Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Resolución de Conflitos da Empresa Código 612943307
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Dereito Público
Coordinación
Neira Pena, Ana
Correo electrónico
ana.neira@udc.es
Profesorado
Neira Pena, Ana
Correo electrónico
ana.neira@udc.es
Web http://www.dereito.udc.es/gl/maxe
Descrición xeral Neste módulo tratarase de ofrecer ao alumnado unha visión dos diferentes xeitos de resolución dos conflitos xurídicos susceptíbeis de xurdir na práctica xurídico-empresarial. Os mecanismos de resolución de conflitos pódense clasificar en xurisdiccionais e extraxurisdiccionais. En canto aos primeiros, ofrecerase unha visión dos procesos civís máis específicos da actividade empresarial, así como dos procesos laborais máis salientábeis. Farase especial incidencia tamén na resolución dos conflitos fóra do ámbito xudicial, os chamados métodos alternativos de resolución de conflitos, que veñen cobrando cada vez maior auxe, ao se presentaren como métodos eficientes de solución das controversias xurídicas, diante da endémica lentitude da xustiza estatal. Por último, parte da docencia ocuparase da resolución da crise empresarial a través dos mecanismos concursais e para-concursais.
Procurarase que o estudantado adquira unha visión xeral da materia que o capacite para acudir aos instrumentos procesuais ou extra-procesuais máis axeitados segundo o caso concreto, así como un coñecemento específico das institucións máis comúns na actividade empresarial. Estes obxectivos tentaranse cubrir dende a dupla perspectiva teórico/práctica, de xeito que, en primeiro lugar, se afiancen e amplíen os coñecementos que o estudantado ten xa adquirido no grao para que, en segundo lugar, desenvolva as competencias necesarias para aplicar os coñecementos teóricos ao caso concreto, a través dos talleres e prácticas a realizar.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Facilitación de materiais vía moodle

*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións síncronas se impartirán a través de Teams

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A forma de comunicación habitual é a través de correo electrónico. Se é necesario se concertarán titorías síncronas a través de Teams a petición do/da estudante.

4. Modificacións na avaliación

A avaliación seguirá consistindo na entrega de traballos que serán entregados a través de moodle ou por correo electrónico

*Observacións de avaliación:

A asistencia se referirá ao seguimento das sesións vía Teams

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os xeitos de resolución de conflitos típicos da actividade empresarial e elexir a súa aplicación nun suposto concreto da práctica xurídico-empresarial AP1
AP2
AP3
AP5
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP11
BP12
BP13
BP14
BP15
CP1
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
A resolución de conflitos ante a xurisdicción estatal. Os procesos máis comúns na actividade empresarial 1. Aspectos xerais da práctica procesual civil na empresa e o proceso de execución.
2. Tutela do crédito e reclamación de débedas.
3. Os procesos societarios e os acordos estatutarios.
A resolución de conflictos no eido laboral 1. A conciliación previa no proceso laboral.
2. O proceso laboral ordinario e modalidades procesuais.
3. Medios de impugnación.
4. A execución das sentencias.
5. O proceso cautelar.
As ADR (Alternative Dispute Resolution). 1. A Arbitraxe. Aspectos xerais.
2. A arbitraxe de consumo.
3. A arbitraxe internacional.
4. A arbitraxe administrativa.
5. A mediación e a conciliación
A resolución da crise empresarial.
1. Os remedios pre-concursais da crise empresarial.
2. O proceso concursal. Aspectos xerais.
3. Os efectos da declaración de concurso.
4. Determinación das masas activa e pasiva do concursos.
5. Os diferentes xeitos de conclusión do concurso.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral A5 B2 B3 B5 B9 B11 C1 C3 C4 10 10 20
Estudo de casos A1 A2 A3 B1 B4 B12 B13 B15 C7 0 25 25
Solución de problemas B6 B7 B8 B14 C5 C6 5 25 30
Seminario B3 B9 B11 B13 C4 C5 C8 8 15 23
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 B3 B4 B9 B15 C4 C8 16 0 16
Lecturas A1 A3 B3 B4 B10 C1 0 30 30
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Nas clases presenciais desenvolverase a explicación teórico-práctica dos aspectos máis relevantes ou novedosos da materia
Estudo de casos Os profesores das diferentes sesións encargarán aos estudantes o estudo de casos ou o desenvolvemento de traballos para a adquisición das competencias propias da materia que formarán parte da avaliación do módulo
Solución de problemas Algunhas das actividades a desenvolver suporán a resolución de problemas reais ou ficticios a través do traballo autónomo do estudante, individualmente ou en grupo. Estas actividades tamén serán avaliábeis.
Seminario Celebranrase durante o tempo de impartición do módulo seminarios monográficos sobre temas especialmente relevantes ou de actualidade por profesorado externo ou convidado.
Sesión maxistral Asistencia e participación activa nas clases
Lecturas Debido ao carácter semipresencial do mestrado, parte da tarefa do estudantado será a realización das lecturas encomendadas polo profesorado e a realización das actividades asociadas a estas lecturas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Estudo de casos
Descrición
O profesorado axudará ao estudantado en sesións programadas ou solicitadas, ou por correo electrónico, para asistencia na realización das actividades de avaliación encargadas, así como relacionadas coa lectura ou resolución de casos.

O coordinador do módulo será o encargado de calcular as cualificacións finais do curso á vista das cualificacións parciais proporcionadas polo persoal docente e tratará as reclamacións sobre esta nota final, así como as inquietudes do alumnado en relación co desenvolvemente xeral da asignatura.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B6 B7 B8 B14 C5 C6 Algunhas das actividades a desenvolver suporán a resolución de problemas reais ou ficticios a través do traballo autónomo do estudante, individualmente ou en grupo. Estas actividades tamén serán avaliábeis 40
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 B3 B4 B9 B15 C4 C8 Asistencia a clase e participación activa nas sesión maxistrais 0
Lecturas A1 A3 B3 B4 B10 C1 Debido ao carácter semipresencial do mestrado, parte da tarefa do estudantado será a realización das lecturas encomendadas polo profesorado e a realización das actividades asociadas a estas lecturas. 10
Estudo de casos A1 A2 A3 B1 B4 B12 B13 B15 C7 Os profesores das diferentes sesións encargarán aos estudantes o estudo de casos ou o desenvolvemento de traballos para a adquisición das competencias propias da materia que formarán parte da avaliación do módulo 50
 
Observacións avaliación

Dado que no curso 2021/2022 no haberá docencia presencial debido á
extinción do título, para aquel alumnado que non teña superado a
materia, a avaliación consistirá na proba obxectiva consistente na entrega de traballos relativos á resolución de problemas, que terá un valor do 100% tanto na primeira
como na segunda oportunidade.

O plaxio ou en xeral a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0"
na materia na oportunidade correspondente.


Fontes de información
Bibliografía básica

 

Bibliografía complementaria

··AA.VV.: La impugnación de acuerdos sociales y del consejo de administración : actuación en nombre de otro, Madrid, 2007.

.Cachón Cadenas/Picó Junoy: Ejecución civil: problemas actuales, 2009.

.Domínguez Ruiz, Reclamación de deudas transfronterizas, 2013.

·Flores Prada, I.: El procedimiento de apremio en la ejecución civil, Valencia, 2005.

·García Quiñones, J.C.: La conciliación judicial en el proceso laboral, Valencia, 2007.

·AA.VV.: Los sistemas de solución extrajudicial de conflictos laborales: situaicón actual y perspectivas de futuro, Madrid, 2006.

·AA.VV.: El proceso laboral con toda la doctrina del TC, Valencia, 2005.

·Orellana Cano, A.: La ejecución laboral, Madrid, 2005.

. Patricia Jiménez: Manual de Derecho del Trabajo y de la Seguridad Social, 2014.

·Fernández Rozas, J.C.: La nueva Ley de Arbitraje, Madrid, 2007.

·AA.VV.: Comentarios a la Ley de Arbitraje, Madrid, 2006.

·Florensa i Tomás, C.E.: El arbitraje de consumo. Una dimensión del arbitraje de Derecho Privado, Valencia, 2004.

·AA.VV.: Práctica arbitral de consumo : selección de laudos comentados de la Junta Arbitral de Consumo de Cantabria, Madrid, 2007.

·Ramos Méndez, F.: Arbitraje y litigios transfronterizos en un foro global, Barcelona, 2005

·Bustillo Bolado, R.O.: Convenios y contratos administrativos transacción, arbitraje y terminación convencional del procedimiento, Navarra, 2004

·AA.VV.: Mediación y solución de conflictos : habilidades para una necesidad emergente, Madrid, 2007.

·AA.VV.: Estudios de Derecho Concursal, Santiago de Compostela, 2005.

. Díaz Martínez: El proceso concursal adaptado a las reformas adaptado a las reformas introducidas por la Ley 14/2013, de 27 de septiembre, el Real Decreto-ley 11/2014, de 5 de septiembre y la Ley 17/2014, de 30 de septiembre, 2014.

·Fernández del Pozo, L.: Posibilidad y contenido de un derecho preconcursal auditoría y prevención de la crisis empresarial : (art. 209.1.b. LSA), Madrid, 2001.

·Pulgar Ezquerra, J.: La declaración del concurso de acreedores, Madrid, 2005.

·Peiteado Mariscal, P.: La declaración de concurso, Madrid, 2005.

·Pérez del Blanco, G.: Efectos procesales de la declaración del concurso, Madrid, 2007.

García-Cruces González, J.A.: La calificación del Concurso, Navarra, 2004


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Dado que no curso 2021/2022 non haberá docencia presencial, para aquel alumnado que non teña superada a materia, recoméndase contactar cante antes coa coordinación do módulo e co profesorado responsable para coñecer as concretas actividades de avaliación a desenvolver e os prazos de entrega.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías