice Hall, Harlow, 4th Ed.
Asch, D.; Kaye, G.R. (1989). Financial Planning. Modelling Methods and Techniques. Kogan Page, Londres
Berk, J.; DeMarzo, P. (2017). Finanzas Corporativas. Pearson
Morris, J.R.; Daley, J.P. (2009). Introduction to Financial Models for Management and Planning. Chapman & Hall/CRC Finance
Rodríguez, A.; Iturralde, T. (2008). Modelización Financiera Aplicada. Modelos de Planificación Financiera con Excel. Delta Publicaciones, Madrid.
Rodríguez, A. (2009). Planificación Financiera Aplicada. Tórculo Edicións, Santiago de Compostela.
Durbán, S.; Irimia, A.I.; Oliver, M.D.; Palacín, M.J. (2009). Planificación financiera en la práctica empresarial. Ediciones Pirámide, Madrid.
Brealey, R.; Myers, S.; Allen, F. (2010). Principios de Finanzas Corporativas. McGraw-Hill, 9ª Ed.
Fernández, P. (1999). Valoración de Empresas. Gestión 2000 |
|
Bibliografía complementaria
|
Mascareñas, J. (2010). Finanzas para directivos. Pearson, Madrid.
Ruiz, R.J.; Gil, A.M. (2000). La Planificación Financiera de la Empresa. Instituto Superior de Técnicas y Prácticas Bancarias, Madrid
Rodríguez, A.; Barros, F. (2009). Planificación Financiera de Cooperativas. Modelos de Planificación Financiera de Cooperativas con Excel. Centro de Estudios Cooperativos (CECOOP), USC, Santiago de Compostela.
Cibrán, P.; Villanueva, M.; Fernández, M.T. (2008). Planificación Financiera. Teoría y Casos Prácticos. Tórculo Edicións, Santiago de Compostela
Boquist, J.; Milbourn, T.; Thakor, A. (2010). The Value Sphere. The Corporate Executives' handbook for creating and retaining Shareholder wealth. World Scientific, Singapore |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Análise das Operacións Financeiras/611G02004 | Teoría do Investimento/611G02020 | Teoría do Financiamento/611G02021 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
No escenario docente semipresencial, combinaríanse sesións
presenciais e en liña, seguindo as instrucións da institución. En escenarios docentes presenciais e semipresenciais, intentaríase
facilitar, na medida do posible, o seguimento en liña das sesións presenciais. O
uso de dispositivos electrónicos (ordenadores, tabletas e teléfonos) na aula
poderá autorizarse exclusivamente para usos académicos. |
|