Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Principios económico-contables da empresa Código 612G01005
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
laura.varela.candamio@udc.es
Profesorado
,
Novo Corti, Maria Isabel
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
iuliana.mihai@udc.es
isabel.novo.corti@udc.es
laura.varela.candamio@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia está dirixida aos estudantes de primeiro curso do Grao en Dereito. Ten a consideración de materia básica porque nela estúdanse conceptos fundamentais de economía e de contabilidade, útiles non só para os estudantes de Dereito como tales, senón tamén como cidadáns que consomen, invisten, reciben subvencións públicas, pagan impostos e adoptan outras moitas decisións en materia económica.
Tendo en conta que a materia é parte fundamental de toda actividade financeiro, empresarial, social, xurídica ou política a disciplina resulta necesaria e imprescindible dentro do contexto da titulación.

A materia consta de seis créditos ECTS. Nela, explícanse os conceptos básicos, instrumentos e criterios necesarios para ter un coñecemento xeral sobre as cuestións económico-contables máis relevantes. O seu desenvolvemento está pensado para alumnos que se inician no estudo da economía e da contabilidade, e que necesitan ter unha visión global das mesmas e das diferentes cuestións e problemática que a integran.
Expómonos o coñecemento dos principios económicos contables como unha disciplina de carácter multidisciplinar e como tal non pretendemos estudar o tema en toda a súa extensión e profundidade, senón simplemente ofrecer o alumno unha visión panorámica da mesma, como corresponde á idea dun programa ao nivel dunha materia integrada nun grao de Dereito.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os fundamentos básicos da economía, tanto na súa vertente macroeconómica como microeconómica, adquirindo coñecementos das principais fontes de referencia en economía, que lle faciliten ao estudante coñecer o funcionamento da economía nun contexto social e xurídico global, mediante unha aprendizaxe significativa. Contribuír a comprender o funcionamento real da economía e da contabilidade na sociedade contemporánea. Paralelamente formularse a obriga de todo cidadán de contribuír cos seus coñecementos a tratar de resolver as necesidades colectivas e unha mellor comprensión da natureza e problemática destas últimas. Coñecer a armazón financeiro, empresarial, social, xurídico ou político e alcanzarase unha percepción xeral dos problemas macreconómicos e microeconómicos, en entronos internacionais globalizados, así como dende o punto de vista dun país en concreto, para poder desenvolverse en axeitadamente dentro o ámbito económico-xurídico, tendo presente o enfoque da economía ao servizo das persoas, como fonte de xeración de benestar. Así mesmo, o alumnado familiarizarase coa aprendizaxe e a resolución de problemas, de forma reflexiva crítica e autónoma. A4
A7
A9
A15
B6
B7
B8
B11
B13
B1
B5
C4
C5
C7
C8
Capacidade de análise crítica dos coñecementos adquiridos. Capacidade de síntese e capacidade de aplicación práctica dos conceptos teóricos. Capacidade de expresión oral e escrita. Capacidade de traballo en equipo. Utilización de técnicas informáticas para obtención da información e tratamento dos problemas económicos. A4
A7
A9
A15
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B1
B5
C3
C4
C5
C7

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCIÓN. OS PRINCIPIOS DA ECONOMÍA 1. Introdución. Conceptos básicos
2. Os principios básicos da economía
3. Modelos económicos e intercambio
MICROECONOMIA, MERCADOS E COMPETENCIA 1. Os consumidores: teoría do consumo
2. A empresa: teoría da producción y dos custos
3. Os mercados competitivos
4. A competencia imperfecta: Monopolio, competencia monopolítica e oligopolio
5. Externalidades e bens públicos
MACROECONOMÍA 1. Macroeconomía: unha visión global
2. Crecemeento, desemprego e inflación
3. A oferta y la demanda agregadas
4. A política fiscal
5. A política monetaria, o diñeiro e los bancos centrais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos B6 B9 B10 B12 C3 10 30 40
Sesión maxistral B6 B7 B8 B13 B1 B5 25 60 85
Aprendizaxe colaborativa A4 A7 A9 A15 B11 B8 C4 C5 C7 C8 5 0 5
Proba mixta B7 B1 B5 2 0 2
 
Atención personalizada 18 0 18
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Os alumnos resolverán cuestións relacionadas con cada un dos capítulos do temario.
O profesorado explicará previamente a metodoloxía que debe seguirse e a orientación bibliográfica.
Sesión maxistral O profesorado explicará cada un dos temas do programa, insistindo nos conceptos fundamentais e as súas relacións.
A asistencia a clase ten a consideración de obrigatoria, aínda que non se pasará lista.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo
Proba mixta O exame final da materia que será escrito. Podera constar de preguntas breves, preguntas de ensaio ou de preguntas de opción múltiple.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
O profesor estará dipoñible para á atención personalizada ao estudiantes sempre que eles o requiran, para aqueles temas que estimen oportunos en relación co temario da asignatura. Particularmente para a resolución de casos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B6 B9 B10 B12 C3 Terase en conta a resolución dos casos e a participación na clase 30
Proba mixta B7 B1 B5 Valoraranse os coñecementos e capacidades mostradas polo alumnado nas probas propostas pola equipa docente 70
 
Observacións avaliación

El sistema de evaluación es el siguiente: a) Evaluación Continua: 30 por ciento b) Examen: 70 por ciento.

La prueba de ensaio (preceptivo examen final) será escrito. El sistema de calificación fluctúa de 0 a 10 puntos.

Se seguirán los mismos criterios para todas los oportunidades.


Fontes de información
Bibliografía básica Sánchez, Novo-Corti, Barreiro-Gen (2018). Apuntes básicos para un curso intermedio de microeconomía. A Coruña - EDaSS - Universidade da Coruña
Krugman, P & Wells, R. (2004). Economics. Worth Publishers
Krgman, P., Wells, R. & Graddy, K. (2014). Fundamentos de Economía. Reverté
Salcines, J. V. & Barros, E. (2010). Historia del Pensamiento Económico. Escuela de Finanzas
Salcines, V. (2010). Sistema Financiero Español. Escuela de Finanzas

Bibliografía complementaria Pindyck, R.S. & Rubinfeld, D.L. (2018). Introducción a la Economía: Microeconomía. Pearson. Prentice Hall
Frank, R.H. (2010). Micreoconomics and Behavior. McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Seguir as indicacións e novedades da plataforma MOODLE



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías