Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Hª política e social contemporánea Código 615G01109
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Cardesin Diaz, Jose Maria
Correo electrónico
j.m.cardesin@udc.es
Profesorado
Cardesin Diaz, Jose Maria
Diz Reboredo, Carlos
Miguez Gonzalez, Santiago
Correo electrónico
j.m.cardesin@udc.es
carlos.diz@udc.es
santiago.miguez@udc.es
Web http://https://www.udc.es/gl/get/membros/CARDESIN/
Descrición xeral Nesta materia abordaranse algunhas das grandes transformacións que definen a idade contemporánea. O programa organízase en cinco temas: 1.- Un mundo rural en crise permanente. 2.- Da revolución industrial a globalización. 3.- Unha historia urbana. 4.- Orde e control social. 5.- O sistema mundial: do colonialismo ao neoliberalismo. En cada un destes temas estudaranse os procesos implicados durante a idade contemporánea. A utilidade desta aproximación é dobre. Primeiro, que os alumnos incorporen unha dimensión diacrónica, que lles faculte para estudar a sociedade actual como produto histórico, e valorar as continuidades e as novidades por referencia ao pasado. Segundo, analizar o contexto histórico no que se desenvolveu a teoría social, paso previo para contextualizar algunhas das súas limitacións.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Discusión dirixida (computa na avaliación)
- Lecturas
- Traballo por grupos- (computa na avaliación)
- Traballos tutelados –individuais- (computa na avaliación)
- Proba obxectiva (computa na avaliación)
- Atención personalizada

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas
- Moodle: diariamente. Dispoñibilidade de lecturas e formularios, e entrega de tarefas.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos, a discusión dirixida, o debate sobre as lecturas e a exposición oral dos traballos de grupo sobre as devanditas lecturas, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 1 sesión semanal en horario de titorías, en pequeno grupo, para resolver todo tipo de dúbidas e asesorar na realización dos traballos individuais e de grupo.

4. Modificacións na avaliación

A) Alumnado con dedicación completa: Mantéñense as metodoloxías e o seu peso na avaliación.
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia Realización de exame final vía Moodle.
C.- Requisitos para superar a materia:
- Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
- Entregar e expor os traballos tutelados na data que se indique.
- Realización obrigatoria do exame final vía Moodle.
- A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Todas as lecturas obrigatorias están dispoñibles no Moodle. Manterase a filmografía a que se poida acceder online, ou aquela que se difunda a través das sesións docentes en Teams.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Explicar a especificidade das sociedades contemporaneas como producto dun proceso histórico A1
A3
A8
A10
B26
Identificar as suas tendencias de evolucion e os seus principais movementos sociais e politicos A1
A3
A8
A10
B13
B24
B26
Avaliar o contexto historico no que se foi construindo a teoria socioloxica e as teorias sobre o poder e a desigualdade social A1
A3
A8
A10
B13
B26
Xestionar as fontes de informacion primarias e secundarias e analizar os seus datos A17
B5
B13
B24
Desenvolver as habilidades de traballo individual e en equipo A17
B5
B12
B13

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: UN MUNDO RURAL EN CRISE PERMANENTE 1.- O Antigo Réxime: a protección fronte ao mercado.
1.1.- Colectivismo agrario e leis de pobres.
1.2.- Comercialización: as leis de grans.
1.3.- Da economía moral a economía política.
2.- O concepto de revolución agraria.
2.1.- A formación dun sistema de mercado mundial.
2.2.- A importancia do marco estatal.
2.3.- Un estudo de caso: o campesiñado galego e a emigración a América.
TEMA 2: DA REVOLUCION INDUSTRIAL A GLOBALIZACION 1.- A Revolución Industrial
1.1.- As mudanzas na organización do traballo.
1.1.1.- O traballo a domicilio.
1.1.2.- O taller gremial.
1.1.3.- A fábrica mecanizada.
1.2.- As mudanzas na comercialización e no consumo.
1.3.- A formación da Clase Traballadora.
1.3.1.- A polémica sobre os niveis de vida.
1.3.2.- Disciplina de traballo e disciplina de vida.
1.3.3.- O movemento obreiro.
2.- As transformacións do S.XX.
2.1.- As consecuencias da Primeira Guerra Mundial (1914-18)
2.2.- A Segunda Guerra Mundial (1939-45) e o sistema de Bretton Woods.
2.3.- O Capitalismo tras da Caída do Muro de Berlín.
2.3.1.- A globalización do capital financeiro
2.3.2.- Economía informal, desregulación e deslocalización.
2.3.3.- A crise do Welfare State.
TEMA 3: UNHA HISTORIA URBANA 1.- A cidade pre-industrial e os problemas para xestionala.
1.1.- O problema da vivenda.
1.2.- Saúde, transporte, orde pública.
2.- A cidade fabril e o problema dos barrios degradados.
2.1.- As grandes capitais: París e Londres.
2.2.- A formulación das políticas públicas.
3.- Da metrópole do s.XX a cidade global do s.XXI.
3.1.- A suburbanización das cidades norteamericanas: Los Angeles
3.2.- A degradación dos centros urbanos: Baltimore.
TEMA 4: ORDE E CONTROL SOCIAL 1.- Os sistemas punitivos no Antigo Réxime.
1.1.- O concepto de suplicio
2.- Os novos sistemas de control na cidade Contemporánea.
2.1.- A invención da prisión.
3.- Os sistemas de control nun mundo globalizado
3.1.- O concepto de panopticismo.
4.- As ciencias sociais descobren ao delincuente.
4.1.- Do evolucionismo a antropoloxía criminal.
TEMA 5: O SISTEMA MUNDIAL: DO COLONIALISMO AO NEOLIBERALISMO 1.- O colonialismo.
1.1.- A formación dunha economía mundo.
1.2.- O tráfico de escravos africanos e o comercio triangular.
2.- A expansión imperialista no s.XIX.
2.1.- A ecoloxía da fame.
2.2.- As ciencias sociais teorizan a hexemonía europea.
3.- Cara a unha orde neoliberal
3.1.- A descolonización no marco da Guerra Fría.
3.2.- A globalización do capital financeiro.
3.3.- A doutrina do shock
3.4.- Da invasión de Irak a Primavera Arabe

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A1 A3 A8 A10 B5 B13 B24 B26 35 20 55
Lecturas A1 A3 A8 A10 B5 B12 B13 B24 B26 10 20 30
Proba obxectiva A1 A3 A8 A10 A17 B5 B13 B24 B26 2 30 32
Traballos tutelados A1 A8 A17 B5 B13 B24 B26 2 10 12
Sesión maxistral A1 A3 A8 A10 B13 B24 B26 18 0 18
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida A partir dos materiais expostos na aula e do traballo personal dos alumnos
Lecturas Ao comezo do curso suministraráse un conxunto de textos de lectura obrigatoria, que se discutirán na aula como apoio aos distintos apartados do programa e servirán de base para exposicions na aula que se encomendaran previamente a grupos de 3 alumnos
Proba obxectiva A avaliación basearase nun exame por escrito ao final do curso, en torno á materia impartida nas aulas e aos textos de lectura obrigatoria. O exame basearase en preguntas teóricas e de comentario de texto.
Traballos tutelados Todos os alumnos deberán entregar un traballo individual de 5 páxinas, sobre unha breve investigación ou reflexión bibliográfica que se lles asignará a principio de curso.
Sesión maxistral Docencia maxistral

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada realizarase de maneira individual na preparacions por grupos reducidos da exposicion na aula dunha lectura e en xeral cando sexa preciso. Tamén producirase na aula no contexto da docencia presencial. As titorías terán lugar a traves da aplicación Teams no horario establecido.

Para aqueles alumnos/as que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, a atención personalizada realizarase no horario de titorías (a través da aplicación Teams) ou a través de correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A3 A8 A10 B5 B13 B24 B26 Baseado na avaliación permanente realizada polo profesor a partir da participación activa por parte dos alumnos 30
Lecturas A1 A3 A8 A10 B5 B12 B13 B24 B26 Baseado na avaliación permanente realizada polo profesor a partir da exposicion na aula dunha das lecturas, encomendada a un grupo 15
Proba obxectiva A1 A3 A8 A10 A17 B5 B13 B24 B26 A avaliacion basearase nun exame por escrito a final de curso, en torno a materia impartida nas aulas e aos textos de lectura obligatoria. O exame basearase en preguntas teóricas e de comentario de texto. 40
Traballos tutelados A1 A8 A17 B5 B13 B24 B26 Todos os alumnos deberán entregar un traballo individual de 5 páxinas, sobre unha breve investigación ou reflexión bibliográfica que se lles asignará a principio de curso. 15
 
Observacións avaliación

As
cualificacións finais serán o resultado da suma de 2 bloques de notas:

a.- Un exame por
escrito ao final do curso, que aportará o 40% da nota. Non presentarse ao exame final
comportará a cualificación de "Non Presentado" na materia.

b.- A participación
en clase aportará conxuntamente ata un 60% da nota, desglosada en tres conceptos:
participación activa en clase; traballo tutelado individual; e traballo
tutelado por grupos.

Se un membro do grupo non asiste a presentación oral o
día sinalado, non poderá recibir cualificación por este concepto.

Caso de que o estudante non se
presentase a exame ou non superase a convocatoria de xuño, as cualificacións
correspondentes ao concepto “b” (participación en clase, traballo individual e
traballo colectivo) gardaranse para a convocatoria de xullo.

UNICAMENTE para
aqueles alumnos/as que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación final
dependerá exclusivamente da proba obxectiva baseada nun exame por escrito ao
final do curso, que aportará o 100% da nota.


Fontes de información
Bibliografía básica

TEXTOS DE LECTURA OBRIGATORIA:

Os seguintes textos servirán de introdución aos diferentes temas do programa. Estes textos debateranse en clase (achégase data aproximada) e entrarán como materia de exame, xunto ás explicacións de clase.

Tanto no Grupo A-1 coma no Grupo 1-2, os alumnos deberán organizarse en grupos de 3 e facerse cargo da exposición (en torno a 20’) dun destes textos na aula (so os textos 2 a 10).

1.- THOMPSON, Edward P.: “La economía moral de la multitud en la Inglaterra del S.XVIII”, en Tradición, revuelta y conciencia de clase, Barcelona, Crítica, 1984, p. 62-108 y 114-120.

Data aproximada de comentario: Mércores 17 de Febreiro

2.- CARDESIN, José María: “Mercado, estado e aldea: a construción do campesiñado galego”, en M. Gondar (ed.): Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial galego, Santiago de Compostela, Museo do Pobo Galego, 1999, p. 131-153.

Data aproximada de comentario: Mércores 24 de Febreiro

3.- THOMPSON, Edward P.: “Tiempo, disciplina de trabajo y capitalismo industrial”, en Tradición, revuelta y conciencia de clase, Barcelona, Crítica, 1984, p. 239-248 y 258-284.

Data aproximada de comentario: Xoves 4 de Marzo

4.- NESI, Edoardo: “Los tejidos más bonitos del mundo”, “Inmediatamente” y “El sistema Italia”, en Historia de mi gente, Madrid, Salamandra, 2012, p. 57-66, 97-109 y 122-135.

Data aproximada de comentario: Mércores 24 de Marzo

5.- HALL, Peter: “La ciudad de la noche espantosa. La reacción ante los barrios pobres de la ciudad del siglo XIX: Londres, París, Berlín, Nueva York, 1880-1900”, en Ciudades del mañana. Historia del urbanismo en el S.XX. Barcelona, Ediciones del Serbal, 1996, p. 24-55.

Data aproximada de comentario: Mércores 7 de Abril

6.- HARVEY, David: “Los espacios de la utopía”, en Espacios de esperanza, Madrid, Akal, 2000, p. 159-186.

Data aproximada de comentario: Mércores 14 de Abril

7.- FOUCAULT, Michel: “El ojo del poder”, en J. Bentham: El panóptico, Madrid, La Piqueta, 1989, p. 1-23.

Data aproximada de comentario: Mércores 21 de Abril

8.- GOULD, Stephen J.: “La medición de los cuerpos: dos estudios sobre el carácter simiesco de los indeseables”, en La falsa medida del hombre, Barcelona, Orbis, 1987, p. 107-143.

Data aproximada de comentario: Mércores 28 de Abril

9.- DAVIS, Michael: “Los orígenes del Tercer Mundo”, en Los holocaustos de la era victoriana tardía. El Niño, las hambrunas y la formación del Tercer Mundo, Universidad de Valencia, 2006, p. 313-348.

Data aproximada de comentario: Mércores 12 de Maio

10.- KLEIN, Naomi: “Borrando Irak: en busca de un modelo para Oriente Medio” y “Un blowback ideológico: un desastre muy capitalista”, en La doctrina del shock. El auge del capitalismo del desastre, Barcelona, Paidós, 2007, p. 431-472.

Data aproximada de comentario: Mércores 19 de  Maio

Bibliografía complementaria

BIBLIOGRAFIA TEMA 1

HOBSBAWM, Eric y RUDE, Georges: Revolución industrial y revuelta agraria. El capitán Swing. Madrid, S. XXI, 1978.

MOORE, Barrington: Los orígenes sociales de la dictadura y la democracia. El señor y el campesino en la formación del mundo moderno. Barcelona, Península, 1973.

ROSENER, Werner: Los campesinos en la historia europea. Barcelona, Crítica, 1995.

THOMPSON, Edward P.: “La economía moral de la multitud revisada”, Costumbres en común. Barcelona, Crítica, 1995.

BIBLIOGRAFIA TEMA 2

CARDESIN, José María.: “City, Housing and Welfare in Spain, from the Civil War to Present Times”, Urban History, 43 (02), 2016, pp. 285-305.

MORI, Giorgio: La revolución industrial. Barcelona, Crítica, 1983.

NESI, Edoardo: La historia de mi gente. Barcelona, Salamandra, 2010.

RULE, John: Clase obrera e industrialización. Historia social de la revolución industrial británica, 1750-1850. Barcelona, Crítica, 1990.

TAIBO, Carlos: España, un gran país. Transición, milagro y quiebra. Madrid, Catarata, 2012

THOMPSON, Edward P.: La formación de la clase obrera en Inglaterra. Barcelona, Crítica, 1989 (2 vols).

VAROUFAKIS, Iannis: El Minotauro global. Estados Unidos, Europa y el futuro de la economía mundial. Madrid, Capitán Swing, 2013.

VARIOS AUTORES: El Atlas Financiero. La estafa del siglo. Le Monde Diplomatique, 2014.

WALLRAFF, Günther: Con los perdedores del mejor de los mundos. Expediciones al interior de Alemania. Barcelona, Anagrama, 2010.

BIBLIOGRAFIA TEMA 3

CARDESIN, José María: “Reconstruyendo la Ciudad Norteamericana a través del Cine: el Downtown de Los Angeles”, Historia Social, nº 79, p. 61-81.

DORE, Gustave: Dore´s London. All 180 Illustrations from ‘ London, a Pilgrimage’ , New York, Dover Publications, 2004.

HALL, Peter: Ciudades del mañana. Historia del urbanismo en el S.XX. Barcelona, Ediciones del Serbal, (1988) 1996.

HEDGES, Chris y SACCO, Joe: “Días de asedio. Camden, Nueva Jersey”, en Días de destrucción, días de revuelta, Barcelona, Planeta, 2004, p. 73-128.

PINOL, Jean-Luc y WALTER, François: La ciudad contemporánea hasta la Segunda Guerra Mundial. Universidad de Valencia, 2010.

RIIS, Jacob: How the other Half Lives. Studies among the tenements ofNew York, New York, Dover, (1901) 1971

SOJA, Edward: Postmetrópolis. Estudios críticos sobre las ciudades y las regiones. Madrid, Traficantes deSueños, 2008.

VARIOS AUTORES: El Atlas de las Metrópolis. Le Monde Diplomatique,2014.

ZELLER, Olivier: La ciudad moderna. Universidad de Valencia, 2010.

BIBLIOGRAFIA TEMA 4

BAILEY, V.: "The fabrication of deviance: dangerous classes and criminal classes in England", en J. Rule & R. Malcomson: Protest and survive. Londres, Merlin Press, 1993, pp. 221-256.

BENTHAM, Jeremy: El Panóptico. Madrid, La Piqueta, 1989.

CORTES, José Miguel: La ciudad cautiva. Control y vigilancia en el espacio urbano.Madrid, Akal, 2010.

FOUCAULT, Michel: Vigilar y castigar. Nacimiento de la prisión. México, Siglo XXI, 1981.

GEREMEK, Bronislaw: La piedad y lahorca. Historia de la miseria y de la caridad en Europa. Madrid, Alianza,1989.

MARGALIT, Meir: Jerusalén, la ciudad imposible. Claves para comprender la ocupación israelí, Madrid, Catarata, 2018.

BIBLIOGRAFIA TEMA 5

CHOMSKY, Noam: Año 501. La conquista continúa, Madrid, Libertarias, 1993.

DAVIS, Mike: Los holocaustos de la era victoriana tardía. El Niño, las hambrunas y la formación del Tercer Mundo, Universidad de Valencia, 2006.

DAVIS, Mike: Llega el monstruo. Covid-19, gripe aviar y las plagas del capitalismo, Madrid, Capitán Swing, 2020.

DORIGNY, Marcel & GAINOT, Bernard: Atlas des esclavages. De l’Antiquité à nos jours. Paris, Autrement, 2013.

FERRO, Marc: El libro negro del colonialismo. Del exterminio al arrepentimiento. La Esfera de los Libros,2005.

FIELDHOUSE, David: Economía e imperio. La expansión de Europa, 1830-1914, Madrid, S.XXI, 1990.

KLEIN, Naomi: La doctrina del shock. El auge del capitalismo del desastre. Barcelona, Paidós, 2007

PAPPE, Ilan: La cárcel más grande de la tierra. Una historia de los territorios ocupados, Madrid, Capitán Swing, 2018.

VARIOSAUTORES: Atlas de los conflictos de fronteras. Madrid, Le Monde Diplomatique, 2013.

WOLF, Eric R.: Europa y los pueblos sin historia. México, Fondo de Cultura Económica, 1989.

BIBLIOGRAFIA XERAL

ANDERSON, Perry: El nuevo viejo mundo. Madrid, Akal, 2012.

HOBSBAWM, Eric: La era de la revolución (1789-1848), Barcelona, Labor, 1991.

HOBSBAWM, Eric: La era del capitalismo (1849-1874), Barcelona, Labor, 1989.

HOBSBAWM, Eric: La era del imperio (1875-1914), Barcelona, Labor, 1989.

HOBSBAWM, Eric: Historia del siglo XX. Barcelona, Crítica.

JUDT, Tony: Postguerra. Una historia de Europa desde 1945. Madrid, Taurus, 2006.

MAMMARELLA, Giuseppe: Historia de Europa contemporánea, 1945-90, Barcelona, Ariel, 1990.

POLANYI, Karl: La gran transformación. Crítica del liberalismo económico, Madrid, La Piqueta, 1989.

TEORIA E METODOLOXIA DA HISTORIA:

BURKE, Peter (ed): Formas de hacer historia, Madrid, Alianza, 1994.

CASANOVA, Julian: La historia social y los historiadores, Barcelona, Crítica, 1990.

CHESNAUX, Jean: Hacemos tabla rasa del pasado? A propósito de la historia y de los historiadores, Madrid, SigloXXI, 1984.

JULIA, Santos. Historia social/sociología histórica, Madrid, S. XXI, 1989.

MARINAS, José Miguel (ed): La historia oral. Métodos y expectativas, Madrid, Debate, 1993.

RUBIO, Coro: La historia a través del cine. Estados Unidos: una mirada a su imaginario colectivo. Bilbao, Universidad del País Vasco, 2010.

THOMPSON, Paul: La voz del pasado. Historia oral, Valencia, Eds. Alfons el Magnanim, 1988.

TILLY, Charles: Grandes estructuras, procesos amplios, comparaciones enormes, Madrid, Alianza, 1991.

ATLAS:

CHALIAND, G. y RAGEAU, J.P.: Atlas estratégico y geopolítico, Madrid, Alianza, 1987.

CHALIAND, G. y RAGEAU, J.P.: Atlas Político del Siglo XX, Madrid, Alianza, 1989.

DUBY, Georges: Atlas histórico mundial, Madrid, Debate, 1989.

POPE, R. (ed): Atlas of British Social and Economic History, since 1700, Londres, Routledge, 1990.

ROIG OBIOL, J.: Atlas histórico, Barcelona, 1995.

VARIOS AUTORES: Atlas Histórico de Galicia. Vigo, Nigra Trea, 1998.

FILMOGRAFIA

Tema 2:

Vídeo-documental The Mechanization of Textile Spinning

Stijn Coninx (di.): Daens, 1992

https://vimeo.com/60928913

Charles Chaplin (dir.): Tiempos Modernos, 1936

https://www.youtube.com/watch?v=HAPilyrEzC4

Stanley Kubrick (dir.): Senderos de gloria, 1957

Ken Loach (dir.): El espíritu del 45, 2013

https://www.youtube.com/watch?v=lQFuIE0ugsA

Michael Moore (dir.): Capitalismo: una historia de amor , 2009

https://www.youtube.com/watch?v=reTexHFmc9c

Tema 3:

Vídeo-documental The End of Suburbia. El agotamiento del petróleo y el colapso del sueño americano (2004)

https://www.youtube.com/watch?reload=9&v=yH8ElFAOFug

Vídeo documental: L.A. El otro gran protagonista.

Vídeo documental: Skid Row (Los Angeles)

https://www.youtube.com/watch?v=vTJWdtX90C0

Tema 4:

Vídeo-documental: La cara del asesino: La Antropología Criminal de Lombroso

https://www.youtube.com/watch?v=eNIxpQVY9mk

Tema 5:

Vídeo-documental El comercio transatlántico de esclavos (2016)

https://www.youtube.com/watch?v=BQBXyhZ9iuk

Vídeo-documental El Imperio Británico. O1: La Formación de un Imperio

https://www.youtube.com/watch?v=ukHZBqvkohM

Vídeo-documental El Imperio Británico. 02: El Imperio de Africa

https://www.youtube.com/watch?v=DhdY67fZ9Ys

Vídeo-documental Gandhi y la Marcha de la Sal

https://www.youtube.com/watch?v=_wIvyOIvbk0

Vídeo-documental La doctrina del shock: una contra historia del neoliberalismo (2009)

https://www.youtube.com/watch?v=Nt44ivcC9rg


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías