Datos Identificativos | 2020/21 | ||||||||
Asignatura (*) | Formatos de televisión e novos medios | Código | 616G01019 | ||||||
Titulación | |||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | |||||
Idioma |
|
||||||||
Modalidade docente | Híbrida | ||||||||
Prerrequisitos | |||||||||
Departamento | Socioloxía e Ciencias da Comunicación |
||||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||||
Web | |||||||||
Descrición xeral |
No actual panorama audiovisual os contidos sitúanse no máis alto da cadea de valor. O obxectivo desta asignatura é que os alumnos: - se familiaricen coa análise das grellas de programación e cos novos deseños de programación de contidos audiovisuais nun entorno multiplataforma - identifiquen e analicen a casuística de cada un dos xéneros audiovisuais - coñezan o proceso de ideación e creación de formatos - descubran os mecanismos de comercialización e adaptación dos formatos audiovisuais - analicen o proceso de converxencia do sistema audiovisual, e - coñezan e investiguen os novos contidos que se están producindo para os soportes emerxentes. |
||||||||
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Sesión maxistral – Discusión dirixida (computa na avaliación) – Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación) – Presentación oral dos traballos (computa na avaliación) – Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican Proba mixta (non se realizará, xa que a avaliacións destes coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 1 sesión semanal en grupos pequenos (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. A través destes grupos pequenos creados en Teams os alumnos tamén poden transladar consultas, e se pode compartir material. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase: – A adecuación metodolóxica das propostas de traballo – A profundidade do contido – O dominio das aplicacións utilizadas e a adecuación ós obxectivos marcados – A utilización de fontes documentais complementarias e actuais – A presentación e a claridade da exposición *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: – As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados). 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |