Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Financiación de Contidos e Proxectos Audiovisuais Código 616531017
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Profesorado
Arrojo Baliña, María José
Formoso Barro, Maria Josefa
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
m.formoso@udc.es
Web
Descrición xeral O alumno coñecerá os recursos económicos e financeiros empregados nas producións audiovisuais, estudará ferramentas de financiamento de obras audiovisuais e aprenderá a correcta forma de xestionar recursos técnicos, humanos e orzamentarios nas producións audiovisuais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Prácticas de laboratorio (poden facerse online, con atención personalizada, computa na avaliación)
– Seminarios con profesionais

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Google Docs: para compartir materiais dos profesores e profesionais que imparten docencia.
– Teams: utilizarase esta plataforma para as clases maxistrais, os seminarios con profesionais, segundo o horario, e para o seguimento e apoio na realización das “prácticas de laboratorio”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. A través de Teams os alumnos tamén poden transladar consultas.

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
– As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo
presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecer os recursos económicos e financeiros empregados nas producións audiovisuais. AP1
AP8
AP11
BP2
BP8
- Estudar as ferramentas de financiamento de obras audiovisuais. AP1
AP8
BP8
- Aprender a correcta forma de xestionar recursos técnicos, humanos e orzamentarios nas producións audiovisuais. AP1
BP2

Contidos
Temas Subtemas
-Financiamento e coprodución internacional.
1. Coprodución internacional
1.2. O orzamento de desenvolvemento, o orzamento de produción, o plan de financiamento, o worksplit
1.3. A coprodución: vía oficial – non oficial. Acordos bilaterais de coprodución
1.4. Os elementos necesarios para atraer a un coproductor internacional: dossier / packaging
1.5. Aspectos contractuais da negociación
1.6. Elaboración dun Plan de financiamento e de explotación
2. Novas maneiras de financiar
2.1. A nova cadea de valor: novos paradigmas
2.2. Os diferentes dereitos implicados e xanelas de explotación
2.3. Os diferentes recursos financeiros
2.4. Os novos ecosistemas televisivos e de plataformas
-Orzamentos e financiamento. 1. O produtor executivo, un cargo mal entendido en España
2. O traballo de Produtor executivo nunha serie de ficción
3. O modelo Portocabo. Deseñando contidos desde a produción
4. Da idea ao produto final
5. As preguntas crave que un produtor executivo débese facer ante unha idea / proxecto
6. Como crear, deseñar e vender un contido
7. Financiamento. As diferentes opcións en España
8. O deseño de produción
9. Orzamento: Pasos previos para poder orzar ben
-Financiamento de proxectos SGR. 1. Situación do panorama audiovisual:
- Cambio na análise de riscos a nivel mundial. O punto de vista das Entidades Financeiras. CREA SGR
- Dificultades financeiras do sector
- Cambios no modelo de financiamento.
2 Tipos de Produción:
- Produción de longametraxes.
- Tv Movies.
- Series e programas de televisión.
- Documentais.
3. Axente que interveñen na produción.
4. Xanelas de explotación.
5. Como se financia unha película:
- Axudas e Subvencións:
• Nacionais, Europeas e Iberoamérica
• ICAA ( NOVO MODELO orde 2796/2015 e borrador)
- Dereitos de Antena.
- Produtores asociados.
- MG de Distribuidoras e axentes de vendas.
- Patrocinio, Product Placement, Merchandising.
- Incentivos Fiscais.
-Financiamento de videoxogos. 1. Produción de videoxogos
1.1. Mapa da industria do videoxogo en España e no mundo
1.2. Esquema dunha produtora de videoxogos
1.3. Formatos de produto
1.4 Financiamento e desenvolvemento

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A11 10 80 90
Seminario A1 A8 B2 B8 21.5 1 22.5
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados - Desenvolvemento dun plan de financiamento dun produto audiovisual internacional.
- Realización do orzamento do seu proxecto fin de Máster.
Seminario Clases presenciais con profesionais de recoñecido prestixio nas que trasladan aos alumnos os contidos nucleares da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada alumno. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A11 En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Eduardo Prádanos Grijalvo (). Cómo escribir una Biblia Transmedia.
Peter Gruber (). Storytelling para el éxito. Ed Empresa Activa
Don Hewitt (). Tell me a story. Public Affairs Books
Brandon Tartikoff (). The last great ride. Turtle Bay Books
Paul Boross, The Pitch Doctor (). The Pitching Bible. CGW Publishing

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías