Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Análise de sistemas de información Código 614502006
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Rodriguez Rubio, Miguel Jose
Correo electrónico
miguel.rodriguez.rubio@udc.es
Profesorado
Martín Rodilla, Patricia
Rodriguez Rubio, Miguel Jose
Correo electrónico
patricia.martin.rodilla@udc.es
miguel.rodriguez.rubio@udc.es
Web
Descrición xeral -- Requisitos: Técnicas de obtención, factores humanos, tipos de requisitos, detección de conflitos, atributos de calidade.
- Linguaxes e modelos para a especificación de requisitos.
- Xestión e documentación de requisitos. Integración entre análise de requisitos e procesos software (incluíndo procesos áxiles).
- Análise e técnicas de validación. Técnicas de prototipado. Análise e validación de accesibilidade.
- Especificación e análise de requisitos en sistemas: encaixados, baseados en web, de negocio, ciencia ou enxeñaría.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Tendo en conta a memoria do Máster Universitario en Enxeñaría Informática (ver pax 33) os resultados da aprendizaxe (en síntese) son: - Coñecer as necesidades da organización e determinación de requisitos. - Coñecer as linguaxes e modelos para a análise. - Saber validar os fluxos de traballo e definir prototipos. Os códigos de competencias que se indican nesta guía e na súa vinculación coa materia, son os derivados das correspondencias obrigadas establecidas con códigos GADU, sen considerar outras valoracións. AP8
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP9
BP10
BP13
BP14
BP17
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
CP1
CP6

Contidos
Temas Subtemas
PROGRAMA XERAL.

PRIMEIRA PARTE.- Estudo das necesidades da organización e determinación de requisitos.

1.1.- O Proceso Unificado dirixido por casos de uso.
1.2.- Da visión aos requisitos.
1.3.- Captura de requisitos como casos de uso
1.4.- Persoas, Proxecto, Produto e Proceso.
1.5.- Arquitecturas de Información Empresarial.
1.6.- Principios para o estudo das Organizacións e Racionalización de Procedementos.
1.7.- Representación en UML dos Procedementos.
1.8.- Perfís das principais posicións nunha organización.
1.9.- A implicación dos Sistemas de Información, na mellora do rendemento, na Xestión e na Dirección Estratéxica.

SEGUNDA PARTE.- Linguaxes e Modelos.

2.1.- Discusión dos termos principais de UML.
2.2.- Orientacións e niveis de significación semántica das Vistas dun Modelo.
2.3.- Arquitecturas. Procesos centrados en Arquitecturas.
2.4.- Resumo do Proceso Unificado de Desenvolvemento.


TERCEIRA PARTE.- Validación e prototipos.

3.1.- A validación nos fluxos de traballo fundamentais do Proceso Unificado de Desenvolvemento.
3.2.- A orientación do desenvolvemento iterativo e incremental.
3.3.- Validación e probas.
3.4.- Definición de prototipos e determinación da súa funcionalidade e alcance.
3.5.- O prototipo operativo como unha primeira versión dun sistema visionary.
3.6.- O desenvolvemento áxil.

CUARTA PARTE.- Sistemas encaixados e outros casos.

4.1.- Algunhas definicións.
4.2.- Clasificación dos sistemas de información.
4.3.- Clasificación das aplicacións.
4.4.- Presentación de casos de éxito e exemplos.
.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 B1 B3 B5 B10 B13 B14 B17 B22 B25 C6 21 21 42
Prácticas de laboratorio B2 B4 B6 B7 B8 B9 B21 B23 B24 C1 21 77 98
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Desenvolvemento da parte teórica coa exposición dos fundamentos necesarios da Análise, A Captura de Requisitos, as Linguaxes de Modelado, a discusión avanzada da semántica dos termos de UML, o Proceso Unificado de Desenvolvemento e as características dalgúns contextos específicos.
Tratarase de estimular a participación propondo o comentario e discusión crítica dos conceptos explicados.
Tratarase de complementar esta docencia con algunha conferencia de profesionais implicados nestes temas.
Prácticas de laboratorio Exporanse algúns exercicios, en función do avance dos alumnos, sobre a análise de sistemas complexos, e empregando as vistas de UML. Estes traballos han de ser entregados de modo que sexa explícita a achega de cada alumno, aínda que no seu conxunto puidesen ser desenvolvidos en grupo co obxecto de dotar de coherencia a solución das distintas partes que integren a formulación de maior alcance, que se presentará no enunciado dos exercicios. Valoraranse os dous exercicios de maior entidade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Neste apartado inclúese a orientación necesaria para resolver os exercicios, aclarar dúbidas e conceptos, e discutir as achegas e participación tanto individual, como de Grupo Reducido.

Atenderase aos alumnos tanto no despacho, en horas de tutorías, como ou por medio do correo electrónico e, ocasionalmente, teléfono.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B2 B4 B6 B7 B8 B9 B21 B23 B24 C1 Desenvolvésense dous exercicios, en función do avance medio dos alumnos. A puntuación total do apartado é de 3 puntos por exercicio, que se outorgarán tendo en conta o seu defensa e discusión en tutorías e en clase.

A puntuación máxima total das prácticas será de 6 puntos.
60
Sesión maxistral A8 B1 B3 B5 B10 B13 B14 B17 B22 B25 C6 Realizarase un exame dos conceptos teóricos discutidos e as conclusións das conferencias.

O exame terá catro apartados,
1.- Estudo das necesidades da organización e determinación de requisitos.
2.- Linguaxes e Modelos.
3.- Validación e prototipos.
4.- Sistemas encaixados e outros casos.



A puntuación máxima do exame será de 4 puntos.
40
 
Observacións avaliación

A puntuación total da materia obterase da suma da puntuación obtida no exame e en cada unha das prácticas. A presentación a exame é un requisito necesario para a valoración das prácticas.

 Aqueles estudiantes con matircula a tempo parcial ou calquer circunstancia que impida a asistencia as clases, deberan contactar cos docentes para determinar alternativas ao seguimento e a avaliacion da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica GAMMA y OTROS (). Dessign Patterns. Adisson Wesley
CARMICHAEL (). Developing Business Objects. Cambridge University Press
BOOCH, JaCOBSON, RUMBAUGH (). El Proceso Unificado de Desarrollo de Software. Adisson Wesley
BOOCH, JACOBSON, RUMBAUGH (). UML, El Lenguaje Unificado de Modelado. Manual de Referencia. Adisson Wesley

Del Manual de Referencia de UML se considerarán como libro de texto, los capítulos que componen la parte tercera: conceptos UML.

Del Manual del Proceso Unificado de Desarrollo se considerara libro de texto la Parte I y la Parte II y los capítulos 13, 14 y 15 de la Parte III

Al principio del curso se añadirá bibliografía y/o referencias complementarias actualizadas sobre Análisis de Requisitos y sobre Técnicas de Negociación, Comunicación y Dinámica de Grupos, así como Organización y Procedimientos.

Se indicarán enlaces de referencia a publicaciones en Internet que expresen el estado del arte en el desarrollo de sistemas de información avanzados, sistemas empotrados, basados en WEB, y también referencias informativas sobre sistemas BPM, aplicaciones de Inteligencia de Negocios, y e integración de aplicaciones, plataformas y arquitecturas, presentándose ejemplos de casos concretos.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías