Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Análise de imaxes biomédicas Código 614522010
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Barreira Rodriguez, Noelia
Correo electrónico
noelia.barreira@udc.es
Profesorado
Barreira Rodriguez, Noelia
De Moura Ramos, Jose Joaquim
Gonzalez Penedo, Manuel
Novo Bujan, Jorge
Correo electrónico
noelia.barreira@udc.es
joaquim.demoura@udc.es
manuel.gpenedo@udc.es
j.novo@udc.es
Web
Descrición xeral Este curso consiste nunha introducción ao procesado e á análise de imaxes médicas. Nel presentaranse conceptos básicos sobre tratamento de imaxes e temas como a adquisición de datos, a formación de imaxes, o filtrado, a segmentación ou o rexistro de imaxes. O obxectivo do curso é obter unha visión xeral e unha experiencia práctica neste campo.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender as modalidades de adquisición de imaxe médica e o que representan AP1
BP1
Entender os conceptos básicos co procesado de imaxes AP4
AP6
BP5
BP6
CP3
Saber deseñar e avaliar as técnicas de análisis de imaxes médicas AP2
BP2
BP7
CP6

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos da imaxe dixital. Modelos de adquisición.
Medidas de calidade da imaxe.
Espacios de cor.
Histogramas.
Procesado de imaxes dixitais. Proceso de mellora.
Detección de bordes.
Segmentación.
Operadores morfolóxicos.
Rexistro e fusión de imaxes. Intensidade vs características.
Métricas de similitude.
Métodos multimodais.
Validación de metodoloxías de análise de imaxe médica Métricas de avaliación da calidade.
Metodoloxías de entrenamento e validación.
Probas estatísticas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 B1 16 16 32
Prácticas de laboratorio A2 A6 B2 B7 C3 16 32 48
Investigación (Proxecto de investigación) A2 B2 B5 B6 16 32 48
Proba práctica A2 A6 0 16 16
Proba obxectiva A1 A2 B1 B2 C6 3 0 3
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complemetada co uso de medios audiovisuais e a introducción de preguntas dirixidas os estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a apredizaxe.
Prácticas de laboratorio Resolución práctica de distintos problemas de imaxe médica mediante a aplicación de técnicas de procesado de imaxe explicadas durante as sesións maxistrais.
Investigación (Proxecto de investigación) Proposta dunha situación práctica en imaxe biomédica que requira ao estudante identificar o problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Proba práctica Resolución de exercicios prácticos ao longo do curso sobre os temas abordados durante as sesións maxistrais.
Proba obxectiva Exame da materia que combinará preguntas sobre a teoría con problemas a resolver.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Proba práctica
Prácticas de laboratorio
Proba obxectiva
Descrición
Resolución de dúbidas durante as prácticas de laboratorio. Asesoramento individualizado durante a realización do proxecto de investigaciión.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A2 B2 B5 B6 Adecuación das solucións propostas ao problema. Calidade dos resultados obtidos. Comprensión das técnicas utilizadas. 30
Proba práctica A2 A6 Resolución correcta e en prazo dos exercicios prácticos propostos. 10
Prácticas de laboratorio A2 A6 B2 B7 C3 Adecuación das solucións propostas aos problemas. Calidade dos resultados obtidos. Comprensión das técnicas utilizadas. 20
Proba obxectiva A1 A2 B1 B2 C6 Proba escrita con cuestións teóricas e problemas prácticos a resolver. 40
 
Observacións avaliación
Para superar a asignatura é necesario obter o 50% da nota no apartado práctico (prácticas de laboratorio + proxecto de investigación) e nas probas (proba práctica + proba obxectiva).

DISPENSA ACADÉMICA

Para aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases teranse consideracións adecuadas á súa situación.

Fontes de información
Bibliografía básica Rafael C. González, Richard E. Woods (2010). Digital image processing. Upper Saddle River (New Jersey) : Pearson-Prentice Hall, [2010]
Milan Sonka, Vaclav Hlavac, Roger Boyle (2014). Image processing, analysis and machine vision. Pacific Grove, California : Brooks/Cole Publishing Company,

Bibliografía complementaria David A. Forsyth, Jean Ponce (2012). Computer vision : a modern approach. Boston : Pearson
Richard Szeliski (2010). Computer Vision: Algorithms and Applications. Springer (draft online)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución á programación/614522001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Probabilidade. estatística e elementos de biomatemática/614522007
Fundamentos de intelixencia artificial/614522003

Materias que continúan o temario
Visualización médica avanzada/614522019

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías