Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Traballo fin de Mestrado Código 613836007
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Profesorado
Acin Villa, Esperanza
Alvarez Caccamo, Celso Maria
López Viñas, Xoán
Morales Lopez, Esperanza
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
esperanza.acin@udc.es
celso.alvarez.caccamo@udc.es
xoan.lopezv@udc.es
e.morales.lopez@udc.es
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Web
Descrición xeral Este traballo é de carácter obrigatorio e permite a avaliación dos coñecementos e as habilidades adquiridos polo alumno/a durante a realización do máster, así como a madureza científica alcanzada e a súa capacidade investigadora.
O traballo fin de mestrado será realizado de forma individual polo/a estudante baixo a supervisión dun profesor titor. O labor de titorización tamén poderá desenvolverse coordinadamente por dous profesores.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para formular unha investigación (acoutar o tema, solicitar información e buscar os recursos necesarios, elaborar un protocolo experimental) ou un proxecto que integre e desenvolva os coñecementos adquiridos para a súa aplicación nun ámbito profesional. AI1
AI3
AI5
AI7
AI8
AI9
BI1
BI2
BI3
BI6
BI8
BI9
BI10
CM6
CM8
Capacidade de extraer conclusións dos resultados obtidos e abrir perspectivas de futuro. BI1
BI2
BI3
BI5
BI7
BI9
CM3
CM4
CM5
CM7
Capacidade para adaptar o discurso escrito á situación académica, tanto no que respecta ao estilo, a estruturación e o uso de técnicas tipográficas. BI4
CM1
Capacidade para adaptar o discurso oral á situación de defensa do traballo. BI4
CM1

Contidos
Temas Subtemas
O traballo fin de máster versará sobre algún aspecto relacionado coas materias obrigatorias ou optativas que curse o alumnado. - Os diccionarios en liña e o seu papel nas tecnoloxías lingüísticas
- Lexicografía e metalexicografía
- Fenómenos que mostran a interfase entre Sintaxe, Semántica e Fonoloxía suprasegmental
- Análise do discurso e conflictos sociais e ideolóxicos
- Análise do discurso e patoloxías
- Estratexias e tácticas de normalización e de planificación aplicábeis ao caso galego
- Sociolingüística e políticas lingüísticas
- Recopilación e estudo de terminoloxías
- Semántica e sintaxe: estudos contrastivos
- Tipoloxía textual na rede
- Dicionarios e ensino de español lingua estranxeira
- Contacto de linguas
- Bilingüismo, plurilingüismo e ensino de linguas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral B4 C1 C3 1 0 1
Traballos tutelados A1 A3 A5 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 0 144 144
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Exposición verbal a través da que o alumnado presentará o seu traballo e respostará ás preguntas, comentarios e suxestións feitas polo membros da Comisión Avaliadora.
Traballos tutelados O alumno definirá un tema concreto dentro dalgunha das liñas de investigación do mestrado.
O traballo fin de mestrado será realizado de forma individual polo/a estudante baixo a supervisión do director ou directores do traballo.
Son funcións do director: facilitar as orientacións precisas para a elaboración do traballo fin de mestrado por parte do alumno; supervisar a realización do proxecto, a calidade dos seus contidos e a súa adecuación ás presentes normas; e dar o visto bon para a inscrición e a presentación do traballo fin de mestrado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O/a estudante terá, cando menos, un profesor titor que guiará a realización do seu traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 A5 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Aínda que é obvio que a estrutura do TFM depende en gran medida do tema elixido, aconséllase que inclúa os seguintes apartados:

1. Capa que incluirá, obrigatoriamente, o emblema e o nome das tres Universidades, o nome da Facultade na que está matriculada o/a alumno/a, o nome do mestrado, o título do traballo, o nome do autor ou autora, o visto e prace manuscrito do profesorado titor co seu nome e o ano de presentación.

2. Índice do traballo con paxinación

3. Resumo do traballo

4. Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a xustificación da metodoloxía utilizada

5. Corpo do traballo

6. Conclusións

7. Referencias bibliográficas

O traballo fin de mestrado terá unha extensión mínima de 40 páxinas e máxima de 60, sen contar os anexos. O texto terá un espazo de interliñado de 1.5 e o tamaño da letra será de 12 puntos.
80
Presentación oral B4 C1 C3 O/a estudante disporá de 15-20 minutos para presentar o seu traballo. Recoméndase que inclúa na súa presentación os aspectos seguintes:

·Introdución: problemática obxecto de estudo e seu interese
·Fundamentación teórica: delimitación dos conceptos que fundamentan o desenvolvemento do traballo.
·Fundamentación metodolóxica: metodoloxía que se seguiu para o alcance dos obxectivos definidos, e os datos obtidos mediante a súa aplicación
·Resultados: principais resultados obtidos

É aconsellable que o/a estudante acompañe a súa presentación oral de material de soporte visual, auditivo, etc., por exemplo, mediante unha presentación PowerPoint ou OpenOffice Impress, pero a presentación oral NON pode constituír a mera lectura de devandito material.
20
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Calquera plaxio identificado será motivo de descualificación do TFM. Entenderase por plaxio: calquera cita literal (curta ou longa) presentada como propia (sen comiñas, etc.) e sen referencia da autoría, calquera apropiación das ideas ou metodoloxía dun autor ou autora que non se mencione nas referencias (sexa quen sexa: autor/a individual ou colectivo, dunha publicación impresa ou dun documento electrónico ou de uso restrinxido, páxina web, ou traballo que se está a levar a cabo por parte dun compañeiro ou compañeira, etc.).


Fontes de información
Bibliografía básica

Serán proporcionadas polo director do traballo.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías