A nota de cada módulo é o resultado da suma das notas de todas as avaliacións (non existindo un mínimo para cada un dos apartados) e debe ser en ambos módulos igual ou superior a 2 puntos sobre 5 para poder superar a materia. En caso de non aprobar algún dos dous módulos, a nota máxima que será reflexada nas actas é 4.0 sobre 10 puntos.
Tanto na primeira oportunidade como na segunda, o estudante poderá examinarse de calquera dos apartados teóricos ou prácticos de cada un dos módulos (ou dos dous).
Na segunda oportunidade, poderán presentarse os estudantes que obtiveron a cualificación de SUSPENSO na primera oportunidade. Teranse en conta as seguintes consideracións:
*Proba obxectiva: soamente é necesario presentarse ao módulo no que se obtivo unha nota inferior a 2.5 puntos sobre 5 puntos na primeira oportunidade.
* Prácticas a través de TIC: os estudantes que fagan a "proba obxectiva" na segunda oportunidade, poden optar a conservar a nota de prácticas a través da TIC da primeira oportunidade ou realizar unha nova proba.
* Proba de resposta breve: Conservarase a nota da primeira oportunidade.
Convocatorias extraordinarias:
Examen de contidos teóricos, prácticos e problemas: 10 puntos
Estudantes con matrícula a tempo parcial:
Os estudantes con matrícula a tempo parcial non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.