Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Literatura Galega e Estudos Socioculturais Código 613G02032
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Profesorado
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Web http://www.udc.es/filo
Descrición xeral Estudo da literatura galega desde a perspectiva dos estudos de xénero, sistémicos, identitarios, emerxentes, etc. Neste curso académico, a análise dos textos literarios realizarase a partir do paradigma dos estudos de xénero.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. A1
A2
A4
A7
A10
A11
A14
A15
A17
B1
B2
B7
B9
C1
C4
C6
Coñecer e aplicar diferentes métodos e técnicas de análise á produción literaria e cultural galega. A1
A2
A3
A4
A7
A11
A14
A15
A17
A23
B1
B3
B7
C1
C4
C6
Comprender os procesos históricos do estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma. A3
A7
A17
A19
A23
A27
A28
B5
B8
C4
C6
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e interpretar os mecanismos dos procesos da creación literaria. A2
A4
A10
A11
A15
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C4
C6
C8
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués. A7
A14
A17
A18
A19
A20
A23
A27
A28
B5
B7
B8
B10
C1
C4
C6
Realizar achegas creativas e orixinais na análise dos textos literarios, dos productos artísiticos e das realidades culturais. A4
A10
A11
A14
A15
B5
B7
B8
B9
B10
C1
C4
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1.- Literatura e estudos de xénero
1.1. introdución: A teoría feminista e a redefinición da realidade
1.2 O concepto de xénero e as achegas metodolóxicas dos estudos feministas.
2. Crítica literaria e crítica feminista 2.1. Pensamento feminista e crítica literaria
2.2. Feminismos literarios
3. Aproximación a textos literarios galegos desde unha perspectiva de xénero 3.1. A obra de Rosalía de Castro: a construción da identidade fronte á norma
3.2. Imaxes de mulleres e discurso de xénero na narrativa de R. Otero Pedrayo e de A. R. Castelao
3.3. A esmorga de E. Blanco-Amor: unha reflexión sobre xéneros, identidades e estereotipos
3.4. Mª Xosé Queizán: cuestionamento de estereotipos e das identidades de xénero desde o discurso feminista

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A2 A4 A10 A14 A15 A17 B2 B3 B9 C1 C6 C8 2 18 20
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A11 A14 A23 A27 A28 B1 B5 C4 8 10 18
Lecturas A3 A7 A17 A18 A19 A20 B6 B7 C4 0 15 15
Discusión dirixida A2 A4 A10 A11 A15 B4 B7 B8 B10 C1 C4 7 0 7
Actividades iniciais A14 B9 C6 C8 1 0 1
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 2 2 4
Presentación oral A1 A2 A7 A11 A14 A15 A17 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C6 C8 2 6 8
Proba de ensaio A1 A2 A3 A4 A7 A11 A14 A15 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C6 C8 2 16 18
Sesión maxistral A1 A3 A7 A14 A17 A18 A19 10 10 20
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao longo do curso, e sempre baixo a guía e supervisión da docente, o alumnado terá que elaborar varios exercicios escritos a partir das lecturas obrigatorias e dos contidos desenvolvidos nas sesións docentes.
Análise de fontes documentais Como actividade derivada das sesións maxistrais, o alumnado terá que analizar textos (teóricos ou de creación) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial.

Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos.
Discusión dirixida Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse discusións, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
Actividades iniciais Toma de contacto para coñecer o nivel de coñecementos, intereses, motivacións, etc.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado.
Presentación oral Cada alumna/o terá que facer unha presentación oral ante o conxunto da aula na data que se determinará a principio de curso. Esta presentación consistirá na exposición das liñas xerais do seu traballo final obrigatorio que, a seguir, serán submetidas a discusión.

Proba de ensaio Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos a través do desenvolvemento dun tema con certa amplitude. Cada estudante terá que elaborar un breve ensaio sobre algún aspecto relacionado co temario, cuxa orientación e características formais seguirán as indicacións establecidas previamente pola profesora.

Esta proba permite avaliar a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade da/do estudante. Implica, por tanto, un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Sesión maxistral Nas sesións docentes presentaranse os contidos teóricos da materia en combinación con preguntas dirixidas aos estudantes e propostas de exercicios prácticos. Para cada sesión, o alumnado terá que facer unha serie de lecturas obrigatorias que serán comentadas posteriormente na aula.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Proba de ensaio
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Lecturas
Discusión dirixida
Presentación oral
Descrición
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
Á beira do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado pola profesora responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida fundamentalmente para o apoio á realización dos traballos tutelados. De maneira xeral, cada estudante asistirá, polo menos, a unha sesión de atendemento previa á entrega da proba de ensaio final.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A11 A14 A23 A27 A28 B1 B5 C4 O alumnado terá que analizar en clase textos (teóricos o literarios) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial. 20
Proba de ensaio A1 A2 A3 A4 A7 A11 A14 A15 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C6 C8 Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos a través do desenvolvemento dun tema con certa amplitude.
Cada estudante terá que elaborar un breve ensaio orixinal sobre un aspecto relacionado con algún punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, así como a clareza expositiva e expresiva.
As liñas xerais deste comentario serán presentadas oralmente ao conxunto da aula e submetidas a discusión na data determinada no inicio de curso. O traballo escrito, que formalmente se axustará ás pautas definidas pola profesora, deberá ser entregado no día fixado para o exame oficial da materia.
40
Traballos tutelados A2 A4 A10 A14 A15 A17 B2 B3 B9 C1 C6 C8 Ao longo do curso, e sempre baixo a guía e supervisión da docente, o alumnado terá que elaborar varios exercicios escritos a partir das lecturas obrigatorias e dos contidos desenvolvidos na aula.
20
Discusión dirixida A2 A4 A10 A11 A15 B4 B7 B8 B10 C1 C4 Avaliarase a participación activa nas sesións prácticas dedicadas á posta en común de cuestión e problemas previamente plantexados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
15
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 Valorarase a participación nestes eventos a través da realización de fichas resumo e/ou comentarios que se entregarán á profesora. 5
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN

1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.

1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.

2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO)

2.1. Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que presentar os exercicios escritos que non fosen avaliados positivamente e mais o traballo tutelado. A data limite de entrega será a marcada para o exame do mes de xullo.

2.2. Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Análise de fontes documentais, Discusión dirixida e participación en Eventos científicos). Así a valoración estará composta polo 40% dos "Traballos tutelados" (que incluirá unha presentación oral) e o 60% da "Proba de ensaio".

3. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado que estea matriculado a tempo parcial ou que conte con dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:
1. Traballos tutelados: 40%, que incluirá a presentación oral
2. Proba mixta: 40%
3. Análise de fontes documentais: 20% (presentación dun comentario escrito e doutro oral)
Para fixar as datas das presentacións orais o alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora (carme@udc.gal) nas dúas primeiras semanas do curso.

4. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO

Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 50 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 50%.

5. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A

Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.

6. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado responsábel.

7. OUTRAS PRECISIÓNS

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).



Fontes de información
Bibliografía básica Blanco, C. (1995). Nais, damas, prostitutas e feirantas . Vigo: Xerais
Martín, S. (2007). "Los estudios de la masculinidad. Una mirada al hombre a partir del feminismo", en Meri Torras (ed.), Cuerpo e identidad I. Barcelona: Edicions UA
González Fernández, H. (2005). Elas e o paraugas totalizador. Vigo: Xerais
Varela, N. (2005 ). Feminismo para principiantes. Barcelona: Ediciones B Libro
Castro, O. / Reimóndez, M. (2013). Feminismos. Vigo: Xerais
Blanco, C. (1995 ). Literatura galega da muller. Vigo: Xerais
García Negro, Mª P. (2010 ). O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo . Santiago: Sotelo Blanco
A profesora fornecerá, na aula e/ou a través da plataforma Moodle, unha selección de textos literarios e críticos que o alumnado deberá ler nos prazos fixados.
Bibliografía complementaria Fariña Busto, Mª J. (eds.) (2005). Escribir en femenino. Poéticas e políticas . Barcelona: Icaria
Queizán, Mª X. (2008). Anti natura. Vigo: Xerais
García Negro, Mª P. ( 2001 ). Arredor de Castelao. Vigo: A Nosa Terra
Forcadela, M. / Noia, C. (coords.) (2011). Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán. Vigo: Xerais
Macedo, A. G. / Amaral, A. L. (orgs.) (2005). Dicionário da crítica feminista. Porto : Ediçoes Afrontamento
Rodríguez Sánchez, F. (1993). Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada. Vilaboa-Pontevedra: Ed. do Cumio
Pena Presas, M. (2018). Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento
Beltrán, E. et alii (eds) (2001). Feminismos. Debates teóricos contemporáneos. Madrid: Alianza
González Fernández, H. (2009). Género y nación : la construcción de un espacio literario . Barcelona: Icaria
Vilavedra, D. (1999 ). Historia da Literatura Galega . Vigo: Galaxia
VV. AA.: (1996). Historia da Literatura Galega 5 vols.. Vigo: Asociación Socio-Pedagóxica Galega / A Nosa Terra
Amorós, C. (coord.) (1994 ). Historia de la teoría feminista . Madrid: Instituto de Investigaciones feministas de la UCM /Dirección general de la Mujer
Bernárdez, C. L. / Insua, E. X. / Millán, X. M. / Rei. M. / Tato, L. (2001). Literatura galega. Século XX. Vigo: A Nosa Terra
Blanco, C. (1995 ). O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo. Vigo: Nigra
Moure, T. (2012). Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións . Vigo: Galaxia
A profesora fornecerá ao longo do curso, a través da plataforma Moodle, material bibliográfico complementar e outros recursos específicos para cada un dos temas obxecto de estudo nesta materia.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal .


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías