Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Lexislación Audiovisual Código 616531013
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Profesorado
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Web http://www.mpxa.net
Descrición xeral A materia ten como obxectivo dotar ao alumno do coñecemento do marco constitucional e legal que establece os dereitos da comunicación audiovisual, e proporcionar coñecemento sobre a propiedade intelectual e industrial das obras audiovisuais, así como sobre as claves xurídicas da contratación no sector audiovisual.

Na memoria de máster verificada polo Ministerio aplicouse unha media de 14 horas presenciais por crédito ECTS. Non obstante, o máster tivo que adaptarse á normativa da UDC que establece que as horas presenciais e non presenciais distribuiranse do seguinte xeito: 1 crédito ECTS implica 7 horas de clase presencial e 18 horas de traballo autónomo do estudante, e que a presencialidade non poderá superar o 40% do total da dedicación do estudante.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecemento do marco constitucional e legal que establece os dereitos da comunicación audiovisual. AP10
BP9
- Profundar na propiedade intelectual e industrial das obras audiovisuais. AP10
- Introdución ás claves xurídicas da contratación no sector audiovisual. AP10

Contidos
Temas Subtemas
- Dereito audiovisual
1. Propiedade intelectual da obra audiovisual
1.1 Dereitos de autor
1.2. Contido do dereito de propiedade intelectual:
1.2.1. Dereitos morais
1.2.2. Dereitos de explotación.
1.3 Compensación equitativa por copia privada
1.4. Duración dos dereitos de autor
1.5. Límites aos dereitos de autor
1.6. Condicións para a utilización das obras en dominio público
1.7. Transmisión dos dereitos
1.8. Obras cinematográficas e demais obras audiovisuais
1.9. Outros dereitos de propiedade intelectual: dereitos anexos ou afíns aos dereitos de autor.
1.10. Protección dos dereitos de autor
2. Propiedade industrial da obra audiovisual
2.1. Propiedade intelectual vs. propiedade industrial.
2.2. Marca. Nome de dominio. Merchandising. Emprazamento de produto.
3. Dereito á honra, intimidade persoal e familiar e á propia imaxe
3.1. Titulares do dereito. Duración.
3.2. Consentimento. Outros supostos permitidos.
3.3. Especial referencia aos menores, incapaces, persoas falecidas e ás persoas
xurídicas.
3.4. Accións e procedementos.
4. Lei do cinema. Lei xeral de comunicación audiovisual e transposición da directiva de servizos de comunicación audiovisual:
4.1 Lei do Cinema
4.2 Lei Xeral de Comunicación Audiovisual
4.3. Transposición da Directiva (UE) 2018/1808 do Parlamento e do Consello do 14 de novembro
de 2018 (Directiva de servizos de comunicación audiovisual).
5. Dereito societario e mercantil da industria audiovisual:
5.1. Empresario individual vs. constitución de sociedade. Tipos de sociedades.
5.2. Propiedade intelectual e industrial como parte do capital social.
-Dereito na contorna dixital 1. Propiedade intelectual:
- Aproximación á propiedade intelectual.
- Links e comunicación pública.
- Rexistro da propiedade intelectual
- Licenzas libres
2. Dereitos Fundamentais:
- O Regulamento Xeral de Protección de Datos.
- Dereitos fundamentais e imaxes
- A cámara oculta en xornalismo.
- A lei de seguridade cidadá e o xornalismo.
-Contratos I 1. Nocións prácticas da Propiedade Intelectual:
- Que é e que protexe a Propiedade Intelectual
- Duración e Limites
- Dereitos de autor e dereitos conexos
- As editoriais
- As Entidades de Xestión
-Contratos II 1. Os "dereitos" dos programas de TV:
- Obras e gravacións audiovisuais.
- As obras preexistentes: Os “Dereitos de Sincronización” e o “Dereito de formato”.
- Dereitos de Propiedade Industrial: As marcas.
- Os chamados “Dereitos de Imaxe”.
- Dereitos á Honra e á Intimidade Persoal e familiar.
- O dereito á información.
2 Análise de contratos tipo:
- Encargo de produción: clásico ou novas plataformas.
- “Venda” de de Formatos: opción e licenza.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A10 B9 32 21 53
Sesión maxistral A10 B9 21 0 21
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Masterclass impartida por profesionais relevantes do sector.
Sesión maxistral Clases presenciais con profesionais de recoñecido prestixio nas que trasladan aos alumnos os contidos nucleares da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada alumno. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A10 B9 Intervención do alumno na aula. 80
Seminario A10 B9 No seminario realizarase un traballo práctico cos alumnos que consta de dúas partes:
- a localización de imáxenes e músicas libres de dereitos
- a comparativa de dous contratos de produción: un contrato clásico e un contrato tipo dunha plataforma de streaming
20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Miguel Angel Garcia Vega (2014). HOLLIWOOD PINTA CUADROS FALSOS. https://elpais.com/cultura/2014/05/02/actualidad/1399048597_422717.html
Ley Orgánica 1/1982, de 5 de mayo (1982). http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/lo1-1982.html.
Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril (1996). http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/rdleg1-1996.html.
DEL GUIÓN A LA PANTALLA. Organización Mundial de la Propiedad Intelectual(OMPI) (). http://www.wipo.int/pressroom/es/stories/ip_and_film.html.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías