Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Linguaxe e Narrativa Gráficas e Audiovisuais Código 616G02002
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Fernández Holgado, José Ángel
Correo electrónico
j.holgado@udc.es
Profesorado
Fernández Holgado, José Ángel
Correo electrónico
j.holgado@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia estúdanse os elementos estruturais e os códigos formais e expresivos aplicables á narración gráfica e audiovisual.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Mantéñense todas as metodoloxías docentes pero adáptanse todas á docencia non presencial.

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Moodle: é a canle oficial de información aos estudantes con todas as cuestións que afectan á materia.
Correo electrónico: dispoñible en horario laboral ampliado.
Microsoft Teams: titorías persoais ou grupais. Sempre que os estudantes o solicíten ou o docente o considere necesario.

4. Modificacións na avaliación:
Se o docente considera necesaria algunha modificación, será comunicada aos estudantes ao comezo do curso.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Se é necesario, as fontes de información poñeranse ao dispor dos estudantes en formato dixital.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer, identificar e utilizar correctamente os elementos estruturais e os códigos formais e expresivos aplicables á narración gráfica e audiovisual. A2
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B10
B11
B12
C1
C3
C4
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Composición gráfica Elementos conceptuais (punto, liña, plano, volume)
Elementos visuais (forma, medida, cor, ton, textura)
Elementos de relación (posición, relación, espazo, gravidade, movemento)
Linguaxe e narrativa audiovisual Elementos espaciais (plano, escena, secuencia, angulación, movementos de cámara, iluminación)
Elementos temporais (tempo, montaxe, raccord)
Introdución ao storyboard en animación e videoxogo.
Linguaxe e narrativa gráfica O cómic e outras manifestacións.
Elementos característicos (viñeta, encadre, códigos gestuales, linguaxe do corpo, recursos cinéticos, metáforas visuais, elementos fonéticos, cor)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A2 A4 B1 B3 B4 B10 B11 C1 C4 C6 C8 C9 2 4 6
Sesión maxistral A2 A4 B1 B3 B4 B10 C1 C4 C6 C8 C9 21 21 42
Obradoiro A5 B2 B5 B6 B7 B8 B12 C3 C6 C7 25 75 100
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Sesión maxistral Sesións expositivas online nas que se explicarán os aspectos principais dos bloques temáticos que comprende a materia.
Os materiais necesarios para estudar a materia poñeranse ao dispor dos estudantes e complementaranse con sesións online síncronas ou asíncronas. Estas sesións poderán ter formato de debate ou foro virtual.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
Clases Maxistrais: Os estudantes recibirán unha atención personalizada e continua durante proceso de aprendizaxe académica mediante un contacto directo co profesor nas clases maxistrais.

Presentacións: O docente supervisará as presentacións que os estudantes realicen durante o semestre, orientando aos alumnos na súa planificación e desenvolvemento.

Resolución de dúbidas no desenvolvemento dos traballos personais e/ou grupais. Os estudantes recibirán durante o proceso de elaboración dos seus traballos unha atención personalizada en función das necesidades que se vaian atopando na procura e análise da información e estrutura dos traballos.

Prácticas: O docente orientará aos alumnos para realizar diferentes exercicios prácticos propostos, analizando casos de estudo que sirvan para detectar e coñecer algunhas das técnicas expostas na materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A4 B1 B3 B4 B10 B11 C1 C4 C6 C8 C9 Correspondenza do exposto por o estudante cos contidos expostos na aula ou no material de estudo. 50
Obradoiro A5 B2 B5 B6 B7 B8 B12 C3 C6 C7 Correspondencia co planteamento do exercicio e coas competencias correspondentes. 50
 
Observacións avaliación

-A teoría supón o 50% da nota e a práctica un 50%.
-Para superar a asignatura deben estar aprobadas as dúas partes: teoría e práctica. Para superar a práctica, os alumnos deberán superar todas e cada unha das prácticas.

SEGUNDA CONVOCATORIA/EXTRAORDINARIA

Para superar a materia, só poderán realizar un único exame na convocatoria de xullo, na data estipulada oficialmente, para o que deberán ter presentadas as prácticas do curso (50% da nota) e superar un exame teórico (50% da nota) cos mesmos criterios que se marcan na avaliación. 

A forma de avaliación na convocatoria extraordinaria realizarase do mesmo xeito que a convocatoria de xuño-xullo.

Actuación contra o plaxio. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica Castillo, J. M. (2016). Televisión, realización y lenguaje audiovisual. . Madrid: Instituto Oficial de Radio y Televisión
Eisner, W. (2007). El comic y el arte secuencial : teoría y práctica de la forma de arte más popular del mundo. Barcelona: Norma
Wigan, M. (2008). Imágenes en secuencia: animación, storyboards, videojuegos, títulos de crédito, cinematografía, mash-ups y otras series ilustradas. Barcelona: Gustavo Gili
Eisner, W. (2003). La narración gráfica. Barcelona: Norma
Dondis, D.A. (2017). La sintaxis de la imagen: introducción al alfabeto visual. Barcelona: Gustavo Gili
Hart, J. (2001). La técnica del storyboard : guión gráfico para cine, televisión y animación. Madrid: Instituto Oficial de Radio y Televisión
Canet, F. y Prosper, J. (2009). Narrativa audiovisual, estrategias y recursos.. Madrid: Síntesis

Bibliografía complementaria Byrne, M. (1999). Animation: the art of layout and storyboarding. Ireland : Mark T. Byrne Publication
Gómez Tarín, F.J. (2011). Elementos de narrativa audiovisual: expresión y narración. Santander: Shangrila
Tumminello, W. (2005). Exploring storyboarding. New York: Thomson-Delmar Learning
Begleiter, M. (2010). From word to image: storyboarding and the filmmaking process. Studio City: Michael Wiese Productions
Sánchez Navarro, J. (2006). Narrativa audiovisual. Barcelona: UOC
Cristiano, G. (2008). Storyboard design course: the ultimate guide for artists, directors, producers, and scriptwriters. London: Thames & Hudson


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Historia da Animación e os Videoxogos/616G02003
Produción da Animación e o Videoxogo/616G02001

Materias que continúan o temario
Guión/616G02004
Dirección e Realización/616G02005
Deseño de Produción para Animación e Videoxogos/616G02006
Deseño Narrativo e de Interfaces/616G02038
Desenvolvemento de Personaxes/616G02041
Debuxo de Contornas e Arte de Concepto/616G02013

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 

  • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 
  • A entrega realizarase  a  través  de  Moodle,  en  formato  dixital  sen  necesidade  de imprimilos.
  • De se realizar en papel: 
    • Non se empregarán plásticos. 
    • Realizaranse impresións a dobre cara. 
    • Empregarase papel reciclado. 
    • Evitarase a impresión de borradores. 

2. Débese  facer  un  uso  sostible  dos  recursos  e  a  prevención  de  impactos  negativos sobre o medio natural. 

3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

4. Segundo  se  recolle  nas  distintas  normativas  de  aplicación  para  a  docencia  universitaria  deberase  incorporar  a  perspectiva  de  xénero  nesta  materia  (usarase  linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 

5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 

7. Facilitarase  a  plena  integración  do  alumnado  que  por  razón  físicas,  sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías