Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Técnicas de Investigación Xornalística Código 616531008
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Sanchez Sanchez, Jose Francisco
Correo electrónico
francisco.sanchez@udc.es
Profesorado
Sanchez Sanchez, Jose Francisco
Correo electrónico
francisco.sanchez@udc.es
Web http://www.mpxa.net
Descrición xeral Achega ao alumno os coñecementos necesarios para que sexa capaz de desenvolver habilidades que lle permitan poñer en práctica técnicas de xornalismo de datos.
Permitirá afianzar o criterio xornalístico á hora de identificar os temas e investigalos.


Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Desenvolvemento de habilidades que permitan ao alumno poñer en práctica técnicas de xornalismo de datos. AP18
BP9
Permitirá afianzar o criterio xornalístico á hora de identificar os temas e investigalos. AP15
BP7

Contidos
Temas Subtemas
-Reporteirismo avanzado
1. O guión documental:

1.1. Diferenzas co guión de ficción
1.2. Primeiras decisións:

- A elección do tema: qué historia
- Cómo o conto: recursos narrativos

1.3. Os pasos do guión (orde versus caos)

- Investigación
- Configuración do foco
- Elección de personaxes
- O prescrito
- A escaleira
- O guión do plató ou o guión vivo:

Comprobación da realidade
A importancia das entrevistas

- O guión de montaxe ou guión final:

The Brutes: Ese gran monstro
Reestablecemento da estrutura
A regra das tres “C”: comprensión, compresión e cohesión
O tratamento das entrevistas
Ritmo
Condución cara aos momentos clave:

- O camiño cara ao clímax
- O perigo da emoción
- O poder da música
- O final debería funcionar
- Inconformidade
- O documental fala
- A relación coa canle

2. Últimos consellos:

2.1. O valor dun bo equipo
2.2. Inmunidade ao ruído
2.3. Coraxe na toma de decisións
2.4. Capacidade de resistencia
2.5. Amor polo traballo
-Identificación de temas 1. O cronista sobre o terreo.

1.1 Observación, acompañamento aos protagonistas da historia, recollida de testemuños, uso dos sentidos...
1.2 Selección de escenas e detalles, caracterización dos personaxes.
1.3 Apoloxía do xornalismo lento.
1.4 Do pequeno ao universal.

2. A escritura.

3. Fontes.

4. Escenario empresarial

4.1 Panorama para publicar as crónicas.
4.2 Xornalismo autónomo.
4.3 O auxe dos libros de crónica xornalística.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A15 A18 B7 32 21 53
Sesión maxistral B9 21 0 21
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Sesións dirixidas por profesionais relevantes do sector nas que se realizan traballos prácticos para que o alumnado adquira as competencias e coñecementos desta materia.
Sesión maxistral Clases presenciais con profesionais de recoñecido prestixio nas que trasladan aos alumnos os contidos nucleares da materia. Estas sesións compleméntanse con titorías.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Seminario
Descrición
A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías e denominada "Titorías" na memoria de verificación do título, concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada alumno. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral B9 A Sesión Maxistral inclúe a “INTERVENCIÓN DO ALUMNO NA AULA” como método de avaliación que queda reflectido na memoria de verificación do título. 20
Seminario A15 A18 B7 No Seminario recóllese o método de avaliación dos "TRABALLOS PRÁCTICOS" reflectido na memoria de verificación do título, consistente en:

- Corrección dos textos segundo o Libro de Estilo.
- Manexo das ferramentas informáticas explicadas en clase para a busca de información.
- Análise de reportaxes de investigación audiovisuais.
80
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Libro de Estilo de "La Voz de Galicia" (). .
Ander Izaguirre (2017). Cuidadores del Mundo. Altaïr
Ander Izaguirre (2017). Potosí. Altair

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías