Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Técnicas de Investigación Xornalística Código 616531008
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Humanidades
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Sanchez Sanchez, Jose Francisco
Correo electrónico
francisco.sanchez@udc.es
Profesorado
Sanchez Sanchez, Jose Francisco
Correo electrónico
francisco.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral Achega ao alumno os coñecementos necesarios para que sexa capaz de desenvolver habilidades que lle permitan poñer en práctica técnicas xornalismo de datos.
Permitirá afianzar o criterio xornalístico á hora de identificar os temas e investigalos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Prácticas de laboratorio (poden facerse online, con atención personalizada, computa na avaliación)
– Seminarios con profesionais

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Google Docs: para compartir materiais dos profesores e profesionais que imparten docencia.
– Teams: utilizarase esta plataforma para as clases maxistrais, os seminarios con profesionais, segundo o horario, e para o seguimento e apoio na realización das “prácticas de laboratorio”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. A través de Teams os alumnos tamén poden transladar consultas.

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
– As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo
presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Desenvolvemento de habilidades que permitan ao alumno poñer en práctica técnicas xornalismo de datos. AP18
BP9
Permitirá afianzar o criterio xornalístico á hora de identificar os temas e investigalos. AP15
BP7

Contidos
Temas Subtemas
-Reporterismo avanzado
1. O guión documental:
1.1. Diferenzas co guion de ficción.
1.2. Primeiras decisións:
1.2.1. A elección do tema: que conto
1.2.2 Como o conto: recursos narrativos
1.3. Os pasos do guion (orde versus caos)
1.3.1. Investigación
1.3.2. Establecemento do foco
1.3.3. Elección dos personaxes
1.3.4. O preguion
1.3.5. A escaleta
1.3.6. O guion na rodaxe ou o guion vivo:
1.3.6.1. O golpe da realidade
1.3.6.2. A importancia das entrevistas
1.3.7. O guion de montaxe ou guion definitivo:
1.3.7.1. Os brutos: ese gran mounstruo
1.3.7.2. Reestablecimiento da estrutura
1.3.7.3. A regra das tres “ Cs”: comprensión, compresión e cohesión.
1.3.7.4 O tratamento das entrevistas
1.3.7.5. O ritmo
1.3.7.6. A condución cara aos momentos clave:
1.3.7.6.1. O camiño cara ao clímax
1.3.7.6.2. O perigo da emoción
1.3.7.6.3. O poder da música
1.3.7.7. O final debe funcionar
1.3.7.8. O inconformismo
1.3.7.9. O documental fala
1.3.7.10. A relación coa canle
2. Últimos consellos:
2.1. O valor dun bo equipo
2.2. Inmunidade ao ruído
2.3. A valentía na toma de decisións
2.4. Capacidade de resistencia
2.5. Amor ao traballo
-Identificación de temas 1. O cronista sobre o terreo.
1.1 Observación, acompañamento aos protagonistas da historia, recollida de testemuños, uso dos sentidos...
1.2 Selección de escenas e detalles, caracterización dos personaxes.
1.3 Apoloxía do xornalismo lento.
1.4 Do pequeno ao universal.
2. A escritura.
3. Fuentes.
4. Escenario empresarial
4.1 Panorama para publicar as crónicas.
4.2 Xornalismo autónomo.
4.3 O auxe dos libros de crónica xornalística.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A15 A18 B7 6 48 54
Seminario B9 15 6 21
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Redacción dunha reportaxe por parte do alumno con temática libre.
Seminario Clases presenciais con profesionais de recoñecido prestixio nas que trasladan aos alumnos os contidos nucleares da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada alumno. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A15 A18 B7 En relación coas prácticas de laboratorio valorarase:
- Corrección dos textos segundo o Libro de Estilo.
- O manexo das ferramentas informáticas explicadas en clase.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Ander Izaguirre (). Cuidadores del Mundo. Altaïr
Ander Izaguirre (). Potosí. Altair

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías