Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Crecemento e desenvolvemento económico Código 615G01404
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Bruna Quintas, Fernando
Correo electrónico
f.bruna@udc.es
Profesorado
Bruna Quintas, Fernando
Correo electrónico
f.bruna@udc.es
Web
Descrición xeral Todo fenómeno social ten como transfundo o desenvolvemento económico existente no contexto social relevante. E como aspecto clave dese desenvolvemento económico está o nivel de renda das persoas. Por tanto, o cambio social, a dinámica de valores e roles sociais, as características das organizacións e institucións, ou as demandas e problemáticas sociais están mediadas polo crecemento económico. É mais, os conceptos propios da teoría do crecemento económico son útiles para entender moitos fenómenos sociais e económicos: tipos de bens tanxibles e intanxibles, rendementos decrecentes dos factores, rendementos crecentes de escala, incentivos privados á innovación, razóns para a intervención pública...

Este curso consolida e amplía o estudo da Economía iniciado na materia de Economía Política do primeiro curso do Grado en Socioloxía. Porase o acento en manexar conceptos e estatísticas para avaliar a dinámica económica, especialmente o crecemento a longo prazo. O curso é un bo complemento para a cultura profesional dos sociólogos e para outras mate-rias optativas ou TFGs relacionados con globalización, sustentabilidade medioambiental, migracións, demografía, coñecemento, cambio social, movementos sociais, políticas públicas ou metodoloxía de análise.


Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os fundamentos da análise económica e as súas implicacións sociolóxicas. Introducirse no uso de metodoloxías e das diferentes técnicas de análise. A6
A14
Adquirir coñecementos de macroeconomía para explicar os diversos modelos de crecemento e desenvolvemento económico. A6
A32
Avaliar as capacidades de análise e síntese do alumno en relación á materia impartida a partir da resolución das cuestións formuladas e a elaboración de traballos. A14
A23
B11
B13
C4

Contidos
Temas Subtemas
1) Introdución Preguntas, prazos, supostos, modelos e incentivos ao axente económico individual
2) Medición Produto Interior Bruto, crecemento económico real e outros indicadores
3) Distribución da renda nacional e explicacións clásicas dos crecemento Retribución dos factores capital e traballo, demografía, capital físico, capital humano e tecnoloxía
4) O axente económico individual nun contexto Complementariedades, derrames, efectos contextuais e institucións
5) Economía da ideas Innovación, competencia monopolística e intervención pública

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A14 A32 26 26 52
Lecturas A6 C4 0 10 10
Discusión dirixida A6 B11 B13 4 0 4
Traballos tutelados A14 A23 10 10 20
Proba obxectiva A6 A14 A23 2.5 17 19.5
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As actividades de docencia presencial do curso abranguerán clases maxistrais, además das clases prácticas. Nas clases maxistrais explicaranse os temas centrais do curso de forma detida, proporcionando toda a información para que o/a alumno/a poda desenvolver o correcto seguimento do curso. A asistencia, de acordo coa guia da titulación, considerase obrigatoria e de fundamental importancia para o correcto seguimento do curso e das actividades propostas polo/a profesor/a.
Lecturas Recomendaranse textos de lectura obrigatoria que se utilizarán tanto nos debates organizados, para a elaboración dos diferentes traballos ou como complemento ás clases maxistrais.
Discusión dirixida Como complemento ás clases impartiranse diferentes actividades que inclúen videos e debates. Igualmente poderán programarse conferencias e charlas con especialistas na materia.
Traballos tutelados Os/as alumnos/as poderán realizar diferentes traballos sobre temas especificos recomendados polo profesor. Nestes traballos se valorarán a capacidad de recopilar, sintetizar e a aportación que cada alumno/a poida facer en canto ao estilo, enfoque e procedemento segundo a orientación do profesor.
Proba obxectiva Para aqueles/as alumnos/as que no superen a materia a través dos traballos e actividades programadas, realizaranse os exames finais nas convocatorias oficiais que programe a Facultade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Ver a sección de Avaliación. As titorías poderán ser online ou presenciais. Prégase solicitar titorías con antelación por e-mail.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A14 A23 AVALIACIÓN CONTINUA: varias probas cortas. Poderase aprobar a materia si se aproba a media das cualificacións destas probas. En caso contrario, terá que acudir ao exame final e a ponderación destas probas será do 30%.

EXAME FINAL de 1ª ou 2ª convocatoria (70%).
Tanto para aprobar antes do exame final, como acudindo aos exames finais, os traballos voluntarios farán media só si a nota de exames é superior a 4 puntos.

90
Traballos tutelados A14 A23 TRABALLOS VOLUNTARIOS
1) Exercicios prácticos para entregar en clase.
2) Pequena tarefa voluntaria. Presentar en clase unha páxina con un gráfico ou táboa e breve explicación, tras descargar os datos e manipulalos nunha folla de cálculo.
3) Posible traballo máis extenso que substituiría o 50% da cualificación do exame final.

As puntuacións destes trabalos só permitirán aprobar a materia a partir dunha media mínima de 4 puntos nos exames. Considerando traballos voluntarios, a nota máxima da materia poderá ser superior a 10 puntos.
10
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación do alumnado con dedicación a tempo parcial ou
dispensa de asistencia poderanse adaptar de xeito que o exame final pondere un
100% ou poda facer tamén os traballos voluntarios que non estean relacionados
con presencialidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Acemoglu, Daron; David Laibson & John A. List (2017). Economía: un primer curso inspirado en el mundo real . Barcelona: Antoni Bosch
Todaro, Michael P. (2020). Economic development . Harlow (England): Pearson education
Galor, Oded (2022). El viaje de la humanidad. El big bang de las civilizaciones: el misterio del crecimiento y la desigualdad . Barcelona: Destino
Easterly, William (2003). En busca del crecimiento: andanzas y tribulaciones de los economistas del desarrollo [Recurso electrónico o texto impreso]. Barcelona : Antoni Bosch
Krugman, Paul; Robin Wells, & Kathryn Graddy. (2022). Fundamentos de economía. Barcelona: Reverté
Jones, Charles I. (2020). Macroeconomics. New York; London: W. W. Norton
Acemoglu, Daron (2012). Por qué fracasan los países: los orígenes del poder, la prosperidad y la pobreza. Barcelona: Deusto

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías