Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Literatura Norteamericana nos seus Textos Código 613G03047
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Simal Gonzalez, Begoña
Correo electrónico
begona.simal@udc.es
Profesorado
Simal Gonzalez, Begoña
Correo electrónico
begona.simal@udc.es
Web
Descrición xeral Este curso está deseñado co fin de que a/o estudiante se familiarice coa literatura multi-étnica dos Estados Unidos. Prestarase especial atención á segunda metade do século XX e ao século XXI. Esta materia complementa as das asignaturas obrigatorias de literatura norteamericana; daquela, se optará por seleccionar un número limitado de "estudos de caso" (p. ex. textos da tradición literaria asiático-americana).

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Familiarizarse con algúns dos autores máis pertinentes e os seus textos correspondentes. A1
A7
Aprender a ler criticamente. Ser capaz de aplicar un enfoque social (xénero, raza, clase...) na analice dos textos presentados, así como de comparar e relacionar os devanditos textos cos de outras tradicións literarias. A6
A10
A15
B5
B7
Usar a bibliografía apropiada (libros, capítulos de libros, ou revistas literarias), así como realizar tarefas de investigación a través de Internet. B1
B2
B3
B9
Ter dominio da lingua inglesa (C1/C2) a nivel oral y escrito. Os exercicios escritos deben estar ben organizados, ser coherentes e comprensibles. A6
A8
A9
A18
B10
Ser capaz de traballar en grupos, organizar o uso do tempo asignado, analizar as prioridades, compartir información e coñecementos, distribuir tarefas y responsabilidades individuais, e aproveitar as distintas capacidades dos membros do equipo. B6
Esta asignatura anima á reflexión acerca da diferencia, da "otredade", e da nosa actitude cara a ese outro/a. O coñecemento dos antecedentes socio-históricos debería axudar aos/ás estudiantes a comprender mellor as diferenzas que existen na sociedade e a respetalas. B8
C4

Contidos
Temas Subtemas
UNIT 1 - Conceptos e contextos 1. Concepts of race and ethnicity
2. Race and ethnicity in the US: a socio-historical introduction
3. Asian American literature: an overview
UNIT 2 - Japanese American literature 1. Internment literature (excerpts)
2. Beyond internment (excerpts)
UNIT 3 -Chinese American literature 1. Sui Sin Far’s “Leaves from the Mental Portfolio..."
2. Kingston’s The Woman Warrior (selected chapters)
UNIT 4 - South Asian American literature
1. Mukherjee’s The Middleman (short stories)
2. Divakaruni’s Arranged Marriage (short stories)
UNIT 5 - Vietnamese American literature 1. Truong’s Bitter in the Mouth (excerpts)
2. Nguyen’s The Sympathizer (excerpts)
UNIT 6 - Key issues in multi-ethnic literature 1. Intersectionality: gender and race, ethclass, generation gap (excerpts)
2. Beyond ethnicity?: Gish Jen’s “Who’s Irish?” (short story)
3. Globalization and Diaspora: Andrew Lam’s “Viet Kieu” (essay); Cathy Park Hong’s Engine Empire (selected poems)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 1 29 30
Presentación oral A6 A8 A10 A15 B10 C4 3 9 12
Sesión maxistral A7 9.5 0 9.5
Análise de fontes documentais A9 B3 B8 B9 11 22 33
Proba mixta A1 A6 A7 A9 A15 B7 3 12 15
Proba de ensaio A15 A18 B1 B2 B5 B6 B7 3 9 12
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Espérase que cada estudiante lea todos e cada un dos textos polo miudo e de xeito crítico, intentando acadar as súas proprias conclusións. Tamén se espera que realicen as lecturas obrigatorias antes da clase. Grazas ao programa detallado que se lle entrega ao alumnado durante a primeira semana de clase, coñécense con antelación as datas nas que se analizará cada unha das lecturas obrigatorias.
Presentación oral Esta breve exposición oral levarase a cabo en grupos reducidos (2-4 estudiantes por equipo). Cada grupo escollerá un tema da lista que a docente proporcionará ao inicio do cuadrimestre, cando se darán todos os detalles do traballo. Os grupos poderán elixir entre distintas datas durante os meses de abril e maio para levar a cabo a súa exposición.
Sesión maxistral Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, exploraranse os conceptos teóricos máis relevantes e proporcionaranse pautas de análise textual. As sesións maxistrais levaranse a cabo nas clases co grupo grande, correspondentes á docencia expositiva (DE). De xeito ocasional, poderase organizar unha conferencia a cargo de expertas/os doutras universidades.
Análise de fontes documentais Análise textual (close reading) e respostas razoadas sobre a leitura persoal dos textos.
Proba mixta Estas probas finais, que se realizarán nas datas oficiais de exames (oportunidades de xuño e xullo), consistirán en preguntas de tipo teórico-práctico, e poden incluir preguntas breves así como exercicios máis longos e complexos (essay questions). Vid. AVALIACIÓN.
Proba de ensaio Estas probas ou exercicios consisten na elaboración de ensaios breves en resposta a preguntas teórico-prácticas e se levarán a cabo fundamentalmente na aula, se recollerán e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
As presentacións orais son unha tarefa dura para a meirande parte das/dos estudantes. Daquela, se levarán a cabo titorías en grupo reducido e/ou individuais, para axudar a plantexar o traballo e dar pautas de mellora se se detectan problemas lingüísticos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A6 A8 A10 A15 B10 C4 Estas exposicións orais levaranse a cabo na clase, nos meses de abril e maio. Nesta traballo, se espera que o alumnado afonde nun tema/texto determinado e máis exprese a súa opinión sobre o mesmo. Dado que se trata dunha actividade grupal, a capacidade de traballo en equipo é moi importante, como tamén o son as destrezas lingüísticas e comunicativas. 20
Proba mixta A1 A6 A7 A9 A15 B7 Neste tipo de actividade o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se valorarán tanto os coñecementos teóricos adquiridos como a capacidade do alumnado que aplicar os devanditos coñecementos á práctica. Por último, nestas probas finais se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. Estes exames poden combinar preguntas de resposta breve ("objective test") con outras preguntas a desenvolver (essay questions; "subjective" test). 50
Proba de ensaio A15 A18 B1 B2 B5 B6 B7 Estas probas ou exercicios consisten na elaboración de ensaios breves en resposta a preguntas teórico-prácticas e se levarán a cabo fundamentalmente na aula, se recollerán e computarán a efectos de avaliación. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e demáis actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación. A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como toda actividade adicional de"extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuatrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final (isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado ou polo alumnado e aceptada por ambos).

PLAXIO: Á hora de avaliar os ensaios e traballos de cada estudiante, a profesora prestará especial atención a posibles casos de plaxio; a tal efecto, poderá realizar entrevistas orais co alumnado ou empregar recursos e aplicacions como o TURNITIN que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). TURNITIN recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais bibliográficos e de Internet.

CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) estudante que non se presente á proba final e/ou non teñarealizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliaciónacadará a cualificación de NP.

AVALIACIÓN DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación das seguintes probas: 50% da proba mixta (semellante ao exame final da primeira oportunidade), 30% de proba de ensaio, e máis 20% da proba oral.

ESTUDANTES CON DISPENSA: Aquelas/esestudiantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia destauniversidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmoscriterios que para a segunda oportunidade (xullo). 

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro (Facultade de Filoloxía) para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI na dirección de e-mail adi@udc.es.


Fontes de información
Bibliografía básica

LECTURAS OBRIGATORIAS

  • 3 RELATOS de Mukherjee, Divakaruni e Jen. 
  • 2 ensaios autobiográficos (breves) de Lam e Sui Sin Far. 
  • Un total de 7 CAPÍTULOS dos seguintes libros: The Woman Warrior (Kingston), Bitter in the Mouth (Truong) e The Sympathizer (Nguyen)

Ademáis destes textos, que deben ser lidos antes da clase (segundo o calendario semanal), proporcionaranse ao alumnado algúns textos de pouca extensión (poemas e máis extractos) para seren analizados na clase.

Bibliografía complementaria
FONTES SECUNDARIAS RECOMENDADAS: 
  • Sau-ling WONG's Reading Asian American Literature: From Necessity to Extravagance (Princeton: Princeton Univ. Press, 1993)
  • King-kok CHEUNG's An Interethnic Companion to Asian American Literature (Cambridge: Cambridge Univ. Press, 1997)
  • Begoña SIMAL's Identidad étnica y género en la narrativa de escritoras chinoamericanas (UDC Univ. Press, 2000)
  • Crystal PARIKH and Daniel KIM's The Cambridge Companion to Asian American Literature (Cambridge: Cambridge Univ. Press, 2015). 

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Literatura Norteamericana 1/613G03024
Literatura Poscolonial/613G03026
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032
Literatura Norteamericana 2/613G03035

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/613G03041

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías