Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingüística aplicada Código 613836003
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Morales Lopez, Esperanza
Correo electrónico
e.morales.lopez@udc.es
Profesorado
Mascato Rey, Rosario
Morales Lopez, Esperanza
Correo electrónico
rosario.mascato@udc.es
e.morales.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral Afianzar o coñecemento dos conceptos e metodoloxías asociados ás distintas ramas da lingüística aplicada.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se prevé alterar os contidos inicialmente previstos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Actividades iniciais
-Lecturas
-Sesión maxistral
-Traballo tutelado
-Seminarios

*Metodoloxías docentes que se modifican
As horas presenciais das sesións expositivas serán substituídas por sesións vía Teams (en modo síncrono ou asíncrono) acordadas previamente co alumnado en función das súas condicións (técnicas ou persoais).



3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico.
Moodle.
Teams (por vía síncrona ou asíncrona).


4. Modificacións na avaliación
Deixan de ser pertinentes as puntuacións referidas ás sesións maxistrais e ás actividades iniciais e deposítase na elaboración do traballo tutelado o total da cualificación final.Esta metodoloxía asenta na elaboración dun traballo de contido lingüístico, consensuado co profesor ou coa profesora preferencialmente no inicio do cuadrimestre. Cada estudante ten de desenvolver un tema concreto, igualmente consensuado coa persoa responsábel da docencia. O traballo require seguimento por parte desta (orientación, recomendacións na bibliografía etc.). Valorizaranse os resultados obtidos, a clareza expositiva, a calidade da lingua e a capacidade de chegar a conclusións propias.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense, no xeral, as mesmas directrices que as que figuran na Guía docente. Con todo, a data de entrega do traballo tutelado amplíase até coincidir coa data oficial do exame, aprobada no seu día pola Xunta da Facultade de Filoloxía. Para superar a materia, é necesario obter unha cualificación igual ou superior a 5 no traballo tutelado. A segunda oportunidade de xullo estará determinada polos mesmos condicionalismos que a de xuño.
O alumnado con dificuldades para o acompañamento da materia durante a vixencia deste plano de continxencia, quer por motivos de conexión ou de medios, quer por necesidades ou limitacióna de calquera outro tipo (cuidado de menores ou maiores dependentes, conciliación, horarios ou espacios restrinxidos, etc.) deberá contactar co profesorado no menor tiempo posíbel a fin de que poidan ser arbitradas todas as medidas de flexibilización e adaptación necesarias a cada caso particular.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Mantense a relación fundamental de referencias bibliográficas marcadas na Guía Docente. No entanto, tamén é preciso ponderarmos algunhas alteracións no tocante a outros aspectos da bibliografía:
(i) As lecturas poderán ser mudadas por outras accesíbeis na rede ou dispoñibilizadas en Moodle.
(ii) As recomendacións bibliográficas para os traballos tutelados poderán tamén ser mudadas por outras publicacións dispoñibeis na rede ou en Moodle se o estudantado for incapaz de acceder ás iniciais.
(iii) Se houber alumnas ou alumnos con dificultades para se conectaren, estudarase cada caso en particular de maneira a lles proporcionar, a través doutros medios, os materiais necesarios.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos básicos e as metodoloxías asociadas ás distintas ramas da lingüística aplicada. AI1
AI2
AI3
AI6
AI7
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI9
BI10
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Distinguir as principais ramas da lingüística aplicada AI2
AI3
AI6
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
CM6
CM8
Xestionar e comprender as situacións comunicativas específicas: -Aplicacións psicolingüísticas -Aplicacións sociolingüísticas -Interacción comunicativa -Industrias da lingua e tecnoloxía lingüísticas -Didáctica e aprendizaxe de linguas nun contexto multicultural e multilingüe AI2
AI3
AI6
AI7
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI8
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Conceptos básicos e procedementos na lingüística aplicada

1.1. Contextualización das aplicaciones da Lingüística
1.2. Lingüística teórica versus Lingüística aplicada
1.3. O seu raizame na Lingüística e a súa fundamentación
2. Lingüística aplicada: principais ramas 2.1. A Glosodidáctica: os problemas da aprendizaxe de linguas.
2.2. A Traductoloxía: os procesos de transferencia e o concepto de equivalencia comunicativa.
2.3. A Planificación lingüística que integra problemas de adaptación de corpus y de funcións(estatus).
2.4. A Lingüística clínic: patoloxías verbais e disfuncións da comunicación.
2.5. A Lingüística forense que subliña o papel de rasgos lingüísticos particulares nos peritaxes de identificación. As asesorías en comunicación e a mediación comunicativa.
2.6. A Lingüística tecnolóxica (lingüística de corpus, lingüística informática e lingüística computacional) que deseña ferramentas para procesar automáticamente as linguas.
3. Proxeccións de teoría aplicada na aprendizaxe e no ensino de linguas. A Glosodidáctica. Teoría e modelos en tradución. 3.1. A competencia plurilingüe e a competencia pluricultural
3.2. Un novo paradigma no ensino de linguas. Os enfoques plurais
3.3. Propostas didácticas
3.4. Consideracións xerais sobre a tradución. Teorías e modelos en tradución.
4. Aplicacións psicolingüísticas: patoloxías da linguaxe e adquisición da linguaxe
4.1. As aplicacións requeridas nas disfuncións comunicativas
4.2. A Lingüística Clínica
5. Modelos e teorías aplicables en planificación lingüística. Política e planificación lingüísticas. 5.1. Definición de política e planificación lingüísticas
5.2. Os procesos de estandarización lingüística.
5.3. As ideoloxías lingüísticas: lingua e conflicto,
ecoloxía lingüística, as perspectivas socio-ecolóxica e comunicativa.
6. Aplicacións da Lingüística e novas tecnoloxías. A Lingüística tecnolóxica. 6.1. Lingüística computacional
6.2. Inteligencia artificial
6.3. Síntese e recoñecemento da fala
6.4. Lexicografía. Análise morfolóxico e sintáctico computacionais
6.5. Sistemas dialogados.
7. Aplicacións en asesorías de comunicación e nas peritaxes. A Lingüística forense.

7.1. Teorías discursivas relevantes para a análise das situacións comunicativas.
7.2. Auditoría aplicada á comunicación interna e externa en institucións
7.3. O estudio do conflicto comunicativo na relación profesional e na mediación.
7.4. Auditoría comunicativa, e dereitos humáns e sociais.
7.5. Lingüística forense e o seu desenvolvemento actual.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A1 A2 A3 A6 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C4 C5 C6 C7 C8 10 20 30
Traballos tutelados A1 A2 A6 A7 B2 B3 B4 0 50 50
Lecturas A1 A2 A3 A6 B1 B3 B5 B6 B7 B10 C4 C7 C8 0 15 15
Estudo de casos A7 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C4 C8 20 30 50
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Debates sobre as lecturas obrigatorias.
Traballos tutelados Traballo académico sobre algún caso concreto relacionado coas disciplinas da materia.
Lecturas Bibliografía básica sobre os distintos temas da materia, que servirán de base para as discusións dirixidas.
Estudo de casos Análise na aula de casos empíricos de cada unha das subdisciplinas da Lingüística aplicada.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
A materia poderá ser adaptada a estudantes con dispacacidades e aos que non teñan un nivel de español similar ao nativo

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A7 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C4 C8 Análise de casos diversos de cada un dos ámbitos da disciplina. Realización de exercicios breves. 30
Discusión dirixida A1 A2 A3 A6 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C4 C5 C6 C7 C8 Lectura da bibliografía obrigatoria e participación activa no debate na aula. 10
Traballos tutelados A1 A2 A6 A7 B2 B3 B4 Realización de dous traballos a partir das lecturas obrigatorias e a análise dun caso empírico. 60
 
Observacións avaliación

– Cualificarase como "non presentado", na primeira oportunidade, a quen non entregue os traballos tutelados.

- O alumnado poderá
optar a un examen (100% da cualificación) ou avaliación continuada: traballos
tutelados: 60%; outras actividades evaluábeis: 25%; e asistencia e
participación nas clases: 15%.

- Estudiantes con
dispensa oficial de asistencia a clase: exame 100% para as dous oportunidades.

- Se valorará tanto o
contido teórico-metodolóxico como o estilo, a capacidade argumentativa e a corrección
idiomática.

 

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

O estudo de casos será unha compoñente fundamental na materia. O traballo tutelado requerirá necesariamente a análise de datos empíricos de calquera dos ámbitos da disciplina.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías