Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Lingua Inglesa 4 Código 613G03019
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Cabarcos Traseira, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.cabarcos@udc.es
Profesorado
Cabarcos Traseira, Maria Jesus
Martingano Prieto, Lucas Andrés
Correo electrónico
maria.jesus.cabarcos@udc.es
lucas.martingano@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral Esta materia amplía a formación básica na descrición da lingua inglesa e a teoría e práctica do inglés. O obxectivo xeral é chegar ao nivel C1 de CEF.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Competencia lectora: comprender unha variedade de textos auténticos procedentes da prensa, obras de ficción, ensaios, materiais de promoción ou de publicidade. A1
A2
A6
A8
A11
A15
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B10
C2
C3
C4
C5
C6
C7
Escritura: saber redactar varios tipos de textos, como cartas, artigos, ensaios, textos informativos, propostas, queixas, informes e recensións. A4
A6
A9
A10
A11
A12
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B10
C2
C3
C4
C5
C6
C7
Comprensión auditiva: comprender distintos tipos de discurso auténtico; monólogos, avisos, programas de radio e televisión, relatorios, anécdotas, interaccións entre varios falantes á vez, entrevistas, debates A2
A6
A10
A11
B8
B9
B10
C1
C2
C3
C7
C8
Competencias orais: saber desenvolverse oralmente con falantes nativos e non nativos; proporcionar información, expresar e xustificar opinións, realizar comentarios axeitados, expresar acordo e desacordo, comparar, describir e especular. En resumo, os alumnos deben ser capaces de levar a cabo a comunicación eficaz, e de responder plenamente aos estímulos orais. A5
A6
A15
A21
B4
B5
B6
B8
B10
C2
C4
C5
C7
C8
Lingua e uso: posuír un vocabulario xeral amplo; coñecer frases e colocacións comúns, matices, verbos con partícula, modos de enlazar oracións; realizar transformacións gramaticais con soltura A6
A8
B4
B5
B7
B8
C2
C4
C5
C6
C7
C8
Gramática: demostrar comprensión e dominio da gramática inglesa acorde con un nivel C1. A6
A8
B3

Contidos
Temas Subtemas
O libro de texto principal neste curso é o mesmo utilizado no cuatrimestre anterior en Lingua Inglesa 3: Gold Advanced Coursebook. Lingua Inglesa 4 comezará na unidade 9.
Escribir
Estilo e rexistro; linguaxe formal e informal; puntuación; parágrafo; conectores; cartas de motivación; o ensaio: tipos (ex. argumentativo, descriptivo, etc) e partes principais (título, introdución con (hipó)tese, corpo, conclusión, citas no corpo do texto e lista de obras citadas); MLA.
Ler Comprensión dun texto: diferentes niveis (dende a gramática e o vocabulario ata a interpretación e análise) e diferentes tipos de texto.
Falar
Participar en debates, expresar opinións e argumentos, estructurar e facer presentacións, entrevistas de traballo.
Escoitar Os exercicios auditivos estarán relacionados co vocabulario, temas de discusión e a gramática vistos na clase.
Gramática Repaso e consolidación de diferentes categorías, entre outras, os verbos (modais, etc); nomes, pronomes, artigos e determinantes, adxetivos e adverbios, preposicións e conxuncións, conectores adverbiais e mecanismos cohesionadores.

Consolidación e expansión de estruturas gramaticais: voz pasiva, estilo indirecto, cláusulas de participio, oracións condicionais, estruturas de relativo, subordinadas adverbiais, oracións de énfase, cláusulas con "whoever", "whatever", etc.
Vocabulario Ampliación de vocabulario, con especial atención a expresións feitas e idiomáticas.

Temas: describir compatibilidade e emocións, atopar traballo e describir destrezas profesionais, expresar opinións e debatir sobre temas e eventos actuais (diversidade, o medio ambiente, dereitos humáns, cine, música e literatura, entre outros).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A5 A6 A10 A11 A15 A21 B1 C7 C8 25 25 50
Seminario A8 A12 B4 B7 16 16 32
Traballos tutelados B6 B9 C2 C3 C6 4 8 12
Presentación oral B10 C1 0 5 5
Obradoiro B5 B8 C4 16 16 32
Proba oral A6 A8 B3 0.5 4.5 5
Proba mixta A1 A2 A4 A9 B3 C5 2 10 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral (GRUPOS GRANDES): As clases consistirán en leccións teóricas e prácticas prestando especial atención á gramática, ó uso do inglés e á comprensión lectora.
Seminario (GRUPOS A, B, C e D): Clases prácticas deseñadas para desenvolver destrezas da fala, escrita, lectura e de comprensión auditiva usando un tema dos contidos do curso ou outros que poidan ser de interese xeral. O alumnado participa nestes seminarios semanalmente, para poder practicar todas as destrezas ininterrompidamente.
Traballos tutelados Exercicios de redacción diversos.
Presentación oral Pretende dar á posibilidade ao alumnado de traballar de xeito colaborativo e creativo para mellorar o seu dominio da lingua (particularmente a súa destreza oral). Non é un exercicio obligatorio (como si o son o resto de apartados da avaliación). Por todo isto, só se considerarán proxectos individuais por circunstancias excepcionais e debidamente xustificadas.
Obradoiro Actividades orais nos GRUPOS PEQUENOS, supervisadas por lectorxs, nas que se poñen en práctica as destrezas orais do alumnado. Poden incluír conversacións informais, espontáneas e naturais, así coma debates. Os talleres tamén poden dar lugar a actividades de redacción.
Proba oral Unha conversación breve ou entrevista co profesorado.
Proba mixta Exame escrito. Permítelle ao profesorado valorar o coñecemento e as destrezas desenvolvidas polo alumnado durante o cuadrimestre. Este test obxetivo pode incluír diferentes tipos de preguntas: opcións múltiples, resposta curta, asociación, encher ocos, e outras actividades e probas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Estamos a disposición dos/as estudantes nas horas de titoría e mediante cita previa.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A4 A9 B3 C5 A proba incluirá as seguintes seccións: Gramática e Uso da lingua (20%), Comprensión auditiva (15%) e Comprensión lectora (15%). 50
Presentación oral B10 C1 Consiste en facer un vídeo-proxeto, entre 3 e 10 persoas, presentando un anuncio ou infomercial para vender un producto ou método. O alumnado non poderá ler de ningún tipo de notas e terá que preparar o guión, gravar o vídeo e colgalo. O resto das pautas serán explicadas ao seu debido tempo. 10
Traballos tutelados B6 B9 C2 C3 C6 Dous ou máis exercicios de redacción feitos na maior parte na clase (ex., cv e carta de motivación, ensaio argumentativo, resumos, etc.). As datas destes traballos serán anunciados por adiantado.
20
Proba oral A6 A8 B3 Unha breve conversa ou entrevista co profesorado que será programada durante o periodo de exames finais oficiais. O alumnado terá que apuntarse para unha cita concreta.

O alumnado que participe de xeito activo, significativo e continuado nas actividades orais na aula (permitindo por tanto ao profesorado que lles valore a súa destreza oral durante o cuadrimestre), e que obteñan un mínimo de 5 sobre 10 na avaliación contínua, non terá que facer esta proba oral.
20
 
Observacións avaliación
• O alumnado ten a posibilidade de facer voluntariamente traballo extra para subir ata un +0.5 a súa nota final. Poden participar nun concurso de talentos ou contribuír actividades de redacción e investigación. Darase máis información na clase vía Moodle. 

• A segunda oportunidade de avaliación en xullo contará coas mismas seccións e a misma distribución das porcentaxes da nota que na primeira oportunidade. A única diferencia é que os exercicios escritos ("traballos tutelados") feitos ao longo do cuadrimestre serán substituidos por unha redacción que se realizará na data oficial do exame final.

Cada estudante deberá completar a(s) sección(s) que non superara na primeira oportunidade.

• A materia superase ao obter un 5 sobre 10 despois de sumar as notas de todas as seccións. Sen embargo, non se poderá superar a materia sen obter un mínimo de 4 sobre 10 na proba oral, na proba mixta e na sección dos traballos tutelados.

• Obterase unha calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.

• O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de xullo.

• O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

• O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.

• Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.


Fontes de información
Bibliografía básica

Burgess, Sally, and Thomas, Amanda. Gold Advanced Coursebook. Pearson ELT: Harlow, UK, 2014. (O alumnado deberá traer o libro a clase, no formato no que o atopen, de xeito regular). 

Hai audios adicionais de nivel similar a disposición do alumnado (opcionais) en Exam Maximiser: http://www.english.com/goldadvanced/goldadvanced.html?page=maximiser 

Bibliografía complementaria

Collins COBUILD Advanced Dictionary of English. Collins ELT, 2012.

Collins COBUILD Students’ Dictionary plus Grammar (Book & CD). Collins ELT, 2005.

Cunningham, Gillie, Jan Bell, and Theresa Clementson. Face2face Advanced. Student’s Book and DVD Rom. Cambridge University Press, 2013.

Downes, Colm. Cambridge English for Job Hunting. Cambridge University Press, 2008.

Edwards, Lynda and Jacky Newbrook. Gold Advanced. Maximiser with key. Pearson, 2014.

Hewings, Martin. Advanced Grammar in Use: a Self-study Reference and Practice Book for Advanced Learners of English; with Answers and CD-ROM. Cambridge University Press, 2013.

---. Cambridge Grammar for CAE and Proficiency with Answers and Audio CDs. Cambridge University Press, 2009.

Hopkins, Diana, and Pauline Cullens. Cambridge Grammar for IELTS with Answers: a Self-study Grammar Reference and Practice. Cambridge University Press, 2007.

Jones, Leo. New Cambridge Advanced English. Cambridge University Press, 2001.

Mann, M. Destination C1 & C2: Grammar and Vocabulary. MacMillan, 2008.

OED. Oxford English Dictionary. Oxford University Press, 2017, www.oed.com. Accessed 10 July 2018.

Quirk, R. and Greenbaum, S. A University Grammar of English. Longman, 1985.

Swan, Michael. Practical English Usage. Oxford University Press, 1996.

The Purdue OWL Family of Sites. The Writing Lab and OWL at Purdue and Purdue University, 2008, owl.english.purdue.edu/owl. Accessed 10 July 2018.

Tims, Nicholas et al. Face2face Advanced Workbook. Cambridge University Press, 2014.

Vince, Michael. Advanced Language Practice: English Grammar and Vocabulary. Macmillan, 2009. (WITH KEY) 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías